
O pasado 30 de maio presentamos en Betanzos (por fin!) Elemental.
Teño que agradecer a presenza na mesa, presentando o acto en nome da AC Eira Vella, de Pilar Vázquez (voz do poema "Elemental"): sempre ao meu carón, sempre axudándome, grazas!
Olga Patiño, as súas verbas afectuosas dannos un pouco máis de vida, a Elemental e a min.
Dani López, sen palabras... todo o que diga del é pouco e irrelevante. É grande como o Universo.
Grazas a Miguel, a voz de Folk-A-Tones (publicidade subliminal, a ver se devolvo algo do que recibo). Grazas por acudir a todas as chamadas de forma completamente desinteresada, grazas por emprestar un anaco de talento a Elemental, grazas por estar.
Falamos de Elemental, lembramos a Geni, recitamos, cantamos (Miguel que é o que sabe), tocamos (Dani e Miguel), vivimos...
Grazas a todo a xente que acudiu: a miña familia, a xente de Eira Vella, algún libreiro, algún/algunha mestra e a todos os que non podo encadrar en ningunha categoría pero sei que alí estaban. Un cariño especial para Belén, Isabel e Ana (que me deu moita confianza que estiveran ese día tan preto de min!).
E grazas a Caixa Galicia por deixarnos o seu espazo. |