Este ano 2018 celebramos unha nova edición do #FestivalRosalía pero tamén se conmemora o 160 aniversario da publicación do Lieders, considerado o primeiro manifesto feminista que se publica en Galicia. Publicouse por primeira vez en Álbum del Miño no ano 1858. Imaxe de autoría de Aurora Cascudo.
Do 24 de febreiro ao 8 de marzo.
Con motivo do aniversario do nacemento de Rosalía e na procura dunha continuidade con outras experiencias anteriores os rapaces e as rapazas de Bacharelato, tras unha intervención en base ao tema Matriarcas de Guadi Galego, no primeiro trimestre acordan achegarse agora á Rosalía protofeminista, procurando na súa obra atopar esa condición de muller. De aí que nese proceso de busca de citas van tentar chegar ás cincuenta. De paso realizando unha chiscadela crítica xogando co título dunha coñecida novela e película que anda na boca da xente, neste curso que ten por lema "o sentido crítico" demos pois luz a este proxecto das cincuenta sombras de Rosalía.
Facendo coincidir a entrada na Academia Galega da autora Fina Casalderrey principiamos con esta sección do Blog de Normalización. Dous documentos van acompañar esta entrada unha entrevista na VOZ TV con Fina:
E outro documento escrito (aquí en formato PDF) o seu discurso de entrada na Academia que é unha fermosísima visión dos nenos/nenas de autores e autoras da Literatura galega de todos os tempos.