Curiosa nova a favor da lingua, dos que falan unha lingua e non teñen inconvenientes en saber máis dunha lingua, por se hai persoas ( que as hai e que as temos oído) que nos din que para que van aprender galego se só co español xa van sobraos!!!!
Ademais cada día aparece unha nova de interese sobre o galego. Desta traemos un curso de galego titulado isto é galego moi curioso, moi xeitoso!!!!
Unha interesante entrada do ENDL do IES CASTRO ALOBRE de Vilagarcía que reproducimos:
As conclusión recollidas no terceiro informe de avaliación do cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM) son que, as medidas adoptadas polo goberno autonómico galego desde 2009, contradín os acordos asinados no ano 1992 en Estrasburgo na citada carta.
O Comité de Expertos que visitou Galicia constata, no informe enviado ao Consello de Ministros do Consello de Europa, o desequilibrio lingüístico no ámbito educativo, derivado da aplicación do Decreto de Plurilingüismo vixente. Instan á toma de medidas para resolver esta situación, así como a necesidade de ofertar a educación no idioma autóctono para aquelas familias que o demanden, sobre todo, na etapa de 3 a 6 anos.
Ademais, critican a eliminación das galescolas (agora Galiña Azul); a desaparición da maioría da prensa escrita en galego; a redución do uso da lingua propia nas mensaxes institucionais, a falta de datos sobre a formación lingüística do funcionariado e outras medidas que non favorecen a biodiversidade idiomática.
E para entendermos o importante que é coidar unha lingua, escoitade a Patricia Ryan, profesora de Inglés. Soamente son dez minutiños, e paga a pena.
Incorporamos aquí algunha entrada de interese sobre a cuestións de actualidade, debates e opinións que xiran arredor da lingua e coas que podemos compartir, en maior ou menor grao,argumentos ou razóns. Neste caso tiramos do blog "un país en lata" do xornalista F. P. Lorenzo unha entrada recente sobre o uso no Senado da lingua galega.