NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chover e as 100 palabras
Podemos saber algo destas 100 maneiras de chover
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 21-11-2016 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre a revista Papagaio!



Botádelle un ollo a esta iniciativa da revista Papagaio! Unha especie de xornal en papel para a a xente miúda que traballa en galego, claro está, e sobre a que podedes saber máis aquí.
Comentarios (1) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 03-10-2016 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
O galego no metro de LONDON
Seica nun anuncio publicitario do metro de Londres escolleuse o galego entre os 17 idiomas nos que se realiza o vídeo. Podes velo neste diario
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 24-09-2016 08:09
# Ligazón permanente a este artigo
IRMANDADES DA FALA HOXE
A LINGUA GALEGA:


As Irmandades da Fala na rúa: a Lingua Galega from Illa Bufarda on Vimeo.



A IDENTIDADE:

As Irmandades da Fala na rúa: identidade from Illa Bufarda on Vimeo.



A FALA:

iFala from Illa Bufarda on Vimeo.


Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 28-05-2016 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Achegándose as Letras ao Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 14-05-2016 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Achégase o día da estrea: onde van?

Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 19-01-2016 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
ADOLFO CAAMAÑO GAÑA O PEDRÓN DOURO DE NARRACIÓN
Unha nova que nos traía esta entrada de ano é un novo premio literario que acada o noso profesor Adolfo Caamaño. Trátase do premio Pedrón Douro de relato breve, o premio desta categoría máis vello de Galicia e que ten premiado a grandes homes e mulleres das nosas letras nestas últimas décadas.

Adolfo Caamaño xa leva sendo recoñecido e distinguido en distintas convocatorias como un autor destacado dentro da narrativa actual en galego. Alegrounos sobremanera este premio ao seu traballo porque na confianza e proximidade que nos permite traballar xuntos, Adolfo forma parte do Equipo de Normalización do noso centro, coñecemos a valía literaria e persoal do noso compañeiro.
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 14-01-2016 06:54
# Ligazón permanente a este artigo
Falece Neira Vilas
Neira Vilas, un autor do que gardamos unha grata memoria, como lectores a gradecidos e coñecedores de perto da súa cordialidade e dos seus valores como persoas, xa que visitou en distintas ocasións o noso centro nos últimos anos.

Este curso, como cabe esperar, faremos memoria do seu aporte ás Letras Galegas e procuraremos que estea presente nas aulas do San Narciso como ben o merece un autor tan próximo a nós ao que tratamos e lembramos con cariño.
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 29-11-2015 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Que che parece esta proposta?
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 23-11-2015 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
Os últimos Premios Nacionais de Literatura

Os Premios Nacionais de Literatura que outorga o Ministerio de Educación e Cultura veñen sendo unha confirmación, por paradóxico que pareza, da nosa capacidade creadora.

Así ao pouco de comezar o presente curso 2015/16 aquí temos unha vez máis unha mostra do que dicimos:
LEDICIA COSTAS na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil

GONZALO HERMO na categoría de poesía xoven

O caso de Ledicia Costas é unha autora que estivo recentemente no noso centro con motivo da lectura dunha das súas últimas creacións.
Comentarios (0) - Categoría: O GALEGO DÍA A DÍA - Publicado o 02-11-2015 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0