NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ELIXIO RIVAS QUINTAS, exsecretario do San Narciso
Elixio Rivas Quintas, quen fora secretario do Colexio San Narciso en Marín, veu estes días facer unha visita (agora reside en Ourense) e cos seus 90 anos un dos lexicógrafos máis importantes da nosa lingua. Unha persoa tan próxima que ben merece tela presente á hora de realizar calquera traballo de normalización na nosa contorna. É unha das nosas fontes de documentación, mais tamén un exemplo de compromiso coa lingua pois a recuperación da onomástica a toponimia tradicionais son unha parte importante do proceso de normalización lingüística.



UN DOS SEUS MONUMENTAIS TRABALLOS: TOPONIMIA DE MARÍN

Da súa tese doutoral editada (un estrato dunhas 400 páxinas) no ano 1982 como anexo 18 do Anuario Galego de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela imos transcribir a continuación algunha das súas valiosas reflexións tiradas da Introdución á mesma:

" O campo da toponimia está, na súa meirande parte, por explorar. É unha parcela do saber fascinante e prometedora, aínda que difícil e aventurada; e isto non só pola súa propia natureza, senón tamén pola escaseza de traballos de vangarda.

O obxecto, os nomes de lugar, existe en calquera punto na que a pegada do home se asentase. Poucos lugares da Terra, sen embargo, presentarán tal plétora por km2 como Galicia. Se os chamados topónimos maiores sobre pasan os 35.000, os coñecidos por menores e que nada difiren intrinsecamente dos outros, deben de roldar o millón e medio. Descontada a lingua común, non temos acervo de tal consideración en ningún outro aspecto da cultura. E é tanto máis importante o examinalo sen demora, canto que, en transo de perderse, trátase da palabra do home, reflexo e suma da súa alma, e manifestación do seu paso por esta terra galega. É unha pegada estereotipada que se borra día a día; sen a toponimia prerromana, quedariámonos de súpeto, sen un monumento arqueolóxico tan importante como as mesmas mámoas e castros."

No ano 2013 xa recibiu un recoñecemento en Marín
Comentarios (0) - Categoría: BEN FALADO - Publicado o 15-11-2015 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
Moi semellante ao BEN FALADO
Os nosos irmaos os portugueses crearon un programa de TV sobre a lingua moi semellante ao BEN FALADO, mais coas súas propias e orixinais ideas. Botarlle unha ollada a este programa dedicado precisamente ao galego e ao portugués, semellanzas e diferenzas:

Comentarios (0) - Categoría: BEN FALADO - Publicado o 17-10-2010 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
O LIBRO DA MEMORIA
Gravado no noso centro unha das iniciativas impulsadas dende Primaria e o ENDL con gran ilusión: "O Libro da Memoria"

Comentarios (0) - Categoría: BEN FALADO - Publicado o 25-02-2010 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0