|
|
|
O PARTIDO |
|
E non hai fin de curso sen o partido de alta rivalidade sexto contra profes, xoguemos ao que xoguemos.
Este ano tocou fútbol e resolvimos cun empate, bo resultado!.
Un gusto compartir con vós este partido e estes anos. Boa sorte e xa sabedes que aquí segue estando a vosa casa. Bicos.
Os/as profes
BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing
|
|
|
|
O festival de Fin de Curso |
|
Despedimos o curso con teatro e música. Un grupo de quinto representou a obra de Charo Pita O piano do seu sorriso e os alumnos e alumnas de sexto despedíronse de tod@s nós con dous temas de frauta e a canción "Eu só penso en ti".
Despois veu o tempo das proxeccións de fotos, de comprobar o rápido que pasan os anos, de emocionarnos...
BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing
O PIANO DO SEU SORRISO
|
|
|
|
O noso día grande! |
|
As fotos ben deixan ver que o sábado 20 tivemos un fin de festa por todo o alto. Xogos e obradoiro de instrumentos para os máis pequen@s, xantar, música e fútbol para tod@s, fotos para traer de volta moitas lembranzas de antig@s alumn@s e profes e unha parede preciosa para deixar constancia destes 25 anos. Ah! non vos perdades a papeleira tuneada, outra das xoias que nos quedarán de recordo.
Abride o álbum premendo na foto e visitádeo con calma.
|
|
|
|
Festa 25 aniversario no Campo Maneiro |
|
- Entre as once e a unha e media xogos populares nas pistas do colexio coa colaboración do Departamento de Deportes do Concello de Rianxo.
- Ás dúas xantar e música no Campo Maneiro.
- Ás tres e media obradoiro de instrumentos tradicionais.
- Ás seis partido de fútbol entre antigos alumnos e alumnas.
- Ao longo do día visita á exposición de fotos antigas.
NON FALTEDES! |
|
|
|
No Museo do Pobo |
|

Onte presentamos en Santiago, no Museo do Pobo Galego, Son de Rianxo. Escoitar aos nosos gaiteiros no claustro do Museo foi o mellor da tarde. Grazas a todas as persoas que nos acompañaron onte, moi especialmente ao señor Mallou. E grazas aos traballador@s do Museo do Pobo por facernos sentir como na casa unha vez máis. |
|
|
|
Son de Rianxo no Museo do Pobo Galego |
|
 Esta é unha semana importante no Brea Segade, o sábado temos o xantar que remata coas actividades do 25 aniversario, a praza maior de Educaldea está decorada con fotos que nos traen imaxes e lembranzas deste 25 anos e mañá temos presentación do noso CD Son de Rianxo no Museo do Pobo Galego, en Santiago.
Lembrades que este disco é froito do traballo de recolla con gaiteiros de Rianxo que fixeramos desde Museo Pedagóxico Castelao no marco do V Premio Proxecto Didáctico Antonio Fraguas. O Museo do Pobo Galego quere dar a coñecer o traballo realizado, tal e como nós xa fixemos en Taragoña o novembro pasado. Xosé Figueiras e Ramón Carou estarán con nós en Santiago, ao igual que algúns dos músicos que participaron na gravación.
A cita é mañá xoves ás 19.30 horas no Museo do Pobo Galego. Animádevos a vir! |
|
|
|
As linguas suman |
|
Ante a distribución das enquisas sobre a lingua por parte da Consellería de Educación, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalizacion e Dinamizacion Lingüistica elaborarou un tríptico informativo para os pais e nais sobre a importancia do coñecemento dos idiomas e da utilidade do galego.
Convidámosvos a difundilo, compartilo, envialo como adxunto aos nosos contactos... se o queredes descargar ou imprimir premede aquí.
As linguas suman, non renunciemos a elas, non renunciemos á nosa lingua.
|
|
|
|
Que foi de ...? |
|
Na tarde do 27 de maio o auditorio María Casares encheuse unha vez máis de lembranzas.
María, Daniel, Miguel, Sofía, Luís, Monchi, Sofía, Yolanda, Richard, Diego e Pablo viñeron compartir con nós os seus recordos como exalumn@s do Brea Segade. Faláronnos do que están a facer agora, de como era a escola cando eles estudaron nela, do que lles gustaba cando eran nen@s... Tamén contestaron a moitas preguntas que os alumnos e alumnas de hoxe en día querían facerlles.
Foi unha tarde especial, unha ponte no tempo entre distintas xeracións do Araño e Taragoña. A tarde pasou voando e quedaron moitas preguntas por facer e moitas historias por contar. Menos mal que no xantar do sábado 20 o timbre non vai soar e poderemos demorar tanto coma queiramos.
Graciñas por representar tan ben aos alumnos e alumnas que pasaron polo Brea Segade nestes 25 anos.
|
|
|
|
No Correlingua |
|
Nestes tempos que corren estas imaxes valen máis que mil palabras.
EN GALEGO, PÁSAO
Correlingua Barbanza 2009, A Pobra do Caramiñal. |
|
|
|