Según Manuel Area Moreira (1999, p.32) que define as novas tecnoloxías como: “sistemas e recursos para a elaboración, almacenamento e difusión dixitalizada de información, baseados na utilización de tecnoloxía informática”.
Na actualidade, podemos incluir os recursos multimedia, Internet, a realidade virtual e a intelixencia artificial dentro do que entendemos como novas tecnoloxías.
A orixe de internet atópase no Campo Militar. Naceu co obxectivo de crear un sistema de ordenadores conectados entre si de xeito que, a información non estivese só centrada nun só ordenador, para dificultar a destrucción da información. Pouco a pouco a esta rede fóronse sumando as Universidades, empresas, servicios de telefonía, servicios audiovisuais... ata chegar a todos os ámbitos da nosa sociedade.
En canto ao impacto social, a aparición das Novas Tecnoloxías na nosa sociedade provocou un acceso fácil e rápido á información para todas as persoas, que contribúe ao proceso de globalización; porque a diferencia do que moitos pensan as TICs non son a causa deste fenómeno, senón que actúa como motores aceleradores deste proceso.
Existe unha interacción recíproca entre o contexto social no que se empregan as Novas Tecnoloxías, o mercado libre e a sociedade de consumo, xa que sen unhas non terían sentido a existencia das outras.
As características das TIC según Alfonso Guitierrez Martín (1997) son:
- DIXITALIZACIÓN: Toda a información almacénase nun código binario baseado nas diferentes combinacións do 1 e do 0.
- ESTRUCTURA RAMIFICADA: Permite ás persoas acceder dunha información a outra sen a necesidade de pasar por un rexistro central.
- INTERACTIVIDADE: O usuario pode aportarlle información ao ordenador e viceversa. En función do grao de liberdade, a interactividade pode ser pechada ou aberta. A primeira significa que o usuario non ten moitas opcións para elixir e so pode seguir os pasos do programa utilizado; mentres que a segunda quere dicir que o usuario utiliza de forma moito máis libre as aplicacións dos diversos programas.
- ALTO GRAO DE ICONICIDADE: Emprega símbolos para representar a realidade.
- RAPIDEZ DE IMPLANTACIÓN: Debido aos avances tecnolóxicos estase extendendo por todos os ámbitos sociais.
- FLEXIBILIDADE E VERSATILIDADE: Permite facer unha grande variedade de cousas,
- UBICUIDADE: Están presentes en todos os ámbitos das nosas vidas e todos temos acceso a elas.
- GLOBALIZADORAS: Permite relacionarte con outros usuarios que se atopan noutras partes do mundo. En teoría, esta relación debería establecerse de maneira democrática, xa que non todos podemos ter acceso as Novas Tecnoloxías.
- NON NEUTRAIS: A información que se transmite non pode considerase neutral xa que a meirande parte das veces responde aos intereses dos creadores; os cales expoñerán o seu xeito de velo.
Para concluir, dicir que as Tics impregnan toda a nosa sociedade e é pouca a xente que cuestiona o seu valor didáctico. Ademáis, son un pilar fundamental na nosa sociedade baseada na transmisión de información.
A sociedade da información é un ente no que a creación, distribución e manipulación da información forman parte das actividades culturais e económicas, é decir, está formada por unha serie de sistemas. Estes son: sistema económico (economía globalizada, estabilización sector servicios e sociedade da información e multinacionais), sistema político (neoliberalismo, democracia formal, movementos sociais por outra globalización, poder do discurso mediático e política globalizada) e sistema cultural (cultura da imaxe, globalizada e cibercultura).
No nivel de desenrolo económico das sociedades humanas pódense distinguir varias etapas ao longo da historia. A primeira sociedade que encontramos é a sociedade artesanal, que se caracterizaba pola producción baseada na manufactura. A continuación aparece a sociedade da industrialización, cuxa característica principal é a producción mecanizada nas fábricas. Esta etapa deixa paso ao que actualmente coñecemos como sociedade post-industrial, na cal as actividades se centran no sector servicios. Será a finais do século XX cando se produza a aparición da sociedade da información, a cal ten como principal característica a converxencia da información, da electrónica e das telecomunicacións. Estas actividades definen a economía a escala mundial.
Nos últimos anos a extensión masiva das tecnoloxías da información fixo que os empregos non se asocien directamente ás fábricas de productos manufacturados, senón á xeración, almacenamento e procesamento de todo tipo de información. Desde a perspectiva da economía globalizada contemporánea, a sociedade da información concede ás TIC, o poder de convertirse nos novos motores de desenvolvemento e progreso.
Sen embargo, e como se pode ver no video, as novas tecnoloxías non teñen un significado completo en canto ao aspecto global se refire. Isto é, as TIC están presentes en todos os ámbitos da nosa vida, mais non en todos os lugares.
Algunhas das características que definen a sociedade da información son:
• Exuberancia: abundante e diversa cantidade de datos.
• Omnipresencia: escenario tanto público como privado. É o espacio de interacción por excelencia.
• Irradiación: distancia ilimitada de intercambio de mensaxes.
• Velocidade: instantánea.
• Multilateralidade / Centralidade: información de todas partes. O contido elabórase nas metrópolis culturais.
• Interactividade / Unilateralidade: os usuarios son, á vez, consumidores e productores das mensaxes.
• Desigualdade: non resolve por si soa os problemas do mundo e é axeno a gran parte da poboación mundial.
• Heteroxeneidade: manifestacións de toda índole.
• Desorientación: desafío cotidiano. Necesítanse aprendizaxes específicas para evitar o aturdimento persoal e colectivo.
• Cidadanía pasiva: ausencia de capacitación e reflexión insuficiente.
• Libre movemento de capital, persoas ou cousas: desaparecen as fronteiras e aumenta a liberdade de movementos.
• Neoliberalismo económico: é a causa do libre mercado e supón a supremacía dos mercados sobre o estado.
• Continuos avances científicos e renovación do coñecemento: a información actualízase constantemente.
• Novas posibilidades laborais: as novas tecnoloxías supoñen un cambio na concepción tradicional do traballo. Xa que aumenta o número de persoas que desenrolan o seu traballo dende a casa.
• Globalización económica, política e cultural: superación dos límites espaciais, locais ou nacionais para actuar a escala planetaria. Esto trae como consecuencia a aparición das empresas multinacionais que venden os seus productos por todo o mundo. No que se refire á cultura, a sociedade da información como consecuencia desta expansión mundial xera sociedades cada vez máis multiculturais debido á conexión entre distintos países. Sen embargo, esta situación pode provocar que as culturas dominantes impoñan a súa cultura e absorban aos grupos menos poderosos.
Tal e como vimos, e a pesar de que son moitas as características da sociedade da información, aquela que máis a define é a da globalización. 
A pesares de ser un termo de uso moi estendido parece non existir unha definición precisa e amplamente aceptada, inda que podemos entendela coma un “proceso político, económico, social e ecolóxico que está tendo lugar actualmente a nivel planetario, polo cal cada vez existe unha maior interrelación económica entre uns lugares e outros, por alonxados que estean, baixo o control das grandes empresas capitalistas: as multinacionais.” (http://www.geocities.com/la_cou/global/global.html). Segundo Area Moreira, M. (2004), este concepto relacionase cun enfoque “regulado por poderes económicos e gobernamentais dos países ricos apoiado na liberalización do mercado no ámbito mundial”.
Ao redor dos seus inicios existen diversas opinións. Des aqueles que pensan que esta superación dos límites espaciais vai parello ao desenrolo do home e a súa expansión, até os que defenden que é un proceso complexo que xurde e se desenrola no século XX. Soen destacar tres grandes acontecementos con gran importancia en relación a este fenómeno: a conquista, colonización e integración no mercado mundial de América; a xeneralización da Revolución Industrial e a expansión colonial do século XIX e o desenrolo e xeneralización dos aspectos culturais que foron favorecidos nos últimos anos polo desenrolo dos medios de comunicación e transporte, especialmente Internet e outras tecnoloxías dixitais da información.
Por outro lado, o crecemento e fusións entre empresas (nacemento das Empresas Multinacionais, EMN) e a súa influencia na economía mundial; a creación da Sociedade de Nacións así como outros organismos internacionais como a ONU, UNESCO, FMI, OTAN, etc.; a privatización de empresas públicas e a desregulación financeira internacional, foron os principais impulsores no proceso de aceleración deste fenómeno durante o século XX .
Segundo Cerdas, R. (!997), as características xerais da globalización son as seguintes:
1) O seu carácter de planetaria. Isto significa que os fenómenos que teñen lugar nun sitio do planeta proxéctanse ao resto da orbe.
2) A súa condición universal. Tratase dun fenómeno que abarca todas as esferas do que facer humano.
3) A súa condición asimétrica. A globalización non ten a mesma significación segundo sexa o que sucede e lugar onde está ocorrendo.
4) A globalización presentase como desigual, é dicir, que o seu poder e influenza así como os seus mecanismos, distribúense desigualmente, en atención ao nivel de desenrolo económico e poderío militar e cultural de cada participante no proceso.
5) A globalización, tanto na súa orixe como nas súas manifestacións, resulta ser impredecible, e dicir ignóranse o alcance e significados dos seus efectos e consecuencias.
Entre os beneficios da globalización están:
• O logro dunha nova fase de internalización dos mercados, que estreita a interdependencia de empresas e nacións.
• O desenrolo das comunicacións e as redes permite que operacións entre dous puntos lonxanos do planeta ocorran a tempo real, sen demoras e con efectos inmediatos o que facilita unha maior cooperación internacional, un mellor aproveitamento dos recursos e capacidade de manobra fronte as flutuacións das economías nacionais, chegando tamén aos pobos mais illados, tendo a oportunidade de relacionarse económica e culturalmente cos países desenrolados, ampliando así as súas posibilidades de crecemento.
• Un acceso universal a cultura, a ciencia e a información de todo tipo e un maior desenrolo científico-técnico.
Dende outra óptica, esas mesmas vantaxes poden verse como inconvintes. A inmediatez dos eventos económicos pode levar a que a onda expansiva dos efectos de calquera crise financeira internacional prexudique a moita máis xente(por exemplo, a crise dos mercados asiáticos de 1998). Non todos os países, e incluso non todos os grupos sociais dentro dun mesmo país, teñen acceso aos medios que favorecen esta globalización (sobre todo no referente as TICs). Isto provoca unha concentración da riqueza e un consecuente aumento da desigualdade social, tanto económica como cultural, que a súa vez leva ao incumprimento dos estándares laborais mínimos (emprego precario). A falta de control sobre os mercados e empresas multinacionais, fan que estas dominen a economía mundial e incluso se chega a impoñer a hexemonía cultural da civilización occidental sobre o resto das culturas (por exemplo, a creación da figura de Santa Claus, a difusión da lingua inglesa, ou a adopción da festa de Halloween....) provocando un uniformismo cultural que destrúe a riqueza da diversidade. Outros problemas que derivan da globalización son: unha forte dependencia das sociedades cara as tecnoloxías, danos ao medio ambiente, etc. Por todo isto, é polo que se fala dos movementos antiglobalización ou globalización alternativa, que “tratan de construír un discurso alternativo a perspectiva mercantilista e reorientar o desenrolo tecnolóxico baixo parámetros e criterios sociais e políticos” (Area, 2004), en lugar de económicos, controlados por intereses capitalistas. Os partidarios deste movemento esixen unha sociedade máis xusta, democrática, buscando unha distribución máis equitativa da riqueza controlando o poder ilimitado das multinacionais. Este control podería vir do chamado Estado Benefactor e intervencionista que promove o igualitarismo. Nestas últimas décadas, a crise deste tipo de Estado vese acentuada, polo que cobran máis forza os adeptos ao neoliberalismo.
O Neoliberalismo fai referencia a “unha doctrina económica e política que promove os intereses das patronais e que considera contraproducente o intervencionismo estatal e defende o libre mercado capitalista. A miudo considerase como unha reaparición do liberalismo decimonómico. É empregado co fin de agrupar a un conxunto de ideoloxías e teorías económicas”.
Podemos dicir que as orixes do neoliberalismo remóntanse a finais da segunda Guerra Mundial. Foi unha reacción política e teórica contra o nacente estado Benefactor e intervencionista, que según Hayek promove o “igualitarismo”, a pérdida da libertade non só económica senón tamén politica dos cidadáns e destrúe a competencia.
De diversas experiencias e das dificultades engadidas para aplicar as novas políticas a países en desenvolvemento, naceu unha división entre os economistas partidarios da nova doutrina. Algúns volveron a unha versión keynesiana con inclinación monetarista que incorporaba o rexeitamento ó déficit e á fabricación de diñeiro pero non ó concepto de intervención pública na economía,mentres outros opinaron que a redución do Estado debía ser aínda máis drástica ata limitalo ó completamente imprescindible. Neste último grupo atópanse os movementos libertarianos norteamericanos que son os que máis adoitan relacionarse ó concepto de neoliberalismo.
As características principais do neoliberalismo podemos decir que son:
- A desregulación, medio que elimina parte dos controis oficiais a favor da produción privada de bens e servizos.
-Desincorporación de entidades públicas.
-Venda de bens de investimento a particulares.
-Concesión á iniciativa privada de servizos, principalmente os de comunicacións e transportes.
-Eliminación de subsidios
-Reducción do aparello burocrático.
-Crecemento do Exército Industrial de Reserva
-Libre comercio: que todo o mundo teña acceso ó mercado independientemente da súa economía e do estado ó que pertence, eliminando así todo tipo de barreiras.
-Reducción do poder do estado sobre o mercado: o que orixina que os traballadores teñan máis libertade á hora de traballar.
-Desmantelamento do Estado Benefactor: esto garantiza que todos os cidadáns teñan os mesmos dereitos.
Os aspectos relevantes do neoliberalismo os centraremos en seis puntos:
- A idea da aparición do neoliberalismo é para poder reconstruír os defectos do Estado de benestar.
- A figura máis importante polas súas correntes económicas é Adam Smih,.
- O neoliberalismo é unha guerra contra os pobres, o cal, só beneficia ós ricos e ó goberno.
- O que se pode observar na conceptualizacion da teoría é que o impulso económico que se pode lograr no país non beneficia ó pobo se non ó goberno.
- Economicapoliticamente esta teoría é excelente pero en países desenvolvidos.
- Esta teoría económica busca a ruptura de aduanas e a privatización de recursos do Estado, ademais de pór nun lugar menos participativo ó goberno.
PROS
Ten máis preparación e máis importación
Exportación
Competencia laboral
Presenza do pais na economía mundial
Menor intervención do goberno na economía
CONTRAS
Os salarios son peores
Maior número de desemprego
Máis impostos e máis gastos
Inflación
En torno ó Neoliberalismo existen opinións moi contradictorias de diferentes autores, como son as seguintes:
Ludwing von Mises: preocupouse polo restablecemento do mercado como base da economía.
Wilhelm Ropke: afirmou que só pode admitirse a intervención do Estado para garantizar a existencia de pequenas empresas e así a competencia entre ellas.
Friedrich Hayek: non estaba dacordo cunha economía dirixida.
Jacques Rueff: estaba dacordo coa intervención do Estado aceptando que interveña sobre a oferta e demanda.
Debido a que vivimos nunha sociedade neoliberal, é dicir, na que as TIC son un producto de compra-venta e polo tanto, é necesario ter un determinado poder adquisitivo para poder acceder a elas, prodúcese o que chamamos “fenda dixital”.
 
A Fenda Dixital podémola entender como “Unha liña divisoria entre as persoas que usan as novas tecnoloxías e aquelas que non teñen acceso ou non saben como empregalas”. Estas diferencias poden ser por varios motivos: económicos, falta de infrastructuras, falta de interese por coñecer cousas novas, non saben o que se van a atopar, vagancia por aprender a moverse neste mundo, etc.
A Fenda Dixital é un fenómeno que está en constante evolución debido ós novos usos tecnolóxicos. Estas novas tecnoloxías chegan moito antes a uns colectivos que a outros, sendo o seu uso moito máis xeralizado en países industrializados que en países subdesenvolvidos. Outros elementos diferenciadores importantes poden ser:
• Sexo: Máis utilización polos homes que polas mulleres, debido a que soen ser eles os que teñen ocupacións donde están máis presentes as TIC.
• Ubicación xeográfica: Empréganse moito máis as novas tecnoloxías no ámbito urbán ca no rural, xa que hai máis e mellores infraestructuras.
• Idade: As novas xeracións teñen máis presente as novas tecnoloxías na súa vida cotiá e soen ter máis interese e máis habilidade no seu manexo que as persoas maiores. A medida que aumenta a idade é difícil superar as barreiras de falta de coñecemento e de interese.
• Estatus social: As persoas de alto estatus social debido a súa situación económica teñen maiores posibilidades de acceso as TIC.
Tamén podemos analizar o alcance da fenda dixital en función do que se denomina “analfabetismo dixital” que consiste na escasa habilidade ou competencia para empregar ferramentas tecnolóxicas ou esta está moi limitada. A alfabetización dixital é moi necesaria na nosa sociedade e xira por bo camiño. Nembargantes,a solución do problema non é doada, dado ó coste que pode conlevar unha loita eficaz contra a fenda dixital.O marco educativo parece imprescindible á hora de abordar este problema.
A educación pode ser a única oportunidade dos colectivos de menor poder adquisitivo ou cultural de achegarse a novas tecnoloxías. Sen embargo, de non producirse este acercamento estaremos axudando a que a fenda dixital sexa cada vez maior. Aínda que esto é paradóxico xa que o sistema educativo é un ámbito no que as novas tecnoloxías soen chegar moi tarde, ocurrindo que cando os alumnos as comezan a utilizar estas xa están desfasadas polo que non cubren as súas necesidades.
Facendo referencia ó sistema educativo galego, éste presenta o peor índice de conexións á rede de todas as autonomías. Así, se no conxunto do Estado apenas quedan escolas e institutos sen conectar (menos do 2%) en Galicia o índice de centros sen acceso ao ciberespacio dispárase ata case o 12%. Outro problema engadido, especialmente no ensino primario, é a velocidade das conexións. En Galicia hai un 30% de colexios que non dispón de banda longa. A razón é que aínda existen un importante número de escolas de primaria conectadas mediante RDSI.
Como podemos observar no vídeo existe unha enorme diferencia entre as persoas que viven nos países do “1º Mundo” e as que viven no “3º Mundo”. As do mundo industrializado están acostumadas a utilizar continuamente as novas tecnoloxías para realizar chamadas telefónicas, enviar e-mail, fax,… Mentres, sen embargo as persoas dos países subdesenvolvidos nin sequera oíron falar delas, e o que é peor non teñen ningún interés pola súa utilización porque necesitan todos os seus recursos económicos para poder alimentarse e sobrevivir.
Como conclusión, na Declaración do Milenio (8 de setembro de 2000) Nacións Unidas estableceu accións a tomar en consideración para a eliminación da fenda dixital como un dos obxectivos importantes na loita contra o subdesenvolvemento: “Velar por que todos poidan aproveitar os beneficios das novas tecnoloxías, en particular das tecnoloxías da información e das comunicacións, conforme ás recomendacións formuladas na Declaración Ministerial 2000 do Consello Económico e Social.”
Para que esta fenda cada vez sexa menor é moi importante que dende a escola se incite os nenos o emprego das novas tecnologías xa que deles dependerá que esta fenda vaia desaparecendo. Tendo sempre en conta que para todo elo ademais de interese, son necesarios os recursos e medios informáticos axeitados. Polo que pasarase a expoñer ó papel da educación, e asimismo do profesorado, con respeto ás TIC.

A constante evolución da sociedade fai que tomen vital importancia no seu desenrolo non só os recursos materiais ou a inversión económica, senón que cada vez teñen un papel máis importante os recursos humanos e a calidade dos mesmos. É aquí donde comezan a incrementar a súa importancia as TIC. Isto é debido a que nos encontramos na era da información e é necesario facilitar o coñecemento e o acceso ás NNTT para continuar co desenrolo da sociedade. Polo tanto, as TIC teñen un doble papel, xa que se o entendemos como a facilidade para que toda a sociedade acceda á mesma información dunha maneira igualitaria, encontrarémonos cun papel LIBERADOR, pero se polo contrario nos centramos na dificultade de acceso a estos servizos debido ó alto prezo dos equipos informáticos, encontrarémonos cun papel OPRESOR, xa que non todos teñen as mesmas oportunidades de acceso as NNTT polo que manteremos a prevalencia dunhas clases sobre outras. Polo tanto, deberase loitar por acadar un papel liberador para conseguir así unha igualdade no acceso á información e á formación do alumno/a.
O profesorado, actualmente, non está formado adecuadamente nin ten experiencia suficiente na utilización das TIC. Hai unha imperiosa necesidade de formar en novas tecnoloxías ó profesorado como condición necesaria para facilitar a xeneralización do uso das TIC na escuela. Estas políticas deberán combinar o coñecemento tecnolóxico (manexo e dominio de hardware e software) e o coñecemento didáctico (organización de actividades, evaluar o aprendizaxe do alumnado,…). A acción docente non pode reducirse ó dominio instrumental exclusivamente, debe sempre ir acompañada de propostas de traballo donde os medios sexan parte do proxecto de ensinanza-aprendizaxe. Débese cualificar ó profesorado para sacar o máximo proveito didáctico ós medios tecnolóxicos. O profesorado reacciona de diferente maneira ante as TIC: a uns provócalles rexeitamento, a outros, excesiva fascinación e ó resto, interese e utilización tanto na escola como a súa vida diaria. Un exemplo de integración das TIC na ensinanza é craescuela.net, na cal o profesorado formouse e ensina ós alumnos/as a utilizar as TIC pero combinándoo cos obxetivos didácticos desenrolando actividades que se fan utilizando a Rede.
Ó integrar as NNTT no currículo debemos plantexarnos o tipo de modelo de comunicación. Mario Kaplún fala de tres modelos de comunicación:
1ª Modelo de ensinanza tradicional (docente emisor e estudante receptor).
2ª Modelo basado nos efectos (ensinanza técnica: docente modela a conducta do estudante).
3ª Modelo democrático (tanto docente como estudante son emisores-receptores da información.
Para A. Gutierrez, á hora de integrar as NNTT no currículo os docentes defenden 5 posturas:
-Postura neglixente: Os docentes ignoran o papel das TIC.
-Postura hipercrítica: Ven as NNTT de forma negativa.
-Postura Técnica: Postura dos docentes que aínda que utilizan estos recursos non reflexionan.
Ademáis de recursos educativos, as NNTT deben integrarse no currículo como obxecto de estudo, según A. Gutiérrez. Neste contexto o docente debe ensinar ó estudante a utilizar adecuadamente as NNTT tanto para recibir como para enviar e crear información e debe tamén ensinarlle a seleccionar e analizar de forma crítica a información que transmite.
Para que as NNTT sexan fructíferas dentro da educación, deben integrarse no currículo dunha maneira que favoreza o papel liberador do estudante. As TIC débense utilizar de tal forma que den como resultado un estudante crítico coa información que recibe, ademáis de poder creala por si mesmo.
Para integrar dunha forma adecuada as TIC dentro do currículo debemos coñecer que tipo de relación existe entre profeso/a e alumno/a, xunto coa comunicación que hay entre eles. Según isto podemos diferenciar tres modelos de comunicación.
O primeiro baséase nos contidos, o profesor transmite toda a información posible e o estudante só se dedica a recibila. O segundo modelo baséase nos efectos, o papel do estudante é un pouco máis importante aínda que segue sin ter ningún poder de decisión. O terceiro e último modelo é o democrático, no que tanto profesor/a como alumno/a son, ó mesmo tempo, emisores receptores críticos da información.
Á hora de integrar as NNTT no currículo debémonos plantexar tamén o tipo de modelo de comunicación que creamos máis favorable para as nosas aulas e escolas. O máis axeitado, sen lugar a dúbida, sería un modelo de tipo democrático, no que tanto o docente como o estudante convértense en emisores e receptores activos da información, desta maneira considérase ós estudantes como protagonistas do proceso de comunicación e emisores críticos da información con poder de decisión sobre o que se ensina.
Despois de falar das TIC na Educación Formal pasaremos a analizar o papel das mesmas e as posibilidades de uso na área de Educación Física.
Historia e tecnoloxía van collidas da man, debido a que esta derradeira evolucionou de maneira acelerada como consecuencia dos diferentes acontecementos históricos como as guerras mundiais, a guerra fría, a globalización… neste ir e vir de cambios, a educación e a escola non foron alleas nin distanciadas do progreso tecnolóxico que se ben cabe mencionar, serviu para que neste ámbito social melloráranse os recursos educativos e a sociedade evolucionara cara a era das novas tecnoloxías.
A sociedade da información na que vivimos está experimentando un avance científico e socioeconómico moi alto debido as tecnoloxías da información e a comunicación, que levan a cabo unha serie de cambios en tódolos ámbitos de actividade humana. Estes cambios pódense ver principalmente na actividade laboral e no mundo educativo. Como as TICs son actualmente un pilar básico na nosa sociedade e necesario que o cidadán as coñeza, para isto debemos considerar dous aspectos:o seu coñecemento e o seu uso, e dicir, saber como se accede á información e na súas múltiples manifestacións como poden ser textos, imaxes ou sons e como usar as tecnoloxías da información e comunicación para aprender e para ensinar (aprendizaxe de calquera materia ou habilidade mediante as TIC). As TIC non van resolver tódolos problemas que se nos presentan pero podemos intentar desenvolver sistemas de ensinanza que nos axuden dende o punto de vista metodolóxico.
As TICs teñen unha gran importancia no campo da Educación Física escolar tanto no campo do alumnado coma no do profesorado. Para abordar estas dúas perspectivas analízanse as circunstancias que rodean o uso da tecnoloxía na Educación Primaria e na outra perspectiva analizase o uso real que fai o profesorado de Educación Física da tecnoloxía, profundizar naqueles aspectos que aportan beneficios á Educación Física escolar e ademais recoller as experiencias que rodean este campo.
As novas tecnoloxías da información, brinda a posibilidade de que o mestre se interrelacione e interactúe cos demais compañeiros de profesión nos diferentes contextos académicos e sociais. Desta maneira facilitouse a circulación de coñecementos e experiencias que axuden á mellor adaptación do docente o seu traballo. Unha maneira de interactuar e intererrelacionarse é utilizando recursos tales como: o chat, o foro, o correo electrónico e os programas de educación virtual que sen dúbida facilitan a socialización do coñecemento disciplinar e profesional.
A Educación Física como calquera outra materia necesita utilizar Internet como un recurso educativo. “O movemento apréndese movendo”, pero é imprescindíbel estudiar a súa xustificación. É necesario facer prácticos os contidos conceptuais e aquí é onde entran as TICs, que nos axudan a través de sistemas de comunicación, basados en sistemas informáticos, formados por hardware e software, os cales serán utilizados por alumnos e profesores.
Un recurso moi utilizado polos docentes de Educación Física son os cañóns dixitais de proxección que permítennos reproducir imaxes, películas, textos…, cunha alta calidade de imaxe sobre grandes pantallas.
Outro hardware importante é o DVD, o cal está moi integrado en calquera fogar e esto proporciona unhas aplicacións case ilimitadas ó docente. Tamén podemos mencionar instrumentos como o pulsómetro.
Existen programas informáticos específicos da Educación Física que nos permiten impartir, de forma interactiva e con posibilidades de autoevaluación, unha gran variedade de contidos: ensinanza de distintos deportes, simuladores, adestramentos, estatística, nutrición, medicións e cálculos de deportistas, construcción de materiais didácticos…
Por outra banda, Internet facilita ó docente as posibilidades para comunicarse, interactuar, construir colectivamente, conseguir información… sobre outros “compañeiros de patio” que viven a mesma realidade e teñen as mesmas inquietudes. Tamén podemos acceder a páxinas web relacionadas coa actividade física e o deporte.
Hai certos estudios sobre unhas contradiccións en torno a se a educación física escolar está relacionada coas TICs. De esta investigación podemos extraer a conclusión de que é moi difícil darlle cabida as TIC na Educación Física no modelo actual de escola, xa que coa actual estructura a introducción das TIC aplicaría necesariamente unha reducción de actividade motriz contraria ós obxectivos da Educación Física. Sen embargo as tecnoloxías de información e comunicación ofrecen moitas posibilidades e variedades na Educación Física escolar prestándose a traballar contidos de tipo actitudinal e conceptual, sendo unha boa alternativa a diversidade e axudando a gañar horas para este ano mediante un traballo interdisciplinar e tamén realizar outras actividades extraescolares. Pero sexa cal sexa a situación debemos ter en conta as características do grupo no que traballamos e nunca seguir a moda tecnolóxica impostas nese momento.
 |