NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VÍCHELO, MIRÁCHELO (3): Arroás e casapas.
Comentarios (0) - Categoría: Víchelo, miráchelo - Publicado o 06-06-2021 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Víchelo, miráchelo (2): Ghaghán?


Víchelo, miráchelo é un microprograma didáctico de elaboración propia do Equipo de Normalización e Dinaminación da Lingua Galega do Colexio SEI SAN NARCISO dedicado aos usos lingüísticos e a cultura de Marín e o Morrazo. Tocamos neste segundo capítulo o nome dun monte (Gagán/Ghaghán) cuxa pronuncia habitual con "gheada" ten o seu aquel.

Vexamos o que pon Elixio Rivas no seu traballo Toponimia de Marín sobre este monte.

Monte Gagán (O Pereiro)

Preindoeuropeo *gan- "cima, altura" vac. gane, gain.

Chámase Gagán á extensión de terreo ao leste do Monte Formigoso, perto do límite con Moaña. O solo é case chan, suavemente ondulado; en realidade un altiplano ao que se chega tras a ardua subida polo Monte da Moneca ou Monte Porreiro, cuxa cima constitúe. É polo tanto un "monte" para os que pretenden subir a el. Nun documento de 1307, que veremos, aparece Gagao. En 1879 (Cat. s.XIX) gagan, gagan por togar (sic). En 1885 (ib.) Costa de Gagan, monte baixo.

Dous problemas preséntansenos xa para comezar: a) a súa identificación; b) o seu verdadeiro nome. Oficialmente consta como Monte Jaján, o que provocou que os ultras estampen Xaxán, erro maior que o anterior. Os paisanos, criterio de verdade tratándose dos seus dominios, din Gha Ghaghán (que soa igual que Jaján), pero non por castelanizalo senón pola gheada,omnimoda aquí como en todo o Morrazo e Rías Baixas. Isto proba que o nome é en realidade Gagán, como aparece no pasado. Outro lugar hai en Lalín, habitado, que o Nomenclator transcribe tamén Jaján copíandoo da pronuncia vulgar. Na rectificación de topónimos, feita por alumnos de Filoloxía de Santiago (Maio de 1976) tróuxose de Lalín a versión Xaxán tamén; témome que non se soubo interpretar a gheada, créndoa un castelanismo como en Jocín, Junquera, etc... Nós temos aquí a base firme Gagán e sobre ela temos que traballar, se non queremos estudar unha entelequia.

En canto ao outro punto, non poucos confunden Monte Gagán con Faro de Domaio, pico este o máis alto do Morrazo, xa en Moaña. Os naturais chaman Gagá ou Ghaghán á valgada entre o Formigoso e Serra de Domego, dándolle tamén o nome de Campo de Domego por esta razón. Atravésao o sendeiro que sobe de Marín cara ao Chan de Arquiña e en parte del fixéronse unhas quince tomas de auga para surtir á E.N.M. de Marín. Tamén nel está a antiga casa forestal, hoxe refuxio de cazadores, e noutros tempos (seculo XIV) granxa, con cultivos arredor, do mosteiro de Melón. Visto dende o val de Marín, Gagán é un monte de 400 mts. de altura, aínda que chan no cumio e extenso. Está hoxe cuberto de arbolado, pinos e eucaliptos, pero de seu é herba natural, fértil e húmido.

A casa citada pode identificarse co casal de Gagao de 1307, dende moito antes do mosteiro de Melón, Our. Os termos deberon variar algo, pois entón estaba dentro da xurisdición de Domaio: Sabean todos quantos este prazo viren que eu Frey Fernando Frade de Melón, morador na grania de Canes (Cans, Porriño)... outorgo afforo... avos Justa perez e avos Fernan perez dito salo, jenrro desta Justa perez y a vossa moller Maria eanes... ameadade do casal de Gagao en que morou Iohan cortes e vos Justa perez tiinades ayur ea mao. Et jaz en filogresia de san Pero de Domayo. Per tal pleito que o lavredes e aproveytedes en gisa que non deffalesca per mingua de lavor. Et que dedes...a terça parte do pan e do linno e da legumya dos herdamentos que ora son rrotos. Et dos agros que daquí endeant rromperdes... Et... seiades assalos ffieesdo dito moesteyro (AHN; Clero, Melón, carp. 1458, núm.6)

O Gagao medieval supón unha latinización *Gaganu e agocha unha nasal parasita saída á superficie co tempo: Gaganu>Gagao>Gagán (Cf. Aldanu>Aldao>Aldán). Pero gaganu debe ser xa un antigo *Gan-Gan, reduplicación do preindoeuropeo *Gan "cima", da raíz *g-n-, como no prov. Ganas afín a *Ganda e a *Kan (cf. Con, Gándara, etc.) todos orónimos.(Cf. Rostaing. Top. Prov. 174; Garvens,103,105). Aínda existe no vasco gan "cima" e kana "rocha", con tops. afines, como Muñezkan, Laurrkan, etc. tautolóxicos.
Comentarios (0) - Categoría: Víchelo, miráchelo - Publicado o 29-03-2021 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
EN MARÍN NON VEMOS PELÍCULAS,... MIRÁMOLAS
Comentarios (0) - Categoría: Víchelo, miráchelo - Publicado o 13-03-2021 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0