 Realizamos unha campaña-concurso con entrega de premios na Biblioteca de Secundaria que resultou interesante, divertida e mesmo sorprendente polo número de textos recibidos aínda que no capítulo de imaxes e cómic foi menor a participación, pero tivo calidade dabondo. Os textos,que aparecen no blog da Biblioteca, aínda que mellorables en moitos casos tamén tiveron un nivel axeitado tanto en lírica como en prosa. O tema escollido, o do amor, provocou nos autores certas incomodidades ao non poder transcender da súa realidade circundante e realizar con plena independencia un texto de ficción, sempre deixaron algo de seu nos poemas , nas cartas e nos microrelatos presentados. |