www.educaldea.org


Blogue do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragoña
IV Premio Antón Fraguas
Museo do Pobo Galego

2º Premio Móllate polo galego
Vitaminas para o galego











O meu perfil
breasegade@yahoo.com
 VISITAR A ALDEA
 GALERIALDEA
 + EDUCALDEAN@S
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS


Cando Otero Pedraio fixo este artigo, é moi posíbel que tivera ante os seus ollos unha das casas do remo, ou quizás outra semellante a deseñada por Castelao para ilustrar Os dous de sempre. En calquera caso unha casa mariñeira de Rianxo.

A Casiña de Rianxo

Fai moito agarda. Semella feita para albergar unha esperanza e agarda a casiña belida e xeitosa da vila mariñeira. Como todo o vivente no corazón do espírito a casiña no seu agardar non acena nin suspira. Está calada. E mesmo matinamos se será pecado turbar o seu silencio con estas palabras...
Hai na vila, e noutras vilas, casas cheas de acugulados silencios, falangueiras se se lles sabe preguntar coa palabra das lendas e das pedras de armas. Mais elas non agardan. Son historia. Poden maxinarse que agardan apenas as pobriñas lembran.
Esta única, soa, non sae a praia impaciente de mirar as velas e as novas que retornan, nin rube os coutos a considerar mar de lonxe por se o vento ven de onde ela espera. Prefiro estar na rúa, compostiña, entre as outras casas, afidalgadas ou non, compostiña co seu balcón onde todos os anos fan seu niño ás amantes andoriñas.
A casiña se non dá a valer cas súas agardas nin atesoura memorias coma os pazos e os claustros deixados. Non hai de lle prestar vida de saber. Ela ten vida forte e calada. E algunha cousa – ese agardar- fai as xentes pasar diante de ela, con respecto como por diante do templo do silencio e da agarda.
No corazón da casa trema sen esmorecer nunca como a chama do santuario a lámpada dun inmorredoiro amor de nai e de irmáns. Amor e chama no seu silencio e luciña din e manteñen o grande roular das foulas e do vento nos piñeirais do corazón do pobo de Galiza, tamén agardando.
Arestora a saudade pecha súas alas e agarda na casiña da rúa da vila mariñeira.
Hai unha escaleira e no van da escaleira pintados uns mariñeiros de outro tempo portando a rede. Son arneirosos, podentes e riseiros deuses do mar. Mirados unha vez, se non poden esquecer.
Foron homes vivos. Parecen mitolóxicos. Os picariños mariñeiros agatuñan as escaleiras para mirar con respecto e admiración aqueles mariñeiros como si foran os primeiros en botar as dornas á ría.
No alto da casa unhas estanzas, curiosas, silenciosas, cheas de luz e de cousas de grave rezo de recordos.
Nunha das estancias tivo seu pasamento a velliña, branquiña e ceguiña, gala doce e fonda, no seu leitiño de brancas roupas como escumas, sempre agardando.
Noutra franquéase unha ventá ao mar. Para ningunha das ventás e solainas da vila, e das outras vilas do mar, dispoñen os piñeiros semellantes verdeceres, nin se acende o sol, nin chega o luar, e chove manseliño nas cousas. Pois os piñeiros, o sol, o luar, o chover, saben como aquela pupila rixiante significa o agardar e a arela de todo.
Pasemos por a rúa sen chamar nin turbar o silencio e agardar da casiña. Quen agarda pode chegar, ou terá chegado por carreiriños e rutas non da mar nin da terra. No tempo das almas e dos silencios hai rianxeiros chegados co lucir do sol. Séntanse o lume, folgan no amparo dos arboredos. Sabemos como chegaron e están alí. E os máis non rexistran seu pasar.
Algunha figura lanzal, alta, rexa e tenra, a agardada na casiña onde arestora loce a lámpada eterna do agardar e do soñar de Galicia.
Polos camiños adiante a noite tamén vai máis amodiño. Acéndense as luces, do mar e da terra. A noite axeonllada ao pé dos cruceiros trae seu consolo e soño.
Aquel amor aceso na casa do pobre mariñeiro, e o amor de tantos amigos non poden quedar desamparados. Agardarán sempre. Para eles, para o ser da Galiza, non ten significado a morte e ao lucir das bágoas sabe acender a esperanza seu sol noviño.
Otero Pedraio. Diario La Noche. Suplemento del sábado.-- [Ed. facs.] -- N. 15 [i.e. nº 16] (1950) ; p. 7
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-03-2009 01:18
# Ligazón permanente a este artigo
Estela de Taragoña
Na Biblioteca Virtual BBS já podes ler o artigo titulado: Una estela funerária inédita de Taragonha, publicada numa revista alemã especializada em epigrafia. A pedra pertenceu a Jacinto Fungairiño Muñiz e agora encontra-se no museu do Castro de Neixão. Para ir directamente ao artigo preme aqui.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-03-2009 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis