NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un agasallo de Nadal ou de Reis ou para un aniversario calquera
UN TRIVIAL EN GALEGO e Sobre GALICIA ( información tirada do Blog do ENDL do Colexio Divina pastora de Ourense.

Coñecer a historia, a cultura e a lingua galega a través dunha proposta lúdica é un dos obxetivos de 'Arume xogal'. O primeiro Trivial galego estase a convertir nun dos agasallos predilectos nos fogares alaricanos neste Nadal.
Un xogo de mesa de preguntas e respostas baseado na cultura, territorio e lingua galega que dende hai unhas semanas comercialízase de forma exclusiva dende a alaricana 'Aira das Letras' para toda Galicia.

'O proxecto chegou as nosas máns de casualidade e gustounos porque é unha boa oportunidade para divulgar a cultura galega entre os nosos nenos', subliña Carlos Airas, propietario do establecemento, quen engadía que 'parece mentira que na actualidade non existan xogos e ferramentas destas características para aqueles que viven e defenden a cultura galega'.

Dolmens, torques, arumes, trísceles, as follas de carballos e castiñeiros e a palabra Galicia sustitúen aos populares 'quesitos' de cores doutros xogos internacionais como o Trivial nun guiño á simboloxía galega máis recoñecible. 'Alén dun desafío cultural sobre a realidade galega, pretende ser un estímulo que xere a arela de afondar na esencia mesma da súa identidade', subliñan os seus diseñadores, Eureka Edicións, que iniciaron a súa creación atendendo ás recomendacións do Plan de Normalización Lingüística onde alertou sobre a escaseza de recursos formativos e de lecer en lingua galega, así como da pouca utilización do galego nos ámbitos máis relacionados coa mocidade .

Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 16-01-2011 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
Un novo anuncio publicitario de gadis para analizar
Desde o punto de vista da publicidade dirixida para Galicia e para os galegos, rachando co tópico de que o galego non vende temos unha moi boa demostración na serie de anuncios dos supermercados Gadis, que cda ano por estas datas nos sorprende cunha nova entrega da serie: Vivamos como galegos! facéndose eco precisamente de frases feitas e de elementos moi habituais na vida de cote. Vexamos pois esta nova entrega:
Comentarios (1) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 15-12-2010 04:59
# Ligazón permanente a este artigo
VI XORNADA DE NORMALIZACIÓN
O día 19 de novembro celebrouse a VI Xornada de Normalización e Dinamización Lingüística organizadas por Escolas católicas de Galicia. Foi unha xornada que contrinuíu a rachar tópicos coo veredes.

Na inauguración non estivo presente, por vez primeira, o titular da Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta, Anxo Lorenzo.


Na primeira das charlas de Henrique Monteagudo centro a súa conferencia en amosar como dende os anos 80 a caída de falantes de galego por sectores de poboación establecidos por idade, estancouse. Pero aínda temos a apreciación de que hai unha tremenda debacle ao mirar cara o pasado a causa de que estamos sufrindo dalgún xeito o peso da perspectiva de perda de falantes que foi xestada durante a etapa do Franquismo ( é dicir, onde realmente senota a perda de falantes constante e sen parada é entre as persoas educadas neste período). Debemos pois ir pensando que o século XXI presentará non unha situación na que os galego falantes sexan máis do 50% da poboación, como o viña sendo ata o de agora grazas á poboación máis vella fundamentalmente. Por iso é importante contruir un discurso na defensa da lingua que non estea baseado no xa tópico argumento de que é o idioma da maioría da poboación. Fixo logo unha pequena chamada de atención aos docentes no sentido en que o reto está en que a xente nova fale o galego , expresión oral, e que se pense en estratexias para alumnos/as que comezan a falar o galego , que son só castelán falantes e deben achegarse ao galego non como falantes bilingües.Deben pois pasar por ese proceso de coñecer o galego, pero sobre todo estar motivados ( cousa que non se valora moitas veces) e proporcionarlle ao alumnado ocasións de uso.

A seguinte das calas foi especialmente insistente na ruptura de tópicos. Xurxo Souto falou da súa experiencia nun medio, na Radio. Comezou dicindo que era necesrio rachar con tópicos moi nocivos e completamente falsos. O galego non vende e logo a campaña de "vivamos como galegos" ou a campaña electoral que é a máis efectiva das campañas de publicidade non vai en galego mesmo en políticos que non usan o noso idioma como Rajoi?. Outro dos tópicos foi o que demostrou que na TVG os programas ben feitos con materia e protagonistas galegos funciona: Galicia sitio distinto de Antón Reixa (ano 1987 no que Xurxo tivo a sorte de participar)ou programas ben feitos como o Luar, ben feitos para un sector da poboación de maior idade, claro está, pero que foi quen de poñer nun escenario aos noso vellos e vellas cos cantos tradicionais grazas a Mercedes Peón entre outras cousas, rachando coa inercia dunha televisión na que só tiñan cabida as "vellas glorias de la canción española".
Logo veu o seu programa na cadea ser da Coruña, onde volveu a esfarelarse outro dos topicazos " A Coruña non fala galego" cando é a cidade de Galicia onde hai maior porcentaxe de galegofalantes. Todo o extraradio da Coruña é galego falante. O seu programa comezou a ser o referente dos galegofalantes da cOruña e de estar pensado para a mocidade, pasou a ser escoitado por todo tipo de ointes: percebeiros, xubilados, descubrindo a xoegrafía urbana da Coruña os que procedían de Lugo os de Ourense ou os da Costa da Morte.
Veu logo a etapa como Director de programas da Radio Galega e un programa para música só en galego na que non daba feito. Hai música e esta música que se fai na Coruña ou en Vigo faise en galego e faina xente moza, logo o galego segue a ser unha ferramenta útil neste sector da poboación que precisa proxección e experiencias de intercambio entre cidades por exemplo concertos conxuntos Vigo-Coruña. Como conclusión sempre que se faga ben, bos produtos culturais. bos contidos, o idioma lonxe de ser un tope é un elemento que multiplica a potencialidade do éxito. O galego é un idioma de éxito en Galicia.

A sesión da tarde, despois dunha charla sobre o proceso de normalización en Euskadi con cantidade de datos , pero con outros tantos problemas técnicos á hora de expoñelos ( vídeos e demais) centrouse en experiencias de creación de Radio Escolar (unha en Ourense e outra na Coruña). Explicaron os pormenores os programas que se usan e como se pode colgar na rede un programa de Radio, ou como a través dunha Radio Comunitaria se poden realizar programas de radio feitos polos alumnos/as.

Para rematar unha pequena intervención musical por parte do grupo de Música Antiga Meendinho con cantigas de amigo da nosa lírica medieval.
Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 20-11-2010 07:33
# Ligazón permanente a este artigo
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ REXEITA O PREMIO DA CULTURA GALEGA
O escritor Agustín Fernández Paz vén de rexeitar o Premio da Cultura Galega que o xurado lle outorgou debida a súa traxectoria como escritor de recoñecido prestixio.

Por coherencia co xa anunciado polo propio escritor anteriormente, a súa proposta de rexeitar premios ou galardóns que viñeran dunha administración que considera é lesiva co galego.
Así o manifestou nun comunicado de prensa.
Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 19-11-2010 08:29
# Ligazón permanente a este artigo
POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO!
Xa podemos ir xogando ao trompo,o mes de Defuntos é o que toca, tallar as cabazas e calacús, colocalas nos camiños e encrucilladas, comer o bacallau e deixar a noite do día 1 ao 2 do mes a mesa co prato con pan dos mortos (castañas)para os defuntiños, papar nós tamén zonchos ou bullós, celebrar o magosto e o San Martiño (nós témolo ben doado estamos perto de Bueu de onde é o patrón) e finalmente sacar a nosa colección de peóns e trompos aos pés!
Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 12-11-2010 08:29
# Ligazón permanente a este artigo
A SAIA DE CAROLINA CANTADA EN MARÏN
Curiosa polémica a que se creou unha vez que soubemos da existencia da famosa canción da Carolina cantada en castelán.

O desagravio protagonizado por un nutrido grupo de persoas na alameda de Marín non estivo mal.
Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 07-11-2010 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Unha campaña de creatividade en galego


Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 16-06-2010 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
Adolfo Caamaño, profesor e escritor
Un congreso interesante



Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 31-05-2010 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
No Día do Libro podes ler sobre o galego
Hai un libro moi especial que está sendo un dos máis lidos e recomendados esta primavera. Trátase do libro titulado "55 mentiras sobre o galego" coordinado por X. H. Costas editado por Laiovento a iniciativa de Prolingua. Fíxose recentemente unha presentación simultánea deste traballo en máis de 55 localidades de Galicia e máis dunha veintena de capitais da Península, Europa e mesmo América. Outro libro moi interesante que tamén leva pouco tempo nas librarías é o que editou Galaxia baixo o título En Galego, por que non? de Manuel Núñez Singala de clara intenciójn didáctica e orientada para provocar unha reflexión nas aulas sobre a lingua e os prexuizos que aínda existen cara a mesma.
Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 22-04-2010 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Se vou a Bueu nun vou...
Aquí tedes o patrimonio mariñeiro do corazón do Morrazo a través das fotografías que conten este vídeo:

Comentarios (0) - Categoría: Vivir como galegos, vivir en galego - Publicado o 19-04-2010 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal