A Exposición sobre os 15 anos do Equipo de Normalización (ENDL) que leva o título xenérico de "O CAMIÑO QUE NOS IDENTIFICA" está situada na entrda principla do centro coa idea de que o conxunto da Comunidade Escolar do San Narciso se faga eco desta celebración da que todos os seus membros forman parte efectiva. Son varios paneis que van facendo memoria curso a curso dos principais pasos dados e das máis chamativas accións do Equipo de Normalización tanto en Infantil e en Primaria, como na ESO e Bacharelato dende o ano da súa creación (1994) ata o día de hoxe (curso 2009/2010).
Podedes ver tamén o Chan do Monte dixital nº 0 que está colgado na web do Colexio onde aparecen todos os paneis da Exposición, ademais doutros suxestivos artigos.
Tal día como hoxe constituíase o Equipo de Normalización do noso centro e dende aquela como adoita dicirse xa choveu, que vén sendo un xeito de dicir que pasou moito tempo, pasaron moitas cousas, fixemos bastantes cousas, ao mellor non todo o que quixaramos, pero sempre hai que deixar algo de ilusión para o futuro. Escollemos para celebralo unha Exposición que se titula: O CAMIÑO QUE NOS IDENTIFICA: 15 anos do Equipo de Normalización. Que poderedes ver estes días do final de curso, unha vez rematado maio, o mes das Letras, e retirada a Exposición do Uxío Novoneyra.
Imos recollendo pola rede materiais interesantes para usar estes días nas aulas e achegarmos a Uxío Novoneyra. Por exemplo esta biografía para cativos e maiores:
Un grupo de rapaces e rapazas de Primaria e de secundaria do noso centro participou activamente na presente edicion do concurso de maios con vocado polo Ateneo Santa Cecilia en Marín.
A Bruxa e o Pendelleiro, ademais dun barco tomaron parte, como é costume,desta tradicional Festa da Primavera na que a lingua e a cultura conforman unha vistosa manifestación da nosa forma de ser.
Deixamos aquí unha copia das copals que se foron vendendo polas rúas o pasado 1º de maio:
Comezou xa a XIV edición da mostra de Teatro de Ensino secundario do Morrazo coa representación do centro anfitrión o IES JoHan Carballeira de Bueu. Á Mostra deste ano contará cunha representación da Aula de Teatro do noso centro.