¡Canta,
paxariño, can-
ta?de ponliña en pon-
la,?que o sol se levan-
ta?polo monte ver-
de,?polo verde mon-
te,?alegrando as her-
bas,?alegrando as fon-
tes!...
¡Canta, paxariño alegre,
canta!
¡Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.
Noite escura
logo ven
e moito dura
co seu manto
de tristura.
Con meigallos
e temores,
agoreira
de dolores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal.
¡Sal...!
Que a auroriña
o ceu colora
cuns arbores
que namora,
cun sembrante
de ouro e prata
teñidiño
de escalrata.
Cuns vestidos
de diamante
que lle borda
o sol amante
antre as ondas
de cristal.
¡Sal...!
señora en todo mal,
que o sol
xa brila
nas cunchiñas do areal;
que a luz
do día
viste a terra de alegría;
que o sol
derrete con amor a escarcha fría.
II
Branca auro- ra
ven chegan- do
i ás porti- ñas
vai chaman- do
dos que dor- men
esperan- do
¡o teu folgor!...
Cor...
de alba hermosa
lles estende
nos vidriños cariñosa,
donde o sol tamén suspende,
cando aló no mar se tende
de fogax larada viva,
dempois leve, fuxitiva,
triste, vago resprandor.
Noite escura
logo ven,
e moito dura
co seu manto
de tristura,
con meigallos
e temores,
agoreira
de dolores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal,
¡sal!...
¡Sal!
Señora en todo mal,
que o sol
xa brila
nas cunchiñas do areal,
que a luz
do día
viste a terra de alegría,
que o sol
derrete con amor a escarcha fría.
¡Arriba
todas, rapaciñas do lugar!,
que o sol
i a aurora xa vos vén a dispertar.
¡Arriba!
¡Arriba, toleirona mocidad!,
que atru-
xaremos-cantaremos o ¡¡¡ala...lá!!!...
Na edición deste domingo de Praza Pública podemos atopar esta reportaxe sobre 12 couces ou erros que presentan distintos rótulos ou carteis, aparentemente corrcetos ortograficamente. Apurando esa capacidade que temos de ver doutro xeito as cousas, bótalle un ollo!
Nós lembramos algunhas das tradicións máis emblemáticas do noso Nadal do 24 de decembro ata o 6 de xaneiro:
-24 Nadal: Noiteboa
-Tizón de Nadal
-Bacallau e pan de noces
-Roldas de paxoliñas,vilancicos e a misa do galo.
-Nadais e aguinaldos -28 de decembro: Santos Inocentes e outras trasnadas. -31 de decembro: Noitevella.
-Lumeiras e o Apalpador.
-Aninovos e Manueles. -5 Noite de Reis
-Cantos e Danzas de Reis (Fin do mundo,
reixes do Cebreiro? precedentes do Entroido)
Pero de onde saíron a Arboriña de Nadal e Papá Noel ?
Son dous elementos que tradicionalmente, hai cincuenta anos comezaron a introducirse nas nosas casas por influencia doutras culturas.
Nós celebrabamos o Nadal con beléns e cántigas, e aínda que había tamén figuras como o Apalpador nas montañas de Lugo e Ourense, en xeral esperabamos os agasallos na noite de Reis.
Comecemos polo que celebramos no día 24 de Nadal, é dicir, o nacemento e utilicemos este vídeo e unha fermosa cantiga tradicional adaptada recentemente polo grupo Berroguetto:
Este é o texto do nadal tradicional:
Cara Belén camiña unha nena ocupada
fermosa canda ela San Xosé a acompaña.
Chegaron a Belén e pediron pousada,
responderon desde dentro con voz alborotada
-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?
-Somos Xosé e María que pedimos pousada
- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.
- Cartos non traerei máis que un real de prata
-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.
San Xosé se apenaba, María o consolaba.
Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,
que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?
Outra das particularidades do noso Nadal é a figura do Apalpador:
Un ciclo, o de Nadal, que remata o 6 de xaneiro coas danzas de Reis coma estas:
"Escribimos porque temos que morrer, porque a vida non basta"
Acabamos de saber do premio recibido polo libro Os ángulos das brasade Manuel Álvarez Torneiro, un vello poeta pero pouco coñecido e toda unha sorpresa. A verdade que a súa edición era por nós coñecida a través da Editorial Kalandraka que abría a súa colección de poesía con este libro precisamente. Que bo ollo!!
Este libro xa recibiu varios premios ( PREMIO NACIONAL DE POESÍA ANO 2013
PREMIO DE POESÍA DA AELG ANO 2013
PREMIO ÁNXEL CASAL ao libro de poesía (Asociación galega de editores) ANO 2012
PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA (Asociación española de críticos literarios)ANO 2012) e cremos que se está convertendo nunha nova referencia para o mundo poético da Galicia do XXI.
Onte foi o Día da Tradución, hai uns días o libro fundacional da nosa literatura contemporánea, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro vía á luz, pero traducido ao ruso. Presentouse realmente o Día Europeo das Linguas, o 26 de setembro, pero namentres en Galicia seguen a producirse novas protagonizadas por autoras como Beta Dávila que vén de presentar a novela "O derradeiro libro de Emma Olsen". Chamounos á atención a capacidade da autora para transmitir nas súas entrevistas a súa sensibilidade pola lingua e pola Terra cando di:
"...a identidade pasa por entender quen somos, quen fomos e porque somos en función do que fomos antes" ou comenta: "A lingua vennos dada, pero nunha situación de conflito como a que temos nós, tamén é unha elección. No meu caso, foron as dúas cousas. Veume dada por unha banda, pero tamén a escollín. Polo menos, escollín non abandonala. Eu son galega, vivo aquí e escribo en galego... Creo que é o normal. Máis que a pregunta de que nova es, amólame moito máis a pregunta de por que escribo en galego. E por que? Porque xa sabemos que significa esa pregunta."
Dúas reflexións interesantes á hora de falar da identidade e do mundo no que vivimos.