Rematamos o curso coa representación dunha montaxe que dalgún xeito recolle nun nobelo o fío que fomos devalando ao longo deste ano.
Obra: MULLERES QUE NON SÓ FIARON LÁ.
Adaptación a partir de textos clásicos de Sófocles, Eurípides e Aristófanes, recreando ademais varios mitos gregos. Foi froito dun traballo sobre o sentido crítico na aula de Cultura Clásica e Galego de 4º ESO. Unha viaxe ao mundo feminino da Grecia Antiga visto cunha visión crítica dende o século XXI para aportar unha reflexión sobre a liberación da muller ao longo dos séculos.
REPARTO:
Mulleres que non só fiaron lá:
ANSEDE GONZÁLEZ, LIDIA que será Pandora e Penélope.
ANTÓN FERNÁNDEZ, CARMEN que será unha Moira, Hécuba e Lisístrata.
GÓMEZ PEÓN, NEREA que será troiana e Ismene.
LOIRA HERMIDA, ÚRSULA que será outra Moira, Antígona e Calónice.
MALVIDO CURRÁS, DIANA que será a terceira das Moiras, troiana e ateniense.
PAZOS RIVERA, ALBA que será Andrómaca e Mirrina.
RODRÍGUEZ GARCÍA, AINHOA que será Ariadna e troiana.
SINEIRO QUIROGA, CRISTINA que será Casandra e ateniense.
No papel dos homes amigos das guerras:
COSTAS COUSO, EDUARDO que será Menelao.
PÉREZ LESENDE, FRANCISCO que será Ulises.
VILAS GESTIDO, ALBERTO que será Polinices, fillo de Edipo.
VILAS MARIÑO, IVÁN que será Teseo e Etéocles o outro fillo de Edipo.
Escenografía: DARÍO SUÁREZ E TERESA GONZÁLEZ E ALUMN@S DE 4ºESO.
Luces e son: JORGE GARCÍA e AITOR LOIRA.
Perruquería e vestiario: ANDREA VILLEGAS e ANDREA ARIAS.
Música: Guadi Galego: Matriarcas, Santa muller e Norte do norte.
Distintos centros de Ensino Infantil, Primaria e Secundaria do Morrazo ( entre os que está o CPR SAN NARCISO) participaron a proposta conxunta dos EDLG dos propios centros esta montaxe de recitación e recreación dun poema de Rosalía no día do seu nacemento:
Varias montaxes, unha por titoría, realizamos o venres pasado día escolar pola Paz e a non Violencia.
Comezamos cunha microrepresentación teatral dun momento das Troianas de Eurípides realizado polos alumnos/as de 4º da ESO de Cultura Clásica.
Houbo dende poemas digamos clásicos como o titulado Irmaus de Celso Emilio en 1º ESO B. Montaxes colectivos como os de 1º ESO A ou 2º da ESO sobre a violencia verbal. Tamén os de 3º da ESO realizaron unha especie de fórmula para teatral onde a palabra e as accións do grupo serviron para exteriorizar de xeito colectivo a nosas reflexións sobre a problemática da violencia no acoso escolar ou na violencia verbal.
Os grupos de 4º realizaron un breve audiovisual recadando opinións sobre o tema entre os distintos compañeiros/as do curso. Finalmente os alumnos/as de Bacharelato tamén realizaron unha montaxe audiovisual con tema da resistencia feminista conta a violencia de xénero.
Rematamos coa construción dunha árbore da Paz e dous debuxantes de 3º, Jacobo e Raquel, realizaron unha reprodución das pombas da paz de Picasso en directo e, como non, cantando unha das cancións mundialmente asociadas á non violencia e a Paz:Imagine de J. Lenon.
O EDLG do Colexio S. Narciso quixéramos contrubuír a ese interesante posto que ten o galego na rede.
O galego goza de boa saúde dependendo que ámbitos de uso. Na rede é unha das lingua que mellor posicionada está nas redes sociais tal e como se recolle nunha nova que circula estes días.
Tamén é sabido que a xente máis nova é a que utiliza máis a rede, logo deberiamos deducir que é o galego un idioma ben posicionado entre a mocidade galega?
Este será un dos debates que queremos manter vivo ao longo do curso desde este blog.
Comparte esta ponte de comunicación, este espazo de opinión e exerce o teu sentido crítico.Lembra: Os tempos son chegados!!
"Excítanme eses días
de flores sen alcance...
e marzo que aínda insiste
en debuxar con xiz as ameixeiras..."
Manuel Álvarez Torneiro, Os ángulos da brasa
Aproveitamos esta data da primavera para coñecermos mellor a un poeta humilde, Manuel Álvarez Torneiro:
Escoitemos logo un seu poema, Habitante único:
Este poeta humilde foi o último Premio Nacional de Poesía 2013 polo seu último libro "Os ángulos da brasa",do que dicía:«Penso que este libro non é un produto estándar, nin frívolo, nin lúdico, nin simplista, que incide nunha realidade que é tan persoal como plural». O premio concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir a obra de autor español escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en 2012. Está dotado con 20.000 euros.
Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932 traballou durante moitos anos no ámbito do xornalismo, especialmente no xornal a Voz de Galicia, mantivo unha actividade poética ininterrumpida desde o seu debut tardío coa obra Memoria dun silencio (1982).
A súa traxectoria inclúe os títulos Rigorosamente humano (1995, Premio Esquío); Luz de facer memoria (1999, Premio González Garcés e Premio da Crítica); Campo segado (2001); Epicentro (2003); Setembro Stradivarius (2004); Parábola do incrédulo (2006) e Os ángulos da brasa publicado en 2012 na colección Tambo de Factoria K da editorial pontevedresa Kalandraka. Este poemario obtivera xa o Premio da crítica de poesía en lingua galega e o Premio Ánxel Casal. Escoitemos de novo ao poeta pouco despois de recibir o premio nunha biblioteca da Coruña:
Abril é penetrante ata drogar
a saúde que teño
a salvo nas palabras...