O noso amigo Emilio, veu dar ao colexio un magnífico taller de instrumentos tradicionais. Ensinounos aparellos musicais cos que no pasado xogaban os nosos maiores, mais que pola súa fácil feitura poderíamos construir calquera de nós. Nas fotos podes ver o ben que o pasamos.
Serafín Marcos xa é un vello coñecido na nosa escola, habitualmente contamos con el no mes de maio para presenciar os seus espectáculos sobre as figuras homenaxeadas nas Letras Galegas. Este ano decidimos coñecer outra faceta súa, a de músico, e máis concretamente, a de guitarrista. Enmarcado dentro da programación que ao longo de todo o mes estamos desenvolvendo para celebrar as Letras Galegas, o pasado mércores 14, 4º, 5º e 6º asistiron a un concerto didáctico no que se combinaron poesía e música para guitarra, adobiadas co especial xeito de entender o espectáculo ao que xa nos ten afeitos Serafín e do que tanto gustamos.
Unha vez máis un luxo terte entre nós.
Os datos das enquisas sociolingüísticas así o desmostran. No CEP Brea Segade temos moita lingua que mimar, que coidar e facer medrar. Que responsabilidade tan grande a do profesorado do centro! O noso alumnado e as súas familias son galego falantes e pese a todo prefiren ler en castelán. Que estamos facendo mal? Nun día coma hoxe toca homenaxear pero tamén reflexionar sobre o futuro da lingua e sobre o papel que o profesorado e as familias temos no mantemento da lingua propia e da identidade cultural.
Preme en "OPEN PUBLICATION" para ver a publicación en grande.
Atopamos este xogo para dous na páxina Ensino en galego. Probadeo e descubride canto sabedes sobre o autor homenaxeado na Letras Galegas 2008. Se precisades información non o dubidedes, consultadea nas clases, na biblioteca, na exposición da entrada, nos ordenadores...
As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional ?Polo dereito a vivirmos en galego? este 18 de maio de 2008, declaramos:
1. Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como ?a lingua propia? do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.
2. Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.
3. Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.
4. Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.
O Equipo de Normalización Lingüística do CEP Brea Segade é un dos colectivos que apoia o manifesto e a manifestación, ao igual que a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística do Barbanza.
Temos moita lingua!
Temos unha fantástica lectora de manifestos!
Temos unhas camisolas que se fan ver!
Temos moit@s compañeir@s de lingua por toda a Barbanza!
Aquí vai unha pequena mostra do que foi a mañá de hoxe en Ribeira, pero non deixedes de ver a galería para non vos perder detalle.
Mañá en Ribeira xuntarémonos por primeira vez alumn@s de centros de Infantil, Primaria e Secundaria dos concellos de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo para participar no Correlingua, a carreira pola nosa lingua. Queremos festexar que somos galeg@s e temos unha lingua propia, pero tamén queremos lembrar e reivindicar que é a nosa responsabilidade manter a nosa lingua viva.
O Correlingua Barbanza é unha das primeiras iniciativas da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística da Barbanza da que formamos parte e que aspira a unificar os esforzos dos centros educativos da comarca a prol do galego.
O lema do Correlingua resoará en Ribeira mañá cando nen@s dos catro concellos lean o manifesto gañador deste ano.
MANIFESTO GAÑADOR: 365. EN GALEGO CABE TODO
AS SETE MARABILLAS
3º D ESO - CPI VICENTE OTERO VALCÁRCEL DE CARRAL
365. EN GALEGO CABE TODO
3 + 1 estacións: primavera, verán, outono, inverno;
6 x 2 meses dura un ano,
5 x 3 estrofas (e unha máis) escribimos neste manifesto.
En galego, todo o tempo.
315 concellos galegos,
6 continentes na Terra,
5 océanos no mundo.
En galego, por todas partes.
3 son os Reis Magos,
6 de Xaneiro, o día que veñen,
5 regalos que lles pedimos.
En galego, soñamos tod@s
3 unllas ten o xabaril,
6 patas ten unha mosca,
5 dedos ten un mono.
En galego, toda a fauna.
3 MP,
6 XB,
5 MB,
En galego, coas novas tecnoloxías.
3?14 é pi,
6´01 ? son 1000 ptas,
5 litros nunha garrafa de auga.
En galego, contamos tod@s
3 Audi A
6 00 (SEAT)
5 Renault
En galego, todo marcha.
3 veces 6 e volves para a casa,
6 e repites tirada,
5 podes saír no parchís.
En galego, xogamos tod@s
3 pistóns ten unha trompeta,
6 cordas unha guitarra,
5 compoñentes un quinteto.
En galego, toda a música
3 Playstation
6 Queixos ten o trivial
5 Pro Evolution Soccer
En galego queremos ?viciar? tod@s.
3º da ESO en galego,
6º de PRIMARIA en galego,
5 anos Infantil en galego.
En galego, aprendemos tod@s
3 medallas: ouro, prata e bronce,
6 xogadores de Volei,
5 xogadoras de fútbol sala.
En galego facemos deporte
3 xornais en galego,
6 cadeas de televisión en galego,
5 emisoras de radio en galego.
En galego, todos os medios.
300 páxinas web en galego,
6000 fotologs en galego,
50000 vídeos en Youtube en galego.
En galego navegamos tod@s.
3 km de Correlingua,
6 toneladas de libros,
5 billóns de mensaxes de móbil.
En galego sumamos tod@s
3 millóns de galeg@s,
6 centos mil inmigrantes,
5 millóns de emigrantes.
En galego falamos tod@s.
365. En galego cabe todo: tempo, espazo, soños, fauna, novas tecnoloxías, mates, coches, xogos, música, vicios, ensino, deporte, medios de comunicación, webs, falantes? e as 24 palabras que ti lle engadas para chegarmos a este número máxico:
Aí vén o maio
de flores cuberto...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra mi estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai rapaciños,
calados e quedos
que o que é polo de hoxe
de darvos non teño.
Eu sonvolo probe
do pobo galego
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno!
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstimos,
e como os do abade
florezan meus eidos
chegado será entón
o maio que eu quero...
Queredes castañas
dos meus castiñeiros?
Cantademe un maio
sen bruxas nen demos.
Un maio sen segas
usuras nen preitos
sen quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
Xa temos a camisola que te avala como educaldean@, co logo do vintecinco aniversario do noso cole. Podes comprala por só cinco euros. Axiña que se acaban!