NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DA POESÍA AO TEATRO EN GALEGO
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO EN GALEGO - Publicado o 27-03-2021 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de Teatro no San Narciso
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO EN GALEGO - Publicado o 22-04-2019 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
A NOSA AULA DE TEATRO E MOSTRA DE TEATRO DE ENSINO SECUNDARIO
Unha páxina sobre a MOSTRA DE TEATRO DE ENSINO SECUNDARIO DO MORRAZO
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO EN GALEGO - Publicado o 08-10-2017 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
MAFALDA e o sentido crítico e o Mito de NARCISO e Eco.
No Festival do San Narciso deste curso tratamos de facer un repaso a todo o trimestre de traballo. Dúas producións teatrais ben distintas foron un dos froitos dos últimos días do curos no 2014:

Mafalda e o sentido crítico, unha obra creada a partir dos textos de Quino polos alumnos/as de 1º da ESO.

Narciso e Eco, unha versión do mito grecolatino realizada polos alumnso/as de 4º da ESO de Cultura Clásica.

Un éxito ambas e unha experiencia enriquecedora para todo o centro.
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO EN GALEGO - Publicado o 08-01-2015 06:48
# Ligazón permanente a este artigo
Con motivo das Letras galegas
O Consello da Cultura Galega con motivo das Letras Galegas deste ano editou e colgou na rede unha edición facsimilar da Ruada das papas e do unto, de Roberto Vidal Bolaño, se queres acceder a ela só tes que che achegares a súa páxina.
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO EN GALEGO - Publicado o 20-06-2013 07:38
# Ligazón permanente a este artigo
A Festa da Lingua da Ferega dos Premios Sarmiento
Este ano a Festa da Lingua da Ferega para a entrega dos Premios Sarmiento en Secundaria vaise celebrar en Pontevedra o próximo día 17 de abril no Pazo da Cultura onde ademais dun encontro cos autores seleccionados, e a cerimonia de entrega de premios, a clausura terá un formato teatral. Alí estaremos.
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO EN GALEGO - Publicado o 04-04-2013 08:16
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a XIV Mostra de Teatro deEnsino Secundario do Morrazo
Comezou xa a XIV edición da mostra de Teatro de Ensino secundario do Morrazo coa representación do centro anfitrión o IES JoHan Carballeira de Bueu. Á Mostra deste ano contará cunha representación da Aula de Teatro do noso centro.
Comentarios (1) - Categoría: TEATRO EN GALEGO - Publicado o 29-04-2010 06:05
# Ligazón permanente a este artigo
CONVOCADA A MOSTRA DE TEATRO DE ENSINO SECUNDARIO DO MORRAZO
Nesta edición de novo participará a AULA DE TEATRO SAN NARCISO que representará a obra de creación propia "Narciso na procura do eu".
Trátase dunha reflexión sobre o teatro, o ser humano, a súa evolución. Pero tamén é unha revisión do mito de Narciso, o coñecemento de nós mesmos, o amor e o desamor, como unha das razóns que nos definen e que se perpetúan na nosa especie ao longo de vida e dos séculos coma un eco.
Inspirados igualmente por varios temas de Espido: un traballo musical de Guadi Galego, letrista e voz, acompañada da guitarra Guillerme Fernández. traemos aquí unha mostra de tres dos temas de ESPIDO:

arroró


quixera (versión con Xabier Díaz)


eu a vin


A obra Narciso na procura do eu presentarase na Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo , este ano con capital en Bueu no IES Johán Carballeira o próximo día 29 de abril ás 10,30 da mañá.
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO EN GALEGO - Publicado o 26-03-2010 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0