Ei carballeira !!!


IES J. Carballeira Bueu. Departamento de galego


Ei, carballeira. Ti polo monte e eu pola beira.

Ei carballeira! A quen me dea un pau, doulle un peso!

Se lonxe da terra oes tocar unha muiñeira tes que chorar de alegría e berrar: Ei carballeira!!









Aturuxadoras
ei.carballeira@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novidades!


Déixovos o primeiro número da famosa revista... Xa era hora! Teñen edición en Arxentina, México, Perú... ata en Brasil! E nós que? Tamén queremos saber o que pasa coa aristocracia na nosa lingua!!
E ver as casas dos galegos e galegas famosas!! He, he.

Seica outros grupos editoriais andan a considerar tamén esta idea. Non queren perder cota de mercado. Disque van dar unha sorpresa para o día das Letras Galegas. Vós oístes algo? Espero que sexa verdade.

Aturuxo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-04-2014 08:12
# Ligazón permanente a este artigo
Un poema...
Aínda que cun pouco de retraso, un poema da miña amiga Montse para celebrar o Día Mundial da Poesía.


Imaxino on PhotoPeach



Espero que vos guste e que vaiades elixindo os vosos poemas.
Aturuxo (0) - Categoría: Actuando - Publicado o 24-03-2014 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Uns consellos útiles...
Como imos empezar en breve coas exposicións serias, achégovos unha presentación cunha serie de consellos sobre os erros máis habituais nos que incorremos cando falamos en público.







Espero que vos sexan de utilidade.


Aturuxo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-03-2014 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
O buraco na parede... unha fiestra a outros mundos!
Resulta curioso que mentres nós -profesorado do 1º mundo- rompemos a cabeza tratando de interesar ao noso alumnado coas novas tecnoloxías, noutros recantos da Terra a rapazada -moi espelida- manéxase pola súa conta. É incribel observar como son quen de manexar un ordenador, aprender inglés e... ata biotecnoloxía. E todo isto, sen ningunha axuda.

Tras experimentar durante nove anos nas máis pobres zonas rurais do seu país de orixe, o científico indio Sugatra Mitra -hoxe profesor de Tecnoloxía na Universidade de Newcastle- chegou a unha arriscada hipótese: co uso dos ordenadores e de internet os rapaces e rapazas poderían prescindir das aulas na súa aprendizaxe.

Sugatra Mitra foi o gañador do premio TED do pasado 2013 co seu proxecto "Buraco na parede" (Holl in the wall) O seu desexo: "Axudar a deseñar o futuro da aprendizaxe, apoiando os nenos de todo o mundo a conectar co seu sentido innato da admiración, cuestionamento e de traballo en grupo. Axudádeme a construír a Escola na Nube, un laboratorio de aprendizaxe na India, onde os nenos poidan embarcarse en aventuras intelectuais participando e conectándose coa información e acompañándose online?

Podedes ver a súa intervención de 20 minutos no TED 2013:


)



Para máis información:

- Narración do seu experimento.

- Educación minimamente invasiva.

- Unha entrevista con Sugatra Mitra.

- A propia páxina de Hole in the wall


E, para rematar, unhas palabras do investigador educacional para reflexionar:

Un profesor que poida ser reemprazado por unha máquina, debería ser reemprazado! Así pois, en vez de proporcionarlles malos profesores, creo que é mellor que lles deamos máquinas!



Así que... xa vedes, queridas alumnas e alumnos, o fácil que sería librarvos de nós! Só tendes que mostrar interese e curiosidade por aprender!

E para o profesorado... Ao mellor non deberiamos queixarnos tanto da falta de motivación do noso alumnado... Se tivesen máis interese, ao mellor, xa estabamos obsoletos!!
He, he ;)

Aturuxo (0) - Categoría: Comentade - Publicado o 11-03-2014 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Estamos de volta!

Tras unha longa paréntese, o blog Ei,carballeira! regresa para seguir dando guerra cos seus aturuxos.

Mantemos os propósitos iniciais de informar sobre noticias de actualidade sobre o departamento de galego e sobre a nosa lingua/literatura, pero, sobretodo, este blog aspira a ser unha ferramenta dinamizadora do traballo desenvolvido nas aulas.

Seguiremos informando.

Esperamos vervos por aquí, escoitar as vosas opinións... porque, xa sabedes... esta é a vosa casa!


E mentres tanto... un longo aturuxo gherreiro...

EI CARBALLEEEEIRA!!!
Aturuxo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2014 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas... con amor
Cantigas a milleiros. A maioría amorosas. Dende a Idade Media.

As nosas cantigas de amigo... Algunhas conservadas coa música medieval orixinal, como as de Martin Codax:



Outras musicadas no s. XX. Como a versión de Amancio Prada da cantiga de Pedro Eanez Solaz:


Eu, velida, non dormia,
lelia doura,
e meu amigo venia*,
edoi lelia doura!

Non dormía e cuidava,
lelia doura,
e meu amigo chegava,
edoi lelia doura!

E meu amigo venia,
lelia doura,
e d'amor tan ben dizia,
edoi lelia doura!

E meu amigo chegava,
lelia doura,
e d'amor tan ben cantava,
edoi lelia doura!

Muito desejei amigo,
lelia doura
que vos tevesse comigo,
edoi lelia doura!

Muito desejei amado,
lelia doura,
que vos tevesse a meu lado,
edoi lelia doura!

Leli leli, par Deus, leli,
lelia doura,
ben sei eu quen non diz leli,
edoi lelia doura!

Ben sei eu quen non diz leli,
lelia doura,
demo x'é quen non diz lelia,
edoi lelia doura


A principios do século XX o neotrobadorismo, baseándose nos temas e recursos da cantiga de amigo, versionou este xénero medieval conseguindo poemas orixinais mais cun certo "aire" medieval...
Así, en Quen puidera namorala Luís Emilio Batallán ponlle música e voz ao poema de Álvaro Cunqueiro (regravada para a película Pradolongo de Ignacio Vilar):



Nas cantigas de amor, en cambio, escoitamos a voz masculina do trobador. Amancio Prada tamén musicou algunha cantiga de amor medieval, como esta de Bernal de Bonaval:


A dona que eu am'e tenho por senhor
amostrade-mi-a, Deus, se vos én prazer for,
senón dade-mi a morte.

A que tenh'eu por lume destes olhos meus
e por que choran sempr', amostrade-mi-a, Deus,
senón dade-mi a morte.

Essa que vós fezestes melhor parecer
de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer,
senón dade-mi a morte.

Ai Deus!, que mi a fezestes máis ca min amar,
mostrade-mi-a u possa con ela falar,
senón dade-mi a morte.


Por outro banda, temos cantigas amorosas populares, como E ti vira, vira interpretada por Saraibas.




En fin, o amor!!! Suspiro. Ese sentimento universal inspiración de tantas cantigas e poemas.
Así pois... imos facer o noso "remake" persoal dunha canción romántica. A nosa versión en prosa (se hai poetas no lugar... tamén poden facelo en verso)

Podedes buscar en calquera idioma. Velaquí algúns exemplos...

Primeiro en galego:

1.-Lela: Os vellos non deben de namorarse de Castelao, interpretada por Eva Carreras.



2.- Ameite tanto de Pilar Pallarés interpretada por Fanny + Alexander.



3.- Corpiño xeitoso de Andrés do Barro , da película En la red de mi canción. (Esta escolleuna NINA)



E en portugués... Eu nao sei que mais podo ser de Pedro Abrunhosa (selección de CACHO; perdón, pero non atopei Tempo)


Eu não sei, que mais posso ser
um dia rei, outro dia sem comer
por vezes forte, coragem de leão
as vezes fraco assim é o coração
eu não sei, que mais te posso dar
um dia jóias noutro dia o luar
gritos de dor, gritos de prazer
que um homem também chora
quando assim tem de ser

Foram tantas as noites sem dormir
tantos quartos de hotel, amar e partir
promessas perdidas escritas no ar
e logo ali eu sei...

(Que) Tudo o que eu te dou
tu me das a mim
tudo o que eu sonhei
tu serás assim
tudo o que eu te dou
tu me das a mim
e tudo o que eu te dou

Sentado na poltrona, beijas-me a pele morena
fazes aqueles truques que aprendeste no cinema
mais peço-te eu, já me sinto a viajar
para, recomeça, faz-me acreditar
"Não", dizes tu, e o teu olhar mentiu
enrolados pelo chão no abraço que se viu
é madrugada ou é alucinação
estrelas de mil cores, ecstasy ou paixão
hum, esse odor, traz tanta saudade
mata-me de amor ou da-me liberdade
deixa-me voar, cantar, adormecer.


En italiano... Morirò d'amore de Jovanotti


Días libres xa non hai, de veras,
días que poida estar mesmo unha hora sen te ver.
O noso amor é unha historia a tempo pleno:
24 horas, 7 días, 12 meses.
Podo estar en apnea dous minutos,
mais tras tres segundos morro se non te respiro ben.
Podo xaxuar un día ou ata tres,
mais non podo estar unha hora sen comerte.

Que é o que pasa? Non o sei.
Que me deches? Non o sei.
Só sei mesmo que se vas marchar,
eu morrerei.
Que é o que pasa? Non o sei.
Que me deches? Non o sei.
Só sei mesmo que de non quedar?
eu morrerei de amor.

Son a pera a esperar na póla,
mais se non me colles logo caio á terra e murcharei.
Son o enchufe a pasmar no muro,
mais non vallo nada se ti non pos ?electricidá?

Que é o que pasa? Non o sei?

A miña vida pende só dun fío
e ese fío é dependente dese amor que ti tes por min.
De pesar o meu corazón ao quilo,
Comprobarían só que pesa exactamente coma ti.

Que é o que pasa, non o sei?



E esta son as cancións que escolleu o resto da clase:

ALEJANDRO: Princesa de Joaquín Sabina.

ÁLVARO: Yolanda de Pablo Milanés.

ANGÉLICA: Un año de amor de Luz Casal.

DAMIÁN: No me amenaces de La Tuna Rastafari.

JENNY: de Metallica.

JOSE:

MARI: de Alejandro Sanz.

MELINA: Que te puedo dar de Victor Manuel.

NEREA:

ROMINA: Ayer soñé de Benito Kamelas.


Listo... E agora... Inspiración!!!
Aturuxo (0) - Categoría: Re-interpretando - Publicado o 03-04-2009 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
Os chinja chinja
Hai que ver o que se atopa buceando no youtube? Moitas sorpresas!
Ex-alumnos e alumnos actuais: pintando a mona, cantando, saltando?
Que non se diga que non sabedes utilizar as novas tecnoloxías?

Iniciamos esta sección espiando o que fai a nosa xente máis creativa fóra das aulas.
Se o fósedes tanto dentro delas?

Velaí vai o novo animal lendario galego, como o gatipedro ou un biosbardo calquera... O CHINJA, CHINJA!!!

..coa diferenza de que este foi gravado en directo e? ata lle gusta Leño!

En fin? viva a modernidade!!!!




Case me esmendrello!
O da Palestina á cabeza, a palla na boca e o pau na man... mundial! Óscar á maquillaxe e ao vestiario!
Non vos perdades os seguintes capítulos que tamén están moi ben...

Estes mesmos comediantes tocaron no Johan Carballeira o ano pasado... Lembrádesvos??




Que?? Recoñedes os artistas???

Aturuxo (0) - Categoría: Fedellando pola rede - Publicado o 26-03-2009 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Poetizando: primavera e poesía
Dende o ano 2000 a UNESCO celebra o 21 de marzo o Día Mundial da Poesía, un tributo á palabra poética. Este día coincide co equinoccio de primavera, de aí que en Europa se coñeza co nome de Primavera dos poetas. Para avalar esta commemoración a UNESCO lanzou o seguinte comunicado:

É evidente que unha acción mundial a favor da poesía daría un recoñecemento e un impulso novo aos movementos poéticos nacionais, rexionais e internacionais. Esta acción debería ter como obxectivo principal soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas.

Este día celébrase en diversas cidades do mundo como París, Amsterdam, Berlín ou Bogotá, con actos multitudinarios e lecturas múltiples nos lugares máis diversos.

Tamén desde este blogue nos unimos ao evento e lembrámosvos que preparedes os vosos poemas.
Chegou a primavera e calquera día é o ideal para a poesía? sobre todo para recitala!
Seguro que xa tendes un poema preferido co que deleitarnos.


E como aperitivo, por se queredes inspirarvos...


...un video-poema de Iolanda Castaño do seu O libro da egoísta (Galaxia, 2003):


Pero eu, filla das miñas fillas, hei desmantelar a golpe de deslumbramentos esta aciaga militancia dunha yolanda emigrante de min.
Eu, a soberana estéril, a por desgracia egoísta.
Debo tasar a dose exacta de memoria e esquezo.
Así a miña visión da vereda é un rostro dende atrás.
Todas as escuras raigames que se nacen en min.
Non hai dirección que non me conteña, raza que non en min se comece e filas de díxitos extendendo para min os seus dedos ferais.
O que interesa son os meus pasos.
Coma un bosque de símbolos do que a miña ignorancia é significativa.
Moito deixarse a pel pero eu non quixen aprender a chegar.
Xardín exiguo, vento pechado de mans, infinita cuadrícula.
Renuncio ó lugar do alento.
Quero aprender a saír.

Hai tempo que un animal vive nutríndose do esquezo.
Pero eu son a ventrílocua, eu, a tirana louca, a analfabeta.
Co magnífico libro das venturas agochado na vulva.
A que non comprendeu nada pero sentiuno todo.
Son a ventrílocua, a que corre cantando polos corredores de chumbo, con voz de pizarra.
E abortar foi unha obriga, unha necesidade fonda, un desafío.
Para cando o pálido manto da miña memoria se vai cubrindo desta pel que eu serei.
Que todas as noites con devoción escribo arrebatadoras cartas de amor e nas madrugadas panexíricos a esta yolanda mesquiña, que sabe venderse e coñece o final.

Son eu na cripta e o meu nome dentro debuxado de tiza. Habitacións concéntricas.
Que a miña intelixencia non compre o meu sentido.
O tacto, o privilexio, as ganas de tirarse.
Nin a miña cabeza será escrava do meu orgullo.
Yolanda a soldada, a comerciante.
Porque eu son a que nin agarda.
Son o auriga do ardente carro.
A egoísta porque está soa.
Que tanta calamidade me satisface, porque a miña beleza fundará dinastías.
E entón será ir cunha minuciosidade de devota
recolleitando eses minúsculos e ditosos pedaciños de espello roto que eu son.
Yolanda farame un fogar paupérrimo entre os seus brazos de mundo
e así aprenderei a inenarrable alegría de ter casa.

E entón virá ese postrímero advento e A Verba farase carne.
E eu direi: Eu son a da única estirpe de Adnaloy,
a que estenderá os seus dedos flamíxeros sobre o horizonte,
a que baixará e despois se despoxará do seu manto e vestirá un saial,
e logo reclinarase e dará de comer o seu corazón ás bestas.



... ou un poema de Ricardo Carballo Calero: María Silenzo do seu libro O silenzo axionllado (Nós, 1934) versionado por Fanny + Alexander (Finais do 70's, comezos dos 80's, 2007):



MARÍA SILENZO

Cabeleira de choiva, ollos de brétema:
María Silenzo, esfarrapada, á espreita.
Sempre agardando, pola noite, ás barcas.
A túa anguria fala con olladas.
María Nocturna: no peirán, ¿qué esperas?
¿Polo día non vives?
¿Naces cada solpor? ¿Cás da primeira estrela?
María Silenzo, sempre dura e muda...
¿Cál é a barca que agardas?
Das fontes dos teus ollos
fluíen ríos de sono.
Pero tí sempre dura e desvelada,
batida polo vento, no peirán...
María Silenzo, eu roubaría
no ceo
a estrela de mel,
na iauga
a estrela de prata,
pra che mercar a fala.
Se queres ulir frores
dareiche a fror da lúa.
María do Mar, ¿qué barca agardas?
¿Queres o sol, carne de lúa fría?
O sol é un porco-espiño disfrazado.
No mar agora, ourizo de mar, durme.
Pescado pola cana do abrinte,
heicho de dar, raiolante e mollado.
¡María Silenzo, Voz Dormida: fala!
¿A que afogado esperas,
María da Sombriza Espranza?
María Silenzo: ¿agardas a túa voz?
¿as ondas do mar levado roubároncha?
De choiva e vento vestida,
María Silenzo, calada...



E outro "invento"... de María Lado: Percebes, do seu poema libro Nove (Ed. Fervenza, 2007)



Algo máis comprometido... Deitado fronte ao mar de Celso Emilio Ferreiro na voz de Dios ke te crew




Por último algo do XIX... Negra sombra de Rosalía nun concerto de Astarot. E continúan o concerto con Lela de Castelao (Os vellos non deben de namorarse)




Veña, xa sabedes... Devecemos por escoitar as vosas voces!


* E para rematar algúns enlaces do mundo poético galego na voz das creadoras e creadores:

Sara Jess

Antía Otero

María Lado

Estíbaliz Espinosa

Manuel Seixas

Marta Dacosta

Videoteca da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)
Aturuxo (0) - Categoría: Re-interpretando - Publicado o 24-03-2009 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Enormes miudezas
Soa o espertador... ala, a erguerse... e, de súpeto... non! É sábado!!!

Felicidade suprema!!!






Ah! Esas pequenas cousas que fan que a vida sexa ás veces marabillosa e ás veces ben, ben, molesta.
Todo o mundo podería facer unha lista inmensa só con reflexionar un cacho. A ver, deixa que pense...
Pois diso se trata, de que elaboremos a nosa lista.


Algúns exemplos tomados da Gramática insubordinada (Obradoiro de Lingua Gianni Rodari):

GÚSTAME

O arrecendo da terra despois da chuvia, o doce de marmelo que fai a miña dona, os cómics de Miguelanxo Prado, pasear polas rúas de Pontedeume, as historias que escribe Darío Xoán Cabana, as granadas, andar en bicicleta, os ollos de Jean Simmmons, a noite de San Xoán, ir coller moras coa miña filla, ler cómics, andar pola fraga do Eume, os relatos de Lovecraft, toda clase de ensaladas, escribir cartas, recibir cartas, as cereixas, o arrecendo a pan fresco, as ilustracións de Xan López Domínguez, as filloas da miña nai, A illa do tesouro, as poesías de José Ángel Valente, o peixe ao forno, escribir pola noite cando todo está en silencio, mirar as estrelas, as rapazas que debuxa Fran Jaraba, as rosas, as noces do país, Cristopher Lee cando interpreta a Drácula, os dinosauros, a pintura de Paul Klee, remexer nas librarías, o roscón de Vilalba, os caligramas, Blade Runner, as esculturas de Leiro, os anuncios por palabras, Xaquín Marín, a física das partículas subatómicas, todo o que escribe Méndez Ferrín, a neve, a praza da Quintana, as cerdeiras cando botan flor, as películas de Hitchcock, Bilal, a miña filla tocando o clarinete, mirar quioscos, a pintura de Van Gogh, o arco da vella, o mundo do antigo Exipto, os relatos de Cortázar, as estrelas fugaces...

NON ME GUSTA

Barbearme polas mañás, os profesores que pegan, a astroloxía, a salsa bechamel, os atascos de choches, Rambo, ler na praia, o racismo, os incendios forestais, o periodismo amarelo, o reparto desigual da riqueza no mundo, as cacas dos cans polas beirarrúas, que O señor dos aneis non dure infinitamente, os doces de nata, as alarmas dos coches, os aguacates, as beirarrúas estreitas, a caza das baleas, andar ás présas, a obsesión polo consumo, a xente que maltrata os animais, aparcar o coche, as persoas machistas, os ríos contaminados, a idea de que poidan poñer publicidade no espazo, os espertadores, as escopetas de balotes, o deterioro da natureza, os zapatos de plataforma, os reloxos dixitais, os contos con moralina, os debuxos infantís copiados, os bares con nome ianqui, a hipocrisía, as acelgas, falar por teléfono, as persoas que desprezan o galego, os rotuladores fluorescentes, os abrigos de pel, os atascos, as plantacións de eucaliptos, o ruído das motos, as mesas de formica, os cortes publicitarios, os que se cren superiores porque teñen máis cartos, as prazas sen árbores, as sopas de sobre...

Agustín Fernández Paz
Rapazas, 1992
(Di o Agustín que os seus gustos mudaron co tempo)


GÚSTAME

A ensalada, a canela, o queixo.
Os pementos, a pasta de améndoas.
O recendo do feo acabado de cortar (gustaríame que un perfumista fabricase ese arrecendo)
As rosas, as peonías, as lavandas, o champaña.
As posicións lixeiras en política.
Glenn Gould, a cervexa fría de máis,
as almofadas planas, o pan torrado, os habanos, Haendel,
os paseos comedidos, as peras, os pexegos, as cereixas, as colores,
os reloxos, as estilográficas, as novelas realistas, o piano, o café.
Pollock, Bretch, Verne, Fourier,
Eisenstein, os trens,
ter cartos,
Bouvard et Pecuchet.
Camiñar ao serán e en sandalias polos carreiros do sudoeste.
Os irmáns Marx,
o xamón do país ás sete da mañá saíndo de Salamanca,
etc.

NON ME GUSTA

Os caniches, as mulleres en calzas,
Miró,
as tautoloxías, os debuxos animados, Rubistein,
o serán, Satie, Bartók, Vivaldi,
telefonar,
os coros de nenos, os concertos de Chopin,
as danzas do renacemento, o órgano,
M. A. Carpentier,
as súas trompetas e os seus timbais,
o político-sexual, as escenas, as iniciativas,
a fidelidade, a espontaneidade, as veladas
con descoñecidos,
etc

Roland Barthes (escritor e semiólogo francés, 1915-1980)


Detesto o fado. Detesto o sebastianismo e a filosofía portuguesa. Detesto o Papa, os militares, os romances de Camilo. Detesto Wagner, o Cristo-Rei e a Elizabeth Taylor. Detesto os sonetos de Florbela e as praias do Algarve. Detesto o bispo de Braga, as iscas de bacalhau, o Ulisses, a Sra. Thatcher. Detesto o Almada Negreiros, os ranchos folclóricos, os travestis, as Majorettes, os pupilos do exército. Detesto Ezra Pound e o caldo galego. Detesto a poesia barroca, a arquitectura do Taveira, o Pedro Almodóvar, os pastorinhos de Fátima. Detesto a poesia do Ginsberg, o carnaval carioca. Detesto a música de Stockhausen e os acrósticos. Detesto O retrato de Dorian Gray, o Andy Wharhol, a louça de Caldas, o cinema português. Detesto a Madona, Madame Bovary, a pintura surrealista. Detesto os castelos da Baviera. Detesto anedotas. Detesto jantar com mais de uma pessoa.

Gosto de framboesas. Do Mozart. Do Moby Dick. Do Walt Whitman. Das infantas de Velázquez. Gosto das Geórgicas e da Ilíada. De cerejas, de gatos e do Miguel. Gosto de Florença. E Praga. E Oxford. Gosto dos ouros e dos vermelhos de Rembrandt, das naturezas-mortas de Morandi. Gosto de Li Bay e da cançao única de Mendinho. Gosto do Andrei Tarkovsky, dos versos do Pessanha, de Cesário. Gosto dos spirituals negros. Gosto da sombra dos plátanos e das ilhas gregas. Gosto de muros brancos, de praças quadradas. Gosto dos madrigais de Monteverdi, da Casa sobre a Cascata de Frank Lloyd Wright. Das Variaçoes de Glodberg. Das Illuminations. Gosto do deserto, dos coros alentejanos. Gosto de minha mae e de Virginia Woolf. Da via Ápia. Gosto dos esquilos en Central Park e das dunas de Long Island no inverno. Gosto de um verso de Cesariny: Conto os meus dias, tangerinas brancas. Gosto do cheiro de ferro. Gosto do cheiro dos corpos quando se amam. Hoje, nao gosto da mais nada.

Eugénio de Andrade (poeta portugués, 1923-2005)


Ao Manu Chao tamén lle gustan moitas cousas...





E ti... de que gostas?
Aturuxo (0) - Categoría: Comentade - Publicado o 17-03-2009 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Fumar é tan... soviético!
Este ano seguín coa teima de que perdades o medo a falar en público. Se nós o facemos todos os días e ata nos pagan por iso, por que non ides poder vós?

A mecánica é sinxela. Douvos un artigo (dun xornal ou dunha páxina web / blog) sobre un tema de actualidade para que leades e preparedes na casa. A partir de aí, nos últimos quince minutos da clase, vós debedes ofrecer unha visión xeral do que lestes, dar a vosa opinión e, por último, facerlle ao grupo varias preguntas relacionadas co tema para así incentivar o debate.

O resultado foi bastante desigual segundo as clases e os temas. Tamén me decatei de que son unha nulidade decidindo o que pode interesarvos (ah! o tempo non perdoa!) Así, temas que esperaba que xenerarían debate por seren moi coñecidos para vós (como "Operación Triúnfo" e o estilo da TV actual) deron moito menos xogo ca outros que non esperaba que vos interesasen moito (como "A caza")
No que resta de curso, tentarei afinar máis. Ou poderiades escoller vós os temas, xa veremos.

Un dos primeiros temas que tratamos tiña que ver co tabaco. A polémica sobre a Lei antitabaco deu máis que falar nunhas clases ca noutras. Explicastes en que consistía a lei que vén de cumprir agora tres anos e as dificultades e eivas na súa aplicación. Tamén se falou (entre outros temas) do acoso aos fumadores e dos dereitos dos non fumadores.

Ademais, algúns de vós escollestes este tema como comentario persoal (ou xuízo crítico) para entregar, así que supoño que tendes unha opinión ben elaborada.

Aínda que xa pasou un tempo gustaríame incluír aquí algunhas das vosas opinións.
Para axudarvos a polemizar inclúo un vídeo sobre o tema. Está en versión orixinal subtitulado en galego
(1)




Xa vistes que o vídeo trata en clave de humor un tema moi controvertido: o acoso aos fumadores, e pon de manifesto unha realidade: fumar xa non está de moda, xa non é enrollado, é máis ben marxinal.

Estades de acordo???

COMENTADE!!!

E para todos os que deixastes de fumar...

Noraboa e... EI CARBALLEIRA!!!


(1)
É un cachiño dunha serie inglesa xenial: The it crowd (capítulo 2x03) En español titulárona Los informáticos e xa hai uns meses que rematou a terceira temporada; en total son 18 capítulos. Recoméndovola se vos gustan as series de humor e queredes escachar coa risa (Todos os capítulos son boísimos, pero no 1 da segunda temporada case me esmendrello)
^
Aturuxo (3) - Categoría: Comentade - Publicado o 09-02-2009 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0