www.educaldea.org


Blogue do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragoña
IV Premio Antón Fraguas
Museo do Pobo Galego

2º Premio Móllate polo galego
Vitaminas para o galego











O meu perfil
breasegade@yahoo.com
 VISITAR A ALDEA
 GALERIALDEA
 + EDUCALDEAN@S
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Teatro na escola
A semana pasada a nosa escola encheuse de teatro e de lembranzas. O martes, en horario escolar, un grupo de exalumnos e exalumnas baixo a coordinación de Antón Vilariño recrearon para nós algúns dos mellores momentos das obras que nestes 25 cursos tiveron máis éxito entre o alumnado do Brea Segade. Tamén vimos fragmentos das gravacións desas obras representadas hai uns doce anos. Fixádevos nas caras dos máis pequenos da nosa escola asistindo a esa representación. Xa o din todo!
O venres houbo teatro "en aberto" para tod@s cantos quixeron vir. De novo un éxito.
Graciñas a todos os rapaces e rapazas que fixeron posible que o pasaramos tan ben, graciñas a Antón, grande armadanzas, e graciñas a Begoña e Diego que nos permitiron comprobar o ben que medraron eses nenos e nenas que saían nas gravacións.


Aquí tedes o álbum coas fotos dos dous días. Premede sobre a foto para velo completo.

Teatro na escola
Comentarios (1) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 20-05-2009 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
Teatro na escola

Comentarios (0) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 13-05-2009 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Libro de visitas do 25 aniversario
A suxerencia dun antigo alumno acabamos de crear no blogue da biblioteca un libro de visitas para que exalumnos, exalumnas, exprofes, alumnos e alumnas actuais, profesorado, nais, pais e todas as persoas que pasaron polo centro poidan mandar os seus comentarios, as súas lembranzas, as anécdotas, só un saúdo... neste ano de celebración.
Enlazamos desde Educaldea co Libro de Visitas do 25 aniversario.
Para que sexa máis doado acceder a el temos un botón a man esquerda que con só premer xa nos leva directamente.
Aproveitamos para dicirvos que para ver todo o publicado sobre o 25 aniversario só tedes buscar Visitar aldea no menú da man esquerda e premer sobre a primeira categoría: 25 aniversario.
Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 11-05-2009 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Na prensa
Tamén a prensa falou do concerto da Brea Segade Big Band.

El correo gallego
Comentarios (0) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 10-05-2009 01:47
# Ligazón permanente a este artigo
Nos concertos
As fotos deixano claro, a Brea Segade Big Band tivo un éxito total nos dous pases do xoves pasado.
Graciñas Aurora, Manolo, Martín, Richard, Valentín, Antonio e José Luís polo agasallo tan fermoso que nos fixestes. Encantounos! Que sexa o primeiro de moitos máis.

Premede enriba da foto para ver o resto do álbum.

Brea Segade Big Band en concerto
Comentarios (11) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 10-05-2009 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
A conferencia de Xosé Ramón Brea Rei
O programa de actos do 25 aniversario está enchendo a nosa escola de actividades e de momentos moi especiais. O primeiro deles foi a charla de Xosé Ramón Brea Rei, grazas ao que tod@s puidemos coñecer un pouco mellor ao poeta que dá nome á nosa escola. Descubrimos que era un home sensible e culto, con intereses diversos e un enorme apego a Taragoña. Que boa escolla foi este nome para a nosa escola!
Ademais, na conferencia da tardiña tamén vimos o video sobre Brea Segade elaborado por profesorado e alumnado da escola no ano 1993, un dos documentos recuperados e dixitalizados neste curso.


Comentarios (0) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 09-05-2009 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
Brea Segade Big Band en concerto
Xa está aquí!!
Non o podes perder.
Comentarios (1) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 06-05-2009 01:07
# Ligazón permanente a este artigo
O selo violeta
Nestes días tan intensos de celebración do noso 25 aniversario vimos de recibir un recoñecemento desde un "blogue compañeiro", O castelo da lúa, do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel. O agasallo é o Selo Violeta, que nos conceden "por seren tan activos en introduciren no mundo do galego e das novas tecnoloxías ao alumnado de primaria". Éncantanos este selo e ademais que veña do máxico Castelo da Lúa. Aceptar o Selo Violeta implica o cumprimento dunhas normas:
- Exhibir o Selo Violeta no blogue xunto coas regras.
- Indicar cantos blogues consideramos que merecen este selo.
- Avisárllelo aos blogues indicados.
- Escribir dous poderes máxicos que imaxinamos ter.

Por sorte temos moitos blogues máxicos, fermosos e interesantes na rede nestes momentos, pero nós imos escoller catro blogues feitos por nenos e nenas que están a medrar en Rianxo, en galego e da man das novas tecnoloxías. Vaia o noso Selo Violeta para eles catro acompañado da forza e as ganas de traballar que tanto admiramos do ENDL do Félix Muriel.

O mundo de Bernal
www.blogoteca.com/xwcar
O diario de Carmela
O castelo de Aldara



Xa só nos quedan os "poderes máxicos" que nos gustaría ter e compartir:

- A Memoria para non esquecer de onde vimos.
- A Sabiduría, para valorar a memoria e camiñar cara o futuro integrando o mellor do noso pasado e do noso presente.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-05-2009 01:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis