en_galego agora é IMAXE


en_galego pasase a chamar IMAXE e está a agardar por ti
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo

jujel

en_galego
imaxe@live.com
 CATEGORÍAS
 MIRA ISTO!!!
 BUSCADOR
 blogs galegos por aquí
 Outras entradas

imaxe xa está en funcionamento
Podedes ver a súa nova publicación picando aquí
Comenta anda!!! (0) - Categoría: En defensa da lingua - Publicado o 08-06-2008 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Pido desculpas
Pidovos a todos desculpas polo pouco funcionamento de imaxe o novo blog.Só dicir que polo de agora non teño tempo para pararme co novo blog pero cando o teña asegúrovos que será coma este(ou peor)

Saudos
Comenta anda!!! (0) - Categoría: ATA SEMPRE - Publicado o 05-06-2008 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
novo blog!!!
O novo blog chamarase ImaXe,será dunha temática similar a este.Este novo blog intentará chegar actualidade dunha nova forma.Nel non haberá política,xa que é un blog neutral.

ImaXe comezara a rodar a primeiros da seguinte semana veremos se vos gusta(e se non che gusta botaslle azucre)

SAUDOS E vemonos en ImaXe
Comenta anda!!! (0) - Categoría: En defensa da lingua - Publicado o 06-05-2008 08:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
extra!!!extra!!!!
O blog en_galego prepara a súa entrada na bolsa(con que cara quedaches,tranquilo home que é mentira.Na bolsa que podía entrar e na bolsa virtual do lixo).

Ben a noticia é:haberá un blog alternativo a en_galego que sairá non se sabe ben cando,non se sabe ben con que nome(o que se sabe ben e que é un blog).Tratará a actualidade galega e non tan galega con crítica(iso si sempre en galego)

Cando vaia saír publicarase aquí o nome e a temática e cando comezará a súa andaina(agardemos que non dure só uns meses coma este)

SAUDOS
Comenta anda!!! (0) - Categoría: En defensa da lingua - Publicado o 05-05-2008 08:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
en_galego retirase
Este blog di adeus a todos os seus lectores(se os ten).E dalle grazas a todos os que entraron na sua páxina (aínda que fose por erro),xa que como digo este non é o mellor blog para informarse(non te das conta que manipulamos todo para que penses coma nos).

Non sabemos se en_galego voltará a andar pero o que si sabemos e que por agora retirámonos(agora estamos no paro).O dito GRAZAS a todos e ata outra.

NOS VEMOS EN TELECINCO
Comenta anda!!! (2) - Categoría: ATA SEMPRE - Publicado o 02-05-2008 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
proposta
Teño unha idea para rematar coa polémica do galego no ensino, pode que esta idea revolucione os pensamentos e acabemos todos aceptandoa como a mellor saída para unha e outra banda.

Esta proposta pode ter efectos secundarios(absteñase vostede de lela se ten problemas de corazón,se está vostede embararazada e nos demais casos consulte co farmacéutico).

A proposta daríase xa que hai problemas co castelán e problemas co galego no ensino ,como dixen antes, a solución sería un ensino 100% castrapo.Para elo estamos creando a plataforma galiciacastrapa coa mensaxe "dos linguas mesmos derechos" e na que pretendemos crear un debate na sociedade galega.Tamén crearemos o manifesto tan galego/castelano como el castrapo.

Se ti apoias esta iniciativa contacta con en_galego@hotmail.com "polo dereto a vivirmos en castrapo" porque nos tamén temos dereito a un ensino 100% bilingüe.

Comenta anda!!! (0) - Categoría: En defensa da lingua - Publicado o 29-04-2008 06:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Retranca
revista retranca
Como xa saberedes todos a revista retranca levou recentemente un premio no Saló internacional do cómic de barcelona o Premio público á mellor revista do ano 2007(xa choveu).Esta revista que comezou a súa andaina fai uns cantos mesiños(e que non sei a data concreta,se alguén a sabe que a poña a abaixo )polo sector do humor gráfico galego vai camiño de converterse no referente galego este tipo de revistas(porque outro non hai,a dicir verdade).Eu dende logo aínda non a lín(estou co quijote que xa levo 4 anos e non remata) pero recomendovola para que a leades e se mola dicidesmo.Só custa 2,20€(ohh que prezo!!).saudos

Comenta xa!!! e deixa de mirar
Comenta anda!!! (0) - Categoría: En defensa da lingua - Publicado o 27-04-2008 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
a G do youtube
televisión de galiciaPor se xa nos parecia moito o cambio de imaxe que comezou agalega no 2006, acompañado dun cambio de programación que foi renovando a sua grella pouco a pouco.Agora ven a sorprendernos,despois de renovar a faciana e os contidos do seu web,inaugurando a súa propia canle no youtube(isto xa é un superavance para a TVG).Nesta canle están dispoñibles anacos dos seus programas estrela, dos telexornais...

Ahh o que non chego a entender é como segue a poñer os videos do luar se os vellos non saben entrar ao youtube(quen responda a esta pregunta próximo premio nobel seguro)

opina ti se queres e se non queres faino por solidariedade
Comenta anda!!! (0) - Categoría: En defensa da lingua - Publicado o 26-04-2008 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Rachando esquemas
Vendo esta entrevista no diario publico quedei de pedra(quero dicir de granito que iso soa mais galego).Onde un lingüista afirma que en realidade non hai imposición dos idiomas cooficiais senón que hai un nacionalismo español excluínte que pensa que en España non hai mais lingua ca castelá.

Se queres ver o artigo pica aquí é moi recomendable se sabes ler.
Comenta anda!!! (4) - Categoría: En defensa da lingua - Publicado o 22-04-2008 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Vigo manifestación
Ao parecer este xoves hai unha manifestación en Vigo para apoiar o galego no ensino(tan malebolizado por algúns "disque que no es normal").Pois iso agardemos que a asistencia sexa masiva(nada máis que por coñecer xente).A mediodía en Praza España.

Eu dende logo estarei alí e ti?
Comenta anda!!! (3) - Categoría: En defensa da lingua - Publicado o 18-04-2008 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Mellores webs informativos

Este é a miña lista dos 5 medios na internet para informarse e en galego

1 agalega.infocorrespondente a CRTVGconforma un medio de información do máis completo xa que podes ver todos os telexornais que queiras(se das)

2 A NOSA TERRA DIARIO pertence a edicións a nosa terra e é un portal galego de información moi completo pero que non se pode opinar das noticias(así que xa non podes por comentarios para polemizar a noticia)

3 VIEIROSesta páxina tamén moi completa que da as noticias que mais afectan anosa comunidade e na que podes opinar das noticias(xa sabes expresar con liberdade a túa opinión pero sen descualificar a ninguén)

4 Mundogaliza páxina moi completa de información só que nalgunhas dan a súa propia opinión(se concordas ben e senón non a leas)

5 GZnación outro medio ben importante de comunicación en galego xa o nome o di(ou polo menos deixao a entrever)

E por último en_galego un medio de desinformación constante que se lle fas moito caso podes acabar moi mal.

Esta é a miña lista cal é a túa?comparte saude doa comentarios
Comenta anda!!! (0) - Categoría: En defensa da lingua - Publicado o 17-04-2008 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
TOPICOS SOBRE O GALEGO
Hoxe vou poñer unha serie de "conceptos" (por dicilo dalgunha maneira)falsos sobre o galego.Ai van dous os mais comúns:

-O galego normativo é un galego falso e artificial onde verdadeiramente se fala ben o galego e no rural.

primeira mentira.O galego do rural é un galego no que rápido se aprecia a inclusión de castelanismos.Ademais todos os idiomas teñen unha norma que non se corresponde co que a xente fala.A norma só é para guiar(isto ultimo acabo de inventalo,pero fiarédesvos de min igual non???).

-O galego non serve para nada fora de galicia polo tanto é mellor non estudalo.

segunda mentira.O galego serve para entenderse cos países de fala portuguesa,isto é con bastantes millóns de persoas.Ademais eu nunca vin aos cidadáns dun pais renunciar a súa propia cultura porque non lle valla fora das súas fronteiras(ou si????da igual non ten importancia).

Sabes mais tópicos opina ti tamén podes comentar ou facerte valer enviandonos o teu tópico a en_galego@hotmail.com.Non esquezas por o teu nome(non che queremos roubar ideas pero se insistes non dubides que o faremos)
Comenta anda!!! (3) - Categoría: En defensa da lingua - Publicado o 12-04-2008 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A boneca de masmovil non estuda galego!!
a nova operadora mNo web da nova operadora de comunicacións masmovil hai un apartado que pon "habla con marta".Alí teñen unha boneca a que lle podes facer preguntas, e como non eu fixenlle a seguinte(en castelán xa que non entende o galego)"¿sabes hablar gallego?" a o que ela contestou "De momento sólo se hablar castellano pero estoy aprendiendo catalán e ingles".Pero ao parecer galego non o está a estudar a ver se nun futuro non moi afastado o aprende.Ao mellor fichana para a TVG se o fai(aínda que non saiba pronuncialo)

E no resto da páxina só dan opción ao castelán como case tódolos operadores até o de agora.

Comenta anda!!! (1) - Categoría: En defensa da lingua - Publicado o 29-03-2008 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
o galego no medio(non é de extrañar)
Segundo un estudo sobre linguas minorizadas de europa nos medios de comunicación, o galego encontrase nunha situación intermedia(que raro,nin nos informes rachamos cos tópicos).

Este estudo foi levado acabo pola universidade do País Vasco e participa o galego Nicolás Xarmando.Nel dise que o galego nos medios esta ben aparentemente e que hai unha tendencia a non empurralo(Si hai unha tendencia a empurralo pero para que caia)

Vexa a noticia completa en europa press

Credes que o galego está ben "aparentemente" nos media??eu penso que si e ademais é a lingua predominante nos medios e nos demais ámbitos ,creo que o discriminado en Galiza segue a ser o castelán(e que os nenos veñen de Paris).
Comenta anda!!! (5) - Categoría: En defensa da lingua - Publicado o 23-03-2008 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
recollendo flores

Hoxe navegando pola internet case afogo ao ver uns comentarios dunha nova no web de minutodigitalque era de xa vai uns mesiños.Saen comentarios de xente que seguro que nos envexa, e anda a dicir burradas.Algúns comentarios son:

Alberto el 3rd Octubre, 2007 8:59 :"Pues que les den a los gallegos. Son tan tontos que no se dan cuenta, que su economía crece gracias a los turistas españoles. Pero………si eso es lo que quieren, BOIKOT A LOS PRODUCTOS GALLEGOS."


que les den el 3rd Octubre, 2007 14:29:" Hace años que no piso Galicia, justo desde que les dio por joder las carreteras poniendo las indicaciones en un dialecto local que no sabe nadie y que no se entiendeí. Como miles de turistas gastaba mi dinero en hoteles y restaurantes. Si ahora Sanjenjo es Sanxenxo y La Toja A Toixa no tengo ganas de pronunciar esas palabrotas que se me traba la lengua, me voy con mi dinero a otra parte. Y se de muchos que han hecho lo mismo y lo que tenía que hacer todo el mundo: nuestro dinero para España (magníficas playas en Asturias y Cantabria) o Portugal como ha hecho la Pescanova (magníficas playas en Portugal) o para otros países extranjeros. Que Roma no pague a traidores y que se jodan."


valcarce el 4th Octubre, 2007 9:08 :(CORTADO UN ANACO)"Estoy de acuerdo en no pisar Galicia y gastarse el dinero de ocio en lugares donde no hay inconvenientes de clima,gastronomía no falsificada y se entiendan los letreros, amén de otras cosas peores.
No estoy de acuerdo con la inmensa mayoría de los gallegos que por dejadez,cobardía o zorrería mal entendida,permiten que cosas como las que ocurren sigan ocurriendo en su región,siempre admirada y respetada y actualmente ejemplo de cachondeitos y ciudadanos que permiten que se orine por ellos y disimulan diciendo que es que llueve. Me empieza a dar un cierto asco la Galicia actual,muchísimos gallegos,su pretendido idioma aldeano, paleto, pretencioso y que ni los que creen que lo hablan lo entienden pero tienen delirios de políglotas.
Alfonso X el de las Cantigas,murió hace tiempo.Los grandes hombres y mujeres de la historia de Galicia,que hubo muy poquitos,también murieron hace tiempo.Estamos en el siglo XXI y hay que salir adelante. Con el sistema y trazas que veo a los gallegos auguro un mal futuro."


1ªResposta coherente:Somos tan tontos tan tontos que si a nosa economía crecese grazas ao turismo agora mesmo estaríamos no terceiro mundo.E se os turistas fosen coma este xa non estabamos nin no mapa.

2ªResposta coherente:Dialecto local???que va é un dialecto rexional polo menos e se non aprendeu a palabra idioma e o que iso significa é seu problema.Ademais non o fala ninguen "y no se entendei" a el si que non se lle "entendei" que dialecto será ese.Pero vai a Portugal e aoutros países estranxeiros que ai si que "entendei", verdade????.Que será iso da toixa

3ªResposta non sei se coherente pero intentandoo:O noso idioma será como el di pero temos lingua antes de que ti a tiveras.E ainda se atreve a augurarnos un mal futuro,home eu sabia que o cambio climatico ia prexudicarnos a todos e non só os galegos(ironías da vida).E de historia de galiza mellor non te molles a ver se vas pillar un catarro.

Última resposta e remato xa:

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Que conste que non defendo o separatismo, só o que parece ser noso por xustiza:a nosa terra e a nosa cultura.
Comenta anda!!! (3) - Categoría: En defensa da lingua - Publicado o 23-03-2008 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Novo web da galega
Si blogueiros a galega(telegaita,tvg...etc)ten novo web.Xa dende fai uns cantos días a galega renovou o seu web;agora presenta un deseño máis moderno e ademais foros sobre os seus programas e series que ao parecer estan bastante inactivos polo momento.

Estas novas utilidades unidas as que xa posuía(como son:tvg en directo,á carta(podendo ver capitulos das tuas series favoritas),blogs...etc)danlle un aire de frescura.

Dende hai uns anos a galega emprendeu un novo camiño cara unha programación para a xente nova,unha programación que fixera desta canle unha canle de referencia para os galegos.Vos que pensades da nova galega???ten máis calidade??mellor programación??opinade

Comenta anda!!! (3) - Categoría: En defensa da lingua - Publicado o 20-03-2008 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
GaBians!!!
Ao parecer as críticas dalgúns á defensa do castelán e a non utilización do galego por parte de galiciabilingüe comeza a ter os seus primeiros efectos(efectos secundarios debían de ser xa que a páxina volta a estar no castelán correcto que todos sabemos.Ao parecer foron ao médico porque só lles saían as palabras en "galego" e receitoulles ver a COPE.Agora permanecen nas súas casas sans e salvos da ameaza do galego)

Escusas ler toda a noticia xa porque nestes tempos que corren xa non existe tal noticia(pero se queres por pura diversión e porque che lembra tempos pasados adiante.Que saibas que es un nostálxico)

Que quererá dicir isto?que xa ninguén lle asina porque se lles caeu careta?ou que precisan enganar mais xente co para eles bilingüismo(e para nos monolingüismo en español)para derrogar o decreto???.Ao parecer non sa sabe a que ben esta cambio pero pode ser por algunha causa de interese.

Respecto ao galego empregado parcialmente na sua páxina saen xoias coma estas: "Quenes somos"ou estoutra "¡Concurso: xa tenemos dous gañadores: Valeria e Julio!""Se quere facernos chegar de forma confidencial cualquier abuso de normalización lingüística, fágao a través deste apartado" señores se defenden o bilingüismo saiban empregar correctamente as dúas linguas.

Resaltando xa outra cuestión vemos como a señora presidenta dille aos máis novos:"He querido que hubiese una sección en nuestra web dedicada a vosotros, los más jóvenes. Gabi es un erizo amable y cosmopolita, que espera no sólo ayudaros a mejorar vuestro nivel de inglés, sino que también os facilitará información útil para que os animéis a viajar, a conocer otros lugares, otras culturas. Yo que he tenido la suerte de viajar mucho de niña y adolescente, he comprendido muy joven que los idiomas son un instrumento que nos sirve para comunicarnos y abrirnos al mundo. Nadie debe hacer de ellos su bandera."primeiro melloren o de galego,porque inglés si e galego non???.Se ninguén se debe facer bandeira de idiomas porque eles se fan bandeira do castelán?????




Comenta anda!!! (4) - Categoría: En defensa da lingua - Publicado o 13-03-2008 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Puntogal
dominio puntogalO .gal é o dominio que debe corresponderlle á comunidade galega, como comunidade con fortes vencellos (lingüísticos, culturais, históricos, sociais). A proposta encádrase nos dominios de primeiro nivel esponsorizados e é a que defende a Asociación PuntoGal e as entidades que integra.

A proposta do .gal non invalida en ningún caso a proposta dun dominio xeográfico de dúas letras (.gz, por exemplo). Para optar a estes dominios é preciso ser un Estado recoñecido polas Nacións Unidas ou algunha das súas axencias. Tamén é aplicable a Estados que formen parte da Corte Penal Internacional. Existe aínda outra vía: a inclusión na lista ISO 3166. Xibraltar entra, por exemplo, neste último caso. Catalunya, igualmente, aínda non renunciou a conseguir o seu .ct. O proceso, dende logo, é moi dificultoso.

A creación do barrio catalán, o .cat, serve de exemplo próximo e recente para as aspiracións do .gal. O seu primeiro dominio, estreado xusto antes do Nadal, www.domini.cat, foi creado pola Fundació puntCat, encargada de xestionar a súa concesión. “Un dominio que servirá para salientar a nivel global a existencia da nosa lingua e cultura”, afirman na web, “un feito excepcional do cal podemos estar lexitimamente orgullosos”.

Para acadar este dominio foi fundamental a suma de todas as vontades da sociedade civil, empresarial, así como das autoridades catalanas. Asociacións culturais, fundacións, empresas, entidades deportivas, persoas de toda condicións sumáronse cunha única voz a un proxecto avalado sen fisuras polas institucións. A unión e a forza da proposta fixo que o .cat fose o primeiro recoñecido mundialmente, feito que ademais abriu a porta para o .gal, entre outros. É preciso lembrar, finalmente, que o propio Estado español, que foi consultado pola ICANN antes de outogar o dominio, deu o seu visto e prace.(by:puntogal)

Despois desta paragrafada toda pois só queda que vos colaboredes e asinedes no web do puntogal(http://www.puntogal.org)e non asinedes con nomes falsos.
.gal
Comenta anda!!! (0) - Categoría: En defensa da lingua - Publicado o 08-03-2008 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Votemos contra o retroceso!!!!
Como os bispos pediron o voto para o PP,porque resulta que agora deus é deste partido,pois eu pido o voto para todos os partidos menos o conservador.Xa que nos seus mitins tivo a "idea clara" de dicir que o castelán está discrinado en galiza,e arremeter así contra a lingua de boa parte dos galegos;defendeu o ensino só en castelán.Iso todo con cabeza é corazón,con rajoy é posible.



SE ATACA ALINGUA ATACANOS A TODOS!!!CASTIGUEMOLOS NAS URNAS!!!
Comenta anda!!! (0) - Categoría: En defensa da lingua - Publicado o 05-03-2008 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
organizacións que esconden trás si unha galegofobia??????
Para a miña opinión o único que fai Galiciabilingüe é crispar a sociedade,e ademais diso crea máis división entre os castelanfalantes e os galegofalantes;todo isto apelando a liberdade de cadaquen pero dicindo que as linguas non teñen dereitos só as persoas; e eles porque loitan???? polos dereitos do castelan como lingua cooficial.Pero todo soa tan bonito dito con dereitos para as persoas...E por se non fora pouco non di nada dos abusos que se cometen contra os galegofalantes .De verdade falamos de bilingüismo?????non sei até que punto
Eu penso que canta mais riqueza idiomática mellor non????ccreo eu que tes pé para aprender mellor outros idiomas...
Non sei ben que pretenden estes colectivos pero dende logo igualdade non xa que se coñecen viñetas nas que se descalifica alingua galega,e logo loitamos polos dereitos das persoas non señores?????
Comenta anda!!! (3) - Categoría: En defensa da lingua - Publicado o 26-01-2008 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
en_galego é IMAXE