|
|
|
|
|
|
| Os comezos |
|
Neste espazo poderás continuar a historia que aquí aparece sen final. Escribe a continuación da mesma e deixaa sen final para que outro poida seguila.
Como resultado contaremos cunha historia con diferentes puntos de ver as cousas.
SEN TÍTULO
"Sentada na beirarrúa vía como pasaban os coches ás miñas costas, os nenos xogaban debaixo dos altos carballos a correr ás pombas que na fonte se achegaban a beber, as nubes parecían leves velos de fume correndo polo ceo azulado de marzo.
Xan achegábase a randeeira onde sentada xogaba a súa curmá Uxía. A pequena tiña cinco anos, as pernas rechonchas e unhas meixelas sonrosadas que facían, en conxunto cos seus cabelos negros, que parecese unha boneca coas que da pena xogar do fermosas que son.
Ese día Xan encargábase do coidado dos seus curmáns pequenos, e como aquela tarde facía un día digno de verán daba gusto saír a pasear á rúa, decidiu coller aos dous cativos e levalos onda o parque da carballeira para que puidesen corretear e xogar con outros amiguiños, pero esa tarde algo fixo que o verán de marzo se paralizase.
- Uxía, pequerrecha – falaba Xan coa cativa - ¿onde se meteu Breixo, mentres fun buscar a merenda?.
- Eu no sei, dixo que o chamara unha das rulas que bebían na fonte e aló se foi brincando - respondía a pequena – eu só sei que a miña boneca lle berrou que non se subise na fonte, porque ían vir as bolboretas da carballeira e o ían levar voando -.
- Que cousas tes curmanciña! – ría Xan levando unha man a caluga coas ocorrencias da cativa – vou buscar ao langrán do Breixo, non vaia ser que se meta na fonte. Ti non te movas de aquí que agora vimos os dous - .
- ... son son son de Porto de Nós, son son ...- quedaba cantando a pena.
Xan xirouse cara a fonte e non vía ao cativo, nin rulas, nin bolboretas, e por eso se decidiu achegar onda a fonte por se o neno esvarara e caera dentro.
A sorpresa levouna ao pasar onda o carballo vello que estaba camiño da fonte. ... "
Anímate a continuala.
|
|
|
|
|
| Natura |
|
 Se sodes persoas que sentides unnha simpatía inusual polos seres vivos deste planeta, invítovos a expresarvos neste espazo.Xa sexa por desafogarse, por abrandar eses corazóns insensibles ou por deixarlles claro a algunhas persoas que os abrigos de peles e as cabezas de animais colgando nun despacho non son esenciais para a supervivencia humana.
martita |
|
|
|
|
| tEleVisiÓn |
|
Nesta entrada poderedes opinar sobre as series de televisión que máis vos gusten,ou que menos,tamén poderedes dar a vosa opinión sobre novas series ou o que se vos ocurra.
*Esta é a miña programación da semana:
luns:Factor X
martes:House
miércoles:Los hombres de Paco
xoves:El Internado
venres:nada interesante :(
sábado:Todo el mundo odia a Chris
domingo:La que se avecina
E tódolos días menos no fin de semana Alma Pirata en Localia de 19:30 a 20:30!!!
Podedes contarme por exemplo que vos parece La que se avecina en Telecinco,si vos gusta ou si vos parece que tería que seguir Aquí no hay quien viva en Antena 3,cóntanos!!!
[ [ (_âUr€x@!!! ] ]
|
|
|
|
|
| Para despedirte podes... |
|
... podes deixar unha pequena pegada no noso blog. Unha despedida, un comentario... O que se che ocorra... (Pero sen criticar).
Moniquiña |
|
|
|
|
| A nosa música |
|
Neste apartado imos falar dos grupos galegos, os que de algún modo representan a nosa comunidade.Temos de tódolos estilos: pop, rock...
De primeiro, temos que destacar a Susana Seivane e a Cristina Pato coas súas gaitas. Tamén sobresae, neste tipo de música, Carlos Núñez. Noutros estilos, temos a Deaf Noise, Dios que te criou, Ámbitoh Kinitoh... Temos que sentirnos orgullosos da nosa música, dos nosos grupos e cantantes. Seguide así e nunca cambiedes.
Beita
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|