estás a falarme a min?


estás a falarme
a min?
(Taxi Driver)

O meu perfil
-ekis1331@hotmail.com-
 categorías
 imaxes
 outras voces
 anteriores
 arquivo
 buscador
 buscarblogs

N.W.A
Na hiphop-teca de hoxe, e á luz dos vergoñantes acontecementos policiais desvelados en Coslada, non podo atopar ocasión máis oportuna para referirme ó grupo de hip-hop (e non só do hip-hop) máis polémico da historia, N.W.A (Niggaz with attitude, Negros encabronados)

Eles destaparon a caixa dos tronos, foron os primeiros en denunciá-los abusos policiais (e maldecilos; Fuck the Police) ós que viñan sendo sometidos nos ghettos da gran cidade (ou polo menos os primeiros en facelo con tal contundencia), neste caso, en Comptom, Os Ánxeles, por parte dunha policía tan neglixente como corrupta.
Pero non só falaban de abusos policiais, falaban de todo un sistema de vida amparado na ilegalidade e os seus violentos mecanismos, que á súa vez estaba inducido por unha abafante carencia de perspectivas e de medios sociais e educativos; e facíano coa máis obscena espontaneidade, sen ningún tipo de cortapisas morais ou estéticas, algo nunca visto anteriormente nas TV Screens da xuventude norteamericana, o cal lles mereceu todo tipo de polémicas e censuras.
O caso é que esa realidade estaba ahí, debaixo da alfombra, pero estaba ahí, e con N.W.A tomaba posición na mesiña do salón de estar.

A partires deles, o negocio do rap comezaría a tomar corpo coma eso, negocio, no detrimento dunha concepción máis cultural e de movemento comunitario.
Con eles nacería a new school, pero tamen, o gangsta rap, con eles chegaría o bling bling e o girls, drugs´n´guns, eles acabarían por exculpar ó capitalismo salvaxe das súas propias miserias para renderse a el e exprimilo todo o posible sen importarlles exprimirse a si mesmos, e así tamen chegaría a alerta ante o black on black crime (unha expresión para definir a autodestrucción na que a comunidade afroamericana caera presa) que xente coma Public Enemy combatirían activamente.…

Sen embargo, hai algo que atenúa a súa culpabilidade, e é que eles foron os primeiros en rapeá-la vida puta do ghetto non coma un medio, senon coma un fin en si mesmo, eran eles e era a súa vida, e punto.

Mención aparte habería que adicarlle a cada un dos seus membros, i é que N.W.A era algo así coma un All Star Team da N.B.A. Pero quedareime cos tres nomes máis importantes, a saber; Ice Cube, Eazy-E e Dr. Dre.
E non vou dicir máis, a calquera de vós que lle dé por iniciar unha búsqueda en Google con calquera destes nomes atopará que non sabe por onde comezar, a min pásame o mesmo.

Auténticos.
Keepin´ it real.




Voces (0) - Categoría: HipHop-teca - Publicado o 16-05-2008 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Alice in Chains, Smashing Pumpkins, Enemigos...






Voces (12) - Categoría: Música - Publicado o 02-05-2008 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Anxos do Universo

Fóra vai frío.
Ás veces déitome de pé eu só na escuridade.
Ás veces déitome coma unha illa no xélido mar e tremo cos arrepíos.
Baldvin, o rei de Inglaterra, tiña razón: non coidei ben dos meus anxos.
Hai tempo que caeron á terra e vagan coas ás cortadas polos corredores desta casa misteriosa, onde os días pasan no preguiceiro vacío de todo o que desapareceu, se queimou ou se perdeu.
Fóra vai frío.
As cristas brancas das ondas érguense no mar, agora negro e proceloso coma a escuridade do espazo. As luces de Akranes escintilan ao lonxe coma unha cidade de ouro, mais a cidade discorre por costas e cuíñas, igual ca un electricista que se extraviou entre as luces.
Frío é o vacío que hai no espazo exterior, frías as luces do corredor e os ollos da muller que vixía dende a mira, frías as menciñas que hai na bandexa.
Agora as estrelas ollan para o hospital, e a soidade das enseadas é escura.
Quizais Chagall podería ver vacas voando se estivese aquí, onda a ventá na que estou eu, mirando as rizadas ondas e o negro mar.
Ás veces oio os violíns do mundo.
Ás veces vexo os montes nevados camiñar pesadamente.
Unha vez vin voar bruxas nas súas vasoiras, máis era a noite de fin de ano e a xente lanzaba fogos de artificio.

Vou rubindo ata o cumio e toco as estrelas cos dedos. Collo unha nube e póñoa ao pescozo coma se fose unha bufanda. Voo cos paxaros e desaparezo coma unha balea nas profundidades.
Estou tentando estudar as pinceladas: como está debuxado o tempo, como está pintada a vida, quén é o artista desta estraña obra.
Contemplo a inmensidade, vexo o negro mar, a escuridade, o frío e as luces. Agora estou dentro do castelo que Bergsteinn pintaba cando o sol lucía, dentro do círculo, detrás da escuridade das ventás, máis alá das pinceladas.

Anxos do Universo, de Einar Már Gudmundsson,
Rinoceronte Editora.



Voces (8) - Categoría: Literatura - Publicado o 01-05-2008 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
GZA

[…] Como artista tes unha voz, ó igual que un político. Tes unha voz e a xente escóitate. E como músico que ten centos de miles de fans, deberías ter algo que contar, algo que alumee ou lle dé poder a outros. […] Así que se non das nada, se te pasa-la vida rimando sobre zapatillas, cadenas, coches… recibes, porque gañas diñeiro, pero non ofreces nada. E iso tamen amosa a limitación da túa metalidade. É importante coñecer determinadas cousas, estar educado en determinadas materias… Incluso aprender unha palabra cada día. Eu fai anos que o fago, e iso é algo que axuda.[…]
[…]¡Que volte a orixinalidade! Todo é demasiado igual… ¡Deixade de copiar! Non me importa qué coche conduces, non me importan as túas llantas…. ¡Non me importa! […] (GZA pon unha voz ridícula e canta) “Estou no meu Bentley, co meu navegador, podesme atopar na sala VIP, pago unha barra libre… ¿A quén lle importa?. Para min é cursi. Agora a xente di, “GZA é un hater, é un rapeiro old school…”. Pero o que si sei é que en concerto rapeo tódo-los temas de Liquid Swords e vexo a 2.000 rapaces de 15 anos (el ten 41) cantando cada palabra. Gustariame ver a calquera desos artistas do feixe que agora riman sobre cadeas e coches ser capaces de facer iso. Nen sequera 50Cent será capaz. Dentro de dez anos, non será capaz de tocar Get Rich or Dye Crying fronte a rapaces de 12 anos que coñezan os seus discos. De ningunha maneira. Iso non vai pasar.[…]
[…] Cando escoito rap agora , moito do que poñen agora na radio ou na televisión, é como ”gugú-tatà”, como se escoitaras falar a un bebé. É tan predecible. […] Estabamos tan adiantados á nosa época que ata podo ver a onde queren chegar os novos rapeiros. Así que, ¡¡traede de volta a orixinalidade!![…]

Sobre a política dos Estados Unidos


[…] Penso que esta carreira electoral é un espectáculo e non importa realmente quén a gañe, porque vai sé-la mesma cousa a non ser que nós, como pobo, xeneremos un cambio, poñamos os pés no chan e digamos: “Non estamos dispostos a isto”. E ata entón todo será igual. Non importa, porqué, como escoitei fai tempo, é que non se trata de a quén “eleximos”, senon de a quén “seleccionan” eles… Penso que as eleccións axudan nas comunidades pequenas, pero cando falamos de eleccións presidenciais, está apañado. Aliméntannos con mentiras e drogas cada día. Cada día hai unha nova droga na televisión, cos seus efectos secundarios. É como cando ós nenos lles dás un caramelo. Drogas, azúcar… Comida, drogas… ¿Quén se pode fiar deles?

(Extracto da entrevista a GZA recollida no número 21 da revista SERIE B)


Voces (4) - Categoría: HipHop-teca - Publicado o 27-04-2008 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
MARCEL DZAMA

Marcel Dzama naceu hai 34 anos en Winnipeg, Canadá, ese estrano país do que, aínda sendo unha das oito maiores potencias económicas do mundo, case nunca temos noticias, e na súa bandeira (que sempre me pareceu, xunto coa do Líbano, a bandeira máis bonita de todas) parece rendirlle homenaxe ó Outono e á melancolía.

Dzama é un artista que coñecín polo seu maravilloso traballo artístico na edición especial do disco Guero, de Beck.

A súa obra é a dun adulto que quere mirar con ollos de neno, así; as referencias espaciais son mínimas, a distribución dos elementos irregular, por momentos abrollan distorsións anatómicas propias da rudimentaria técnica infantil, as gamas cromáticas, aínda que frías, son sinxelas e directas.

O adulto mira e o neno interpreta.

Atmósferas inquedantes e opresivas producto da irracionalidade, esceas cotiás que deveñen en fenómeno extraordinario de maneira inesperada e agresiva.

A natureza, a animal e mai-la vexetal, pero tamen a dos obxectos e os acontecementos, adquire características perversas, sempre como
consecuencia da súa interacción cos humáns, xa que é profanada e manipulada desproporcionadamente por estes.

Aquí poderedes aproximarvos un pouco máis á súa obra.
Voces (2) - Categoría: Artes - Publicado o 25-04-2008 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xa vai chegar o qué...!


¿Quén dixo que o nihilismo era pesimista?
Se algo nos pode causar ós humans maior desacougo iso é a nosa condición mortal, desacougo que ó longo da historia ten sido aproveitado polo Poder en tódalas súas versións; o relixioso (pecado mortal), o político (pena de morte) e agora máis que ningún outro, o empresarial (¡eterna e maleable xuventude!), para manter sometida a nosa vontade.
Polo tanto, a aceptación da nosa débil natureza e dunha visión non determinista da existencia, son actitudes claves para unha ampla formulación da idea de liberdade e dende logo para a súa levada á práctica, aforrarmos enerxías en mellorá-lo noso destino permitiranos empregar novas forzas para disfrutar o presente e modificalo, aquí e agora.
Neste poema, o noso poeta acepta a súa inevitable fin con entusiasmo, non a lamenta, tampouco a agarda dende a frialdade, senon que procura o seu encontro na intensidade do presente e tamen con certa retranca.
Voces (3) - Categoría: Manoel-Antonio - Publicado o 21-04-2008 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Sinais de vida















Voces (5) - Categoría: Música - Publicado o 12-04-2008 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
THE DARJEELING LIMITED
A teoría do caos non é máis que a constatación de que o universo se valida no equilibrio das forzas que o xeneran… en tempo, espacio e materia…
E así, con esta ousada sentencia, e orguioso da miña condición de home de letras nada orguioso da miña absoluta incapacidade para as ciencias, declárome metafísico, e de paso reivindico entusiasmado “The Darjeeling Limited”, a última película dun director, Wes Anderson, ó que seguirei con lupa a partir de agora.

Tres irmáns, completamente antagónicos entre si, e distanciados no espacio e no afectivo, emprenden ó longo das míticas místicas terras da India, unha "viaxe espiritual" que os achegue á súa reconciliación no presente, co pasado.

A partir de aquí, hei de dicir que me resulta admirable a milimétrica mecánica visual, de alquímica orfebrería, que engrana a historia. Por si mesma provoca atención, neutraliza a eventual pasividade e dinamiza a propia historia dun xeito que poucas veces teño apreciado… o feito é que esta narrativa visual acaba por constituírse en mesaxe por si mesma, paralela e complementaria do fondo argumental da película, unha mesaxe que nos fala dalgo tan oriental como é a atención polo detalle aparéntemente insustancial, a relevancia tan determinante do matíz, de todo o que non vemos cos ollos da voráxine, a non infravaloración da minúscula enerxía que provoca o vóo dunha volvoreta…

En canto ó guión, direi que está apoiado nunha gran interpretación actoral, e que o considero un xogo de malabarismo emocional dominado pola comicidade e definido polo equilibrio, con espacio para a frivolidade pero coa seriedade e o respecto necesarios para en determinados momentos gañar un peso dramático verdadeiramente catárquico.

A mellor película que vin en moito tempo... prometido.




Voces (3) - Categoría: Cine - Publicado o 02-04-2008 02:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Metarreflexión

"Winston deixou caé-los brazos ós seus costados e voltou encher de ar os pulmóns. A súa mente deslizouse polo laberíntico mundo do dobrepensar. Saber e non saber, atoparse consciente do que é realmente verdade mentres se din mentiras coidadosamente elaboradas, manter simultáneamente dúas opinións sabendo que son contradictorias e crer sen embargo en ambas; empregá-la lóxica contra da lóxica, repudiá-la moralidade mentres se recorre a ela, crer que a democracia é imposible e que o Partido é o gardián da democracia; esquencer canto fora necesario esquencer e, sen embargo, recorrer a elo, volvelo traer á memoria cando fose necesario para logo esquencelo novamente; e, sobre todo, aplicá-lo mesmo proceso ó procedemento mesmo. Esta era a máis refinada sutileza do sistema: inducir conscientemente á inconsciencia, e logo facerse inconsciente para non recoñecer que fixera un exercicio de autosuxestión. Incluso comprender a palabra dobrepensar implicaba o uso do dobrepensar."
(Do libro "1984", de George Orwell)


"Fálase de educación política no lugar de practicá-la educación para a política; confúndese o adoctrinamento ideolóxico e político coa preparación para unha libre e ampla reflexión encol da natureza dos poderes, as súas compoñentes e as forzas que actúan en e a través das institucións; o despertar da conciencia política e o desenvolvemento das virtudes do indivíduo democrático vense sustituídos pola formación da persoa uniforme e dócil."
(Do libro "Aprender a ser" de Edgar Faure)


"Pensar é sempre un acto de desobediencia, non só con respecto ós contidos que o Poder propón, senon ó que o mesmo pensamento cristaliza. A área do pensar sería o derradeiro reducto habitable da liberdade nun medio cada vez máis dividido entre a conformidade da opinión condicionada e a repulsa radical -e xusta- de todo condicionamento emanado dos sistemas ou aparatos de Poder, calquera que sexa a cor distes"

(Jose Ángel Valente)


Voces (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-03-2008 01:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Peace Frog
É certo… as bandas vermellas da bandeira dos Estados Unidos de (Norte)América (o feito de que na nomenclatura do seu país obvien ó resto do continente é ben escrarecedor) ben poderían ser regueiros de sangue, que (tomando como referencia a mesma e pensando de dereita a esquerda) se elevan dende as profundidades da terra/ Historia/ psique, ata a aleatorieridade do firmamento/orgullo/impostura.


Cada día remata no seu comezo, a mentira comeza e remata en si mesma, sen solución de continuidade,
o tempo obsérvanos sen ningún interés, mais
tratamos teimudamente de impornos sobre el,

imbéciles.

A muller/avoa/nai/temperanza india ofreceu a súa man/natureza/sabedoría e nós (todos sen excepción) cortámosllela sen nen sequera mirala ós ollos.
E todo o que nos comporta nace dese regueiro de sangue que brotou na ignorancia/soberbia/cobiza/morte.
Ás veces dubidámonos e queremos darnos morte. O Universo ampárase no equilibrio.

Jim Morrison era un neno (pijo, porque non dicilo) cando nunha viaxe en automóbil cos seus pais e percorrendo unha estrada inquedante (por demasiado agreste e lonxana da comodidade/tranquilidade/uniformidade acostumada) se atopou cunha escea tráxica atrezzada por un carro sinistrado, na que un grupo familiar indíxena se atopa ciscado encol do ensanguentado asfalto; indians scattered on dawn´s highway bleeding… tempo despois, deu na conta de cales eran as orixes do seu país, agromadas na violencia do poder… e enton… creo… escribíu esta canción:





Hai sangue nas rúas, chégame ata os nocellos,
(Ela Chegou)
Sangue nas rúas, chégame ós xeonllos,
(Ela chegou)
Sangue nas rúas da cidade de Chicago.
(Ela chegou)
Sangue no amencer, perségueme.

Pensa sobre o remate do día.

Ela chegou e conduxo lonxe,
luz solar sobre o seu cabelo.

(Ela chegou)
O sangue nas rúas percorre un río de tristura,
(Ela chegou)
Sangue nas rúas, chégame ás coxas,
(Ela chegou)
Si, o río desce rubí as pernas da cidade.
(Ela chegou)

As mulleres están a chorar vermellos ríos de pranto.

Ela chegou á cidade e conduxo lonxe,
luz solar sobre o seu cabelo.

Indios ciscados encol da estrada do solpor, sangrantes,
As pantasmas ateigan a fráxil mente de cáscara de ovo do rapaz.

Sangue nas rúas da cidade de New Heaven,
Sangue tinxe os teitos e as palmeiras de Venice,
Sangue no meu amor neste terrible vrao,
Sanguiñento sol rubí da Fantástica L.A.

O seu cerebro berra sangue mentres eles mutilan os seus dedos,
Sangue que agromará no alumbramento dunha nación,
O sangue ven se-la rosa dunha misteriosa unión.

Sangue nas rúas, chégame ata os nocellos,
Sangue nas rúas, chégame ós xeonllos,
Sangue nas rúas da cidade de Chicago,
Sangue no amencer, persígueme….

(Por certo, recomendo o visionado de No country for old men, é posiblemente a película menos comercial da historia do cine (norte)americano en ser premiada cun Óscar, e ven moito ó caso do aquí exposto.)
Voces (10) - Categoría: The Doors - Publicado o 22-03-2008 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
contador gratis