Enchente
10 Decembro, algo máis que unha data...
Desgrazadamente, as persoas, temos unha terríbel capacidade para pechar os ollos e aceptar o mundo como é, estamos tan acostumados a ver como normal todo o que sae nos telexornais e o que nos rodea, que o aceptamos e punto. Estamos acostumados a pechar os ollos e mirar cara outra parte cando vemos algo contra o que pensamos que somos case impotentes.
O 10 de decembro representa a todos eses bistecs que tomamos durante o ano, represente a todos eses animais que foron maltratados para a nosa “diversión”, a todos eses cans e gatos abandonados vítimas da nosa irresponsabilidade, en definitiva, representa a nosa “sensibilidade especial que nos diferenza dos outros animais”,  a nosa “capacidade racional” e a nosa “superioridade” ante calquera outro ser.
Cada día milleiros de animais morren a costa dos nosos actos cotiás, convertidos en alimento, maltratados ate a morte para a nosa diversión, utilizados en experimentos... nunca te preguntaches que é do porco que estás a comer? nin que lle pasou a ese can que está a comer no colector de lixo?...
Torturados, maltratados, explotados, utilizados, asasinados...
esquecidos...
Vítimas da nosa indiferenza; e ti, es indiferente?
Soidade
Decidido, continuou subindo. A cada paso, lembraba a sua infancia, especialmente unha foto que tiña na casa: tres veliñas, un neno e moita xente, moita moita xente. Suspira. Un neno tan pequeno, tan pequerrecho, que non coñecía o mundo, que non coñecía as desgrazas, as tristuras, a soidade, as bágoas... non necesitas máis cando tes contigo a todo o mundo, non necesitas máis...
Detense no chanzo para desfrutar doutra calada. Agarimosamente pon o cigarro entre os beizos, pecha os ollos e traga. Continua subindo mentres a súa cabeza énchese de lembranzas, pero sobre todo de preguntas. Como chegar ao máis baixo? Como caer en picado ate bater contra o chan? Como rematar so cando vivimos rodeados de xente? Que facer cando tocas fondo e non podes erguerte?...
Ficou parado de novo, no derradeiro piso, no derradeiro banzo da derradeira escaleira diante da derradeira porta do edificio. Mirouse aos pés e foi subindo a vista pasando polos seus zapatos de marca, o seu traxe e a súa corbata que tan so quere agachar a tristura, a soidade, a soidade...
Abre a porta e camiña. Estaba na azotea, respiraba aire frío de cidade. Sentou no bordo do piso. Contemplou a cidade: as luces, os coches, as rúas, as persoas... todo o mundo pasa e ninguén se coñece, como podes vivir so cando estas rodeado de xente? El o sabía ben. Meteu o cigarro na boca, pechou os ollos e tragou fondamente. Apartou o cigarro da cara e tirouno á cidade. Lentamente cae, cae, cae... ate tocar fondo... Remexe de novo no peto para ver outra vez a vella foto do marco de prata. Pasa o dedo agarimosamente. Dálle un bico e pecha a man con todas as suas forzas. Exprimindo as lembranzas  da imaxe.
Mira a cidade. Pecha os ollos fortemente e deixa escapar unha bágoa.
A derradeira bágoa...
¿Bilingüismo?
Cómpre deixar ben esclarecido que o verdadeiro pobo de Galicia, o que vivía a carón da terra e do traballo, non sufriu os trastornos do bilingüismo porque non deixou de falar a súa lingua e con ela seguiu expresando as tristuras e as ledicias do seu mundo. As víctimas do bilingüismo-os que calaron e enmudeceron para producir un silencio literario de tres séculos-, foron as camadas intelectuais, que non estimaban as verbas vivas do seu falar e admiraban as verbas mortas do seu escribir [...]
Atribuímoslle á imposición oficial e cultural do castelán o silencio literario de Galicia: non como oacto de resistencia pasiva senón como o efecto natural do bilingüismo, por falar na lingua que non se escribía e escribir na lingua que non se falaba.
Cando a lingua imposta mata de todo a lingua sometida, é dicir, cando a violencia chega ata o asasinato, pode o pobo recobrar a súa facultade de expresión artística. Sirva como exemplo a victoria do latín sobre a lingua -probablemente celta- que antes se falaba en Galicia. Pero a lingua de Castela non tiña forza de abondo para matar o galego, que acababa de ser -pola súa virtude lírica- o idioma preferido na mesma Corte de Castela [...]
por outra banda, consideramos como actos bárbaros os atentados á vida dos idiomas. ¿que diriamos se o Estado mandase derrubar o Pórtico da Gloria? Pois eu digo que o noso idioma é unha obra de arte mil veces superior á obra do mestre Mateo. Creouna o xenio inolvidable do noso pobo e labrouna o amor, a dor e a ledicia de moitísimas xeracións. Unha lingua é máis ca unha obra de arte; é matriz inagotable de obras de arte.
“Sempre en Galiza”, Castelao
"Ter un idioma é ter un tesouro, ter dous é ter dous tesouros; tontos seríamos se rexeitáramos un tesouro"
"Manter a un animal"
Un día de feira! Diñeiro, xuramentos falsos, meter burro por cabalo, comidas con pimento, pan reseso, viño cativo, tabernas acuguladas....A leda bullanga das feiras é tan mintireira como son as carantoñas do antroido, pois debaixo da ledicia hai tristura nos que venden e medo nos que mercan. O día de feira todos van de raposos e ninguén leva o corazón no peito, porque todos coidan que a xente de ben perde diñeiro nos tratos.
O chorar dos cabirtos, que se laian coma fidalguiños esmirriados, pode feri-lo peito dun home endeble; o noxento carpir dos porcos, que berran por calquera cousa abrouxa os nosos ouvidos e desfai toda compasión. Pola rúa van pasando, no remate da feira, os regueiros da dor animal; pero nas feiras hai algo máis.
Os homes andan ó seu e non reparan na outra dor, na dor humán que sinten os animais de Deus. As probes vacas endoudecidas que chaman polos fillos, os probes puchos que van ó matadeiro chamando polas nais...
Eu quero que todos seipan iste conto:
Unha vez había dous bois que xa eran moi velliños e que traballaran xuntos toda a súa vida. O amo vendeunos para matar e tiveron que arredarse para sempre... E din que no intre da despedida díxolle un ó outro:
- Adeus, meu compañeiro, e deica a feira de Soutomaor. (Na feira de Soutomaor había mercado de coiros.)
"Manter a un animal", Castelao
Lembro unha frase de Schopenhauer que coincide bastante con este artigo e que persoalmente gústame moito:
“A conmiseración cos animais está intimamente unida á vontade do carácter, de tal xeito, podemos afirmar de seguro, que o que é cruel cós animais, non pode ser boa persoa”