Hai máis días que xudías...



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Diante da policía local..
Se vas falando polo móvil, se te saltas un semáforo vermello..polo menos procura que non te vexa a policía..

Esperaba eu onte nun semáforo xunto a oficina de turismo da dársena da Coruña cando vexo que un coche salta un semáforo e obriga a parar a outro...

Ese outro era un coche patrulla da policía local. Os dous policías quedaron mirando para o conductor con cara de alucinados (pq non era o típico caso que o semáforo acaba de cambiar, non! levaba xa un bo rato en vermello) e viron que ía falando polo móvil.. Saíron tras él e supoño que o collerían...

Foi moi curiosa a situación..Así que xa sabedes: Ide con coidado!!
Comentarios (1) - Categoría: O que non se debe facer - Publicado o 14-02-2007 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Mínimo de intelixencia acuática..
Hola de novo!! Quérome facer eco duna situación moi repetida nas piscinas e que me pon de mal humor.

Supoñemos que un suxeito, A, nada os seus 60 largos de seguido case sen parar, non? E que comparte rúa con B que nada un pouco máis lento ca él.

B fai un par de largos de descansa uns 6 de A. Entón, cando A se achega a cabeceira da piscina onde está B parado, cándo debe sair B?

a) Xusto diante de A

b) Cando pase A

Pois ben, a resposta correcta é a b) porque senón o único que vai facer B e molestar a A xa que nada máis rápido ca él e vai ter que adiantarlle, cosa que podía evitar se tivese dous dedos de frente..

Pois sí... hai moitos suxeitos tipo B por desgraza
Comentarios (0) - Categoría: Na Piscina - Publicado o 13-02-2007 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
WC Surrealista
Isto foi o que vín no servizo dun WC en Santander...

Aínda que o pareza, o lavabo non verte no WC. A eso chámolle eu, aproveitar espazo..
Comentarios (3) - Categoría: Curiosidades - Publicado o 08-02-2007 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Estarei máis guapo de rubio?
Se eres o típico peludo..de pelos máis negros ca mesma noite, se tes unhas cellas bastante pobladas, máis ainda se só tes unha cella.. non debes cambiarte a cor de pelo a rubio... Nunca parecerás Ricky Martin ni Brad Pitt, non!!

O máis seguro e que che confundan cunha vaca de raza galega ou algún dono dun bar intentará quitar da túa cabeza esa especie de tortilla que parecerá que levas..

Xa o sabes..pénsao ben!
Comentarios (0) - Categoría: O que non se debe facer - Publicado o 08-02-2007 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Señora Aeronauta
Existen neste tipo de instalación un perfil de xente moi peculiar.. Trátase das señoras aeronautas. Pois sí, son aquelas que nadan de forma vertical e tardan en facer un largo sobre 3-4 minutos.

Ben.. se estas señoras estivesen sempre na rúa da piscina adecuada, non habería problema..pero eso non sempre é así..

Estimada Sra. Aeronauta:

Cando vexa vostede un carteliño nun extremo da rúa que pon "RÁPIDA", vostede non debe entrar ahí. Pode ser a máis veloz facendo a colada, levando os netos á escola, facendo ganchillo.. pero non!! ahí non se refire a eso!! así que polo ben dos demáis usuarios, non entre!

Atentamente,

un usuario afectado
Comentarios (1) - Categoría: Na Piscina - Publicado o 08-02-2007 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Que é un Xusticiero?
Dícese daquel que intenta facer xusticia nas estradas, sempre con un pouco de sentido común..

Exemplos:

- Chegamos a un cruce.. e aínda que temos preferencia, se hai un esperando para entrar e chegou antes que nos, o xusticiero debe deixalo pasar..

- Imaxinemos: Carril dereito que acaba nun ceda.. e estamos todos no esquerdo facendo cola. Se chega un tipico listillo pola dereita, e quere saltarse a cola.. o xusticiero debe facer o posible por que non pase.. unha vez que lle pechamos o paso, o miraremos con unha cara seria pero sorrindo por dentro, en plan...¡¡a tomar por c..., listo dos co...!!

Vos irei contando máis exemplos e situacións dos xusticieros.
Comentarios (1) - Categoría: Xusticieros da Estrada - Publicado o 08-02-2007 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Os radiadores
Un dos culpables..Cal é o criterio que usase para ubicarlos??

Uns dín que si as correntes do aire, que si a fonte de entrada de frio debe estar o máis preto posible do radiador..

Outros dín que si se pon no lugar onde menos estorba..

Tras moitas investigacións.. cheguei a conclusión de que ten máis sentido a primeira opción.

De todas formas escoito calquer tipo de opinión para cambiar o meu pensar.
Comentarios (0) - Categoría: Que alguén explique isto - Publicado o 08-02-2007 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Hai máis días que xudías..
Comezamos..

Benvidos a todos ó meu blog.

Pensei que nunca o crearía, dicía que eso era de frikis...

A todos ós que lles dixe iso..pídolles perdón..

Tomei a decisión tras ver distintos blogs e escribir neles..Sobre todo "Desde el jergón.."

Destacar que intentarei facer todolos artículos en galego aínda sendo castelán falante habitualmente. O por que?? Pq me sae do c... :D:D:D

Sobre qué escribirei?? Non o sei nin eu..xa veremos..

Veña!! Benvidos todos e espero que vos guste..
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-02-2007 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
free web counter

free web counter