E por fin chega o día da visita dos nenos, nenas e profes de Moaña. Parecía que faltaba un montón de tempo desde que nós fomos a Quintela pero xa é mañá.
Chegarán sobre as dez e media e estarán con nós ata as catro da tarde. Esperamos ser tan bos anfitrións e anfitrionas coma eles o foron para nós; é a verdade é que imos ter que esforzarnos porque el@s foron estupend@s.
Este domingo Antros Pinos organiza actividades en Campo de Pazos para conmemorar as Letras Galegas. Xogos, obradoiros, poesía, exposición da obra de Che Tembra, foliada e concerto, non podemos faltar! Mirade ben o cartel para informarvos do programa.
Na tarde do xoves celebramos as letras Galegas en Educaldea.
Comezamos coa posta en escea dunha adaptación da Lenda do Castelo da Lúa realizada por Noelia, a profe de Música e Estudo. Esta lenda foi o punto de partida do traballo sobre a Idade Media promovido pola Biblioteca Brea Segade para este curso. Os rapaces e rapazas de estudo de quinto interpretaron para nós unha versión da lenda con apoio musical e audiovisual que nos encantou. Grazas Noelia por tanto traballo ben feito ao longo destes meses!
Despois proxectamos unha montaxe sobre a vida de Uxío Novoneyra, que deu paso ao recitado de poemas do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2010.
Un ano máis o noso Equipo de Normalización organizou os actos cos que celebrar a riqueza das nosas Letras e da nosa cultura e cos que felicitarnos polo tesouro que temos no Brea Segade: vós, os nenos e nenas de Taragoña e o Araño que, con orgullo, mantedes viva a nosa lingua día a día.
O martes pasado fomos de visita ao CEIP Quintela de Moaña, centro co que este curso o alumnado e profesorado de 1º e 2º ciclo estamos a realizar un intercambio organizado polos Equipos de Dinamización Lingüística.
Tiñamos moitísimas ganas de que chegara o día de coñecer en persoa aos nenos e nenas de Moaña, cos que estiveramos intercambiando correspondencia ao longo do ano. E por fin chegou!
O día foi ben completo: viaxe en barco desde Vigo, paseo por Moaña, visitar a escola, agasallos dos nosos anfitrións... pero sobre todo poder coñecer, falar e xogar cos nenos e nenas de Quintela. Encantounos!
Graciñas por este día tan especial.
Agardámosvos en Taragoña o venres 28 de maio!
Este é o cartel que prepararon para o intercambio desde o CEIP Quintela.
Aínda nos faltan as fotos dalgúns dos grupos, pero estas que temos son tan boas que non podemos agardar máis para compartilas.
Correlingua 2010
Rianxo ía ser a sede, o luns 10 agardabamos xuntar máis de 2000 nen@s e moz@s para berrar ben forte que O galego é a forza do noso amor.
Pancartas preparadas, lemas para corear aprendidos, tod@s coas camisetas de Educaldea, meses de traballo da Coordinadora de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística do Barbanza... pero amenceu chovendo e tivemos que quedar coas ganas.
Pese á decepción enorme que profes e rapazada sentimos, á volta do recreo xuntámonos na praza maior de Educaldea, estiramos as nosas pancartas e demostramos que nin a chuvia pode con nós.
Desde o Brea Segade Grazas a todos @s que vos implicastes na organización do Correlingua Barbanza 2010 por tanto traballo que finalmente non pouido lucir. Mágoa.
PARABENS!
Noraboa por sete anos de bo traballo co que tanto gozamos os seguidor@s da banda e os rapaces e rapazas de Rianxo que forman parte dela.
Un bico especial desde Educaldea para os nos@s alumn@s e exalumn@s membros da banda e por suposto para Rafael Collazo, para nós educaldeán tamén, por mérito propio.
Que mellor celebración que un concerto con obras do músico e compositor rianxeiro Antón Alcalde e o bo facer dos music@s da banda e do seu director.