www.educaldea.org


Blogue do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragoña
IV Premio Antón Fraguas
Museo do Pobo Galego

2º Premio Móllate polo galego
Vitaminas para o galego











O meu perfil
breasegade@yahoo.com
 VISITAR A ALDEA
 GALERIALDEA
 + EDUCALDEAN@S
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Preséntase a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística da Barbanza
Onte presentouse á prensa a Coordinadora de Equipos de de Normalización Lingüística da Barbanza que acolle a centros de educación Infantil, Primaria e Secundaria dos concellos de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo. O noso centro forma parte da Coordinadora desde o seu nacemento en novembro do 2007.
Entre as actividades que a Coordinadora está a levar a cabo neste curso destacar as Enquisas Sociolingüísticas realizadas ao alumnado, profesorado e familias para determinar a situación da lingua galega no noso centro, no concello e na comarca e a organización do Correlingua Barbanza do que vos daremos máis detalles en breve.
En La Voz de Galicia, preme aquí.
No Xornal Certo preme aquí.
No Diario de Arousa, preme aquí.
En Tele Barbanza, preme aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-04-2008 08:01
# Ligazón permanente a este artigo
Saída a Vigo
O xoves 17 de abril o segundo ciclo (3º e 4ª) foi de excursión a Vigo.
Visitamos a exposición da Fundación Caixa Nova, Naturnova e o Museo do Mar. Foi un día moi completo e aínda que choveu e ventou sen parar case nin o notamos pois estivemos a cuberto descubrindo cousas ben interesantes en cada un dos lugares que visitamos.
Fixádevos nas fotos da galería.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-04-2008 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Saída a Santiago
O luns pasado @s nen@s de primeiro e segundo ciclo foron de excursión a Santiago para ver unha obra de teatro en inglés: Magic beans A obra resultou moi ben , foi divertida, tiña moitas cancións... Pero o día non saíu como esperabamos: tardamos case dúas horas en chegar ao teatro xa que estivemos parad@s xusto á entrada de Santiago por mor dun camión que ardeu na estrada, comezou a chover ao sair do teatro e o peor de todo, non puidemos xantar no Pedroso tal e como fixeramos outros anos.
Con todo, pasámolo ben e ao final ata puidemos dar un paseo nos dez minutiños escasos nos que saiu o sol.



Ah! e para rematar, esquecemos a cámara da escola, así que tivemos que quitar estas fotos cun móbil.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2008 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
Continúan as demandas.
Continúan as demandas e as informacións en prensa para solucionar as deficiencias no noso centro.

En La Voz de Galicia:
27 de marzo
4 de abril
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-04-2008 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis