|
|
|
25 anos de X.Mª. Brea Segade |
|

|
|
|
|
Programa do 25 Aniversario |
|
Aquí tedes o programa de actividades do 25 Aniversario do C.E.P. Brea Segade.
Ide reservando as datas!
Premendo enriba da imaxe verédela en grande, para non perder detalle.
|
|
|
|
Para velas mellor |
|
É que están tan bonitas...
|
|
|
|
AS NOSAS PANCARTAS |
|
As nosas pancartas xa levan uns cantos días dando que falar en Taragoña e no Araño e iso era xusto o que pretendíamos.
A xente quere saber que imos facer para celebrar estes 25 anos e tamén quen foron os artistas.
Pois ben, de momento imos resolver parte dos enigmas.
Moitas grazas aos nenos e nenas do CEP Brea Segade por traballar duro para tres das pancartas e a nosa admiración e agradecemento especial para Xoán Agrelo, Diego Ares, Nacho Lago e Noel Pérez, que en pouquísimo tempo foron quen de lle dar ese toque especial que teñen todas as pancartas.





Por certo, alguén reparara na cantidade de cabos que están pendurados por todas partes nas nosas parroquias? Fixádevos ben nas fotos. |
|
|
|
O 25 aniversario en prensa |
|
 As nosas pancartas xa empezan a dar seus froitos, son moitos os que preguntan que imos facer nesta recta final das celebracións dos 25 anos do colexio e incluso en La Voz de Galicia se fan eco das nosas pancartas. |
|
|
|
De festa! |
|
Para rematar o segundo trimestre, e despois de todo o que traballáramos neses meses pensamos que o mellor era: unha festa con música, comida e bebida.
A charanga da Asociación de Música Tradicional Vai de Roda de Rianxo encargouse da música e despois comemos rosca de Pascua recén saidiña da panadería do Pazo. Todo un luxo!
|
|
|
|