www.educaldea.org


Blogue do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragoña
IV Premio Antón Fraguas
Museo do Pobo Galego

2º Premio Móllate polo galego
Vitaminas para o galego











O meu perfil
breasegade@yahoo.com
 VISITAR A ALDEA
 GALERIALDEA
 + EDUCALDEAN@S
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Concerto homenaxe á Banda Infantil

O sábado 15 celebrouse o concerto homenaxe á Banda Infantil de Taragoña. Aos trinta anos da súa fundación o noso Museo, coa colaboración da Banda da Escola de Música de Rianxo, organizou un concerto no Centro Social cun repertorio moi especial. Tras moitos anos de non se interpretar música de banda no que fora local de ensaios da Banda Infantil, poidemos escoitar:
-Rio Te, de Francisco Lorenzo Otero.
-Rías Baixas, de José España Lorenzo.
-Anaquiños, de Luis de Araque.
-Atlantis, de José Ces Lorenzo.
No trancurso do acto fíxoselle entrega dunha placa aos que foran directores da Banda Infantil de Taragoña: José España Lorenzo, José Ces Lorenzo, Francisco Ces Lorenzo, Manuel Lorenzo Otero e á viuva de Prudencio Romo.
Ao longo de todo o acto puidemos ver a emoción nos rostros dos homenaxeados e de todas aquelas persoas que tiveran relación con eles e coa Banda Infantil.
Desde o Museo Pedagóxico Castelao esperamos que esta iniciativa sexa a primeira de moitas outras nas que se recoñeza a importancia que a Banda Infantil tivo na vida cultural de Taragoña. Para nós foi especialmente emocionante ver como boa parte do noso alumnado se implicou neste acto e como a historia da Banda Infantil volve a estar viva entre @s nen@s do noso colexio.
Grazas a tod@s @s que colaboraron con nós para que esta homenaxe poidera levarse a cabo.
Tes máis fotos na galerialdea

Para ver en La Voz de Galicia preme aquí
Comentarios (4) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 22-03-2008 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Campanha do BNG, «Dálle color ao colexio»
O BNG de Rianjo, vem de começar uma campanha solicitando o pintado da fachada do nosso cole. Resulta evidente que precisamos de melhoras nas nossas instalações, e uma mão de pintura não estava mal. Assim que aguardamos tenham êxito na sua demanda, com a que ganhamos todos, e no-lo deixem bonito. Ler em imprensa.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-03-2008 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Banda Infantil de Taragoña

O 2008 vai ser un ano de aniversarios en Taragoña. Comezamos coa celebración dos trinta anos da fundación da Banda Infantil de Taragoña.
O Museo Pedagóxico Castelao, coa colaboración da Banda da Escola de Música de Rianxo , organiza un concerto homenaxe que se celebrará o vindeiro sábado ás 12 da mañá no Centro Cultural de Taragoña.
Comentarios (0) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 11-03-2008 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis