NORMARÍN



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ENCONTROS CON AUTORES GALEGOS
Hoxe tivo lugar unha sesión dobre cos 1º e 2º da ESO coa Elena Gallego Abad, residente en Marín e autora da saga do dragon galego, DRAGAL.
Podedes ver unha reportaxe no blog da biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: ENDL SECUNDARIA - Publicado o 18-03-2015 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
UN ERE, VAIA AGASALLO DE PAPÁ NOEL!
- ERE no Polo: Unha das microobras de teatro da sala "la tuerka 27" en galego, con tema navideño e tamén moi divertida (nesta quenda había máis comedia da habitual), trata sobre un elfo que levaba séculos traballando para Papá Noel, pero foi despedido na última regulación de persoal. Así que vai á oficina do INEM para pedir o paro, para o que levaba moitos anos cotizados...

Se cadra por iso en Galicia preferimos ao Apalpador e estamos pasando un tanto do gorriño colorado cos pompóns brancos.
Comentarios (0) - Categoría: ENDL SECUNDARIA - Publicado o 07-01-2013 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPAÑA INICIAL DO CURSO: E TI QUE LINGUA FALAS?

A campaña inicial do EDLG xira ao lema deste ano: Vivimos como galegos? e vai dando os seus froitos en forma de enquisas nas que os alumnos/as van descubrindo cal é a súa árbore filolóxica, é dicir, cal é a lingua dos seus coa idea de que reflexionen sobre cal vai ser "a lingua de meu". Trátase dun exercicio didáctico de reflexión que deben ir abordando á vez que van configurando nos cursos da ESO a súa personalidade, o seu carácter e a súa propia identidade.

Podedes ver este documental titulado "a memoria da lingua"
Comentarios (0) - Categoría: ENDL SECUNDARIA - Publicado o 17-10-2012 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Na procura da verdade sobre CELSO EMILIO FERREIRO
Comezamos de cara ao San Martiño, unha campaña-traballo de achegamento á figura de Celso Emilio Ferreiro no curso no que se vai celebrar o centenario do seu nacemento que pensamos desenvolver coas en colaboración co Depratamento de Galego e as titorías de ESO e Bacharelato.

Na primeira cala realizada hoxe na titoría de 4º da ESO na procura de versos que levar a Castiñeiras e para ofreceren á natureza atopamos un par de textos anacos de poemas. Un sobre o outono, o outro sobre a verdade:

Un procura a verdade
por tódolos camiños, baixo as pedras,
nas raigames escuras das olladas,
máis alá das escumas i os solpores...


Comentarios (0) - Categoría: ENDL SECUNDARIA - Publicado o 08-11-2011 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPAÑA INICIAL: A LINGUA DOS NOSOS AVóS 2011

Comentarios (0) - Categoría: ENDL SECUNDARIA - Publicado o 21-10-2011 06:55
# Ligazón permanente a este artigo
DE LOIS PEREIRO
Comentarios (0) - Categoría: ENDL SECUNDARIA - Publicado o 18-03-2011 08:28
# Ligazón permanente a este artigo
Unha campaña de incorporación ás actividades do EDLG
Estamos preparando unha campaña de incorporación ás actividades do EDLG destinada a rapaces e rapazas de Secundaria do San Narciso. O noso traballo ten como obxectivo ampliar os espazos e situacións nas que o galego sexa lingua de uso entre os mozos e as mozas.

Imos invitar a implicarse en actividades como a revista ou as dramatizacións ou as aplicacicións TIC en galego ou mesmo a encontros coa lingua como pretexto para falar de música, cinema ou ciencia..., para dinamizar a un grupo máis amplo nesta utilización natural do noso idioma.
Comentarios (0) - Categoría: ENDL SECUNDARIA - Publicado o 11-03-2011 08:27
# Ligazón permanente a este artigo
UN DÍA DE MAGOSTO: Homenaxe a Uxío Novoneyra
Este ano o tradicional magosto que o Colexio San Narciso celebra no Lago de Castiñeiras, unha xornada de convivencia e posta en común de actividades didácticas variadas, incluía ademais das consabidas castañas asadas e dos xogos populares e danzas ao son das gaitas, unha homenaxe moi especial ao Uxío Novoneyra, o poeta do Caurel que mellor cantou ao Outono e ao que se lle dedicaron as Letras Galegas do 2010.
A homenaxe consistiu na creación dun macropoema do autor titulado ?Cain as follas? e que foi confeccionado con centos e centos de follas naturais multicolores que foron formando os versos do poema:

?Caín as follas
sinto unha cousa
que se apousa en min
e non me toca.
E chove pra que eu soñe,
pra que eu soñe,
falar á tarde baixiño.?

Esta actividade está relacionada coa campaña do Plan Lector do Centro denominada ?Outono da diferenza? que partía da Biblioteca onde ?naceron varias árbores cargadas de follas DIN?A4, cheas de poemas en diversas linguas? e remataba ao pé da Lagoa de Castiñeiras coa creación, con follas de verdade, dun POEMA XIGANTE dun escritor da nosa Terra. Proposta polo Equipo de Normalización Lingüística están implicados distintos departamentos (DACE, Lingua, Plástica) e foi precisa a participación de xeito activo tanto de profesores como de alumnos/as de todos os cursos.
Non foi a única experiencia novidosa, tamén se puxo en marcha un concurso fotográfico "unha imaxe vale máis que mil castañas" sobre o Magosto e houbo ademais unha entrega dos premios do anterior concurso o das cabazas de Defuntos, celebrado días atrás. Nestas propostas didácticas participaron os distintos cursos de Secundaria (ESO e BACHARELATO).
Comentarios (0) - Categoría: ENDL SECUNDARIA - Publicado o 29-11-2010 05:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0