Por fin! Xa está aquí o tan esperado video da canción que interpretou 5ºB o día da Paz. Sentimos a tardanza e a pouca calidade da gravación pero tivemos problemas técnicos.
Bufóns, cabaleiros, damas, raiñas, o rei Pedro, templarios, labregos e labregas,magos e magas, xograres e ata dragóns. Taragoña volveu a Idade Media na mañá do venres pasado.
Graciñas aos educaldeáns e educaldeás que xa non estades no Brea Segade por vires pasar a mañá con nós, ás nais, aos pais, aos irmáns e irmás pequenas que nos acompañastes no pasarrúas e aos veciñ@s de Taragoña por saír a vernos e animarnos nunha mañá tan, tan fría.
AH! e graciñas ás familas dos educaldeáns e educaldeás polo todos os doces deliciosos que nos mandastes para o banquete.
O pasado mércores tivo lugar unha rolda de prensa convocada pola Coordinadora de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística do Barbanza da que formamos parte. O obxectivo deste acto era expoñer o rexeitamento ao borrador do decreto das linguas no ensino na comunidade educativa do Barbanza. Participaron profesorado, alumnado e representantes de nais e pais de centros de Rianxo, Boiro, Pobra e Ribeira, mostrando así o malestar que provoca este borrador no conxunto da comunidade educativa e que estamos unidos na loita contra el.
Visitade o blogue da Coordinadora, O paraugas da lingua, para ver unha crónioca completa da rolda e a repercusión nos medios.
Cada día estamos máis guap@s, hoxe ata houbo quen trouxo un zapato e un patín, sen deixar atrás as prendas do revés e a decoración da cabeza. Aínda así o Toribio fíxonos recibir a tod@s unha "bendición" de auga fresquiña para empezar ben espert@s.
E mañá:
O xoves non deas a lata
e ponte unha gravata...
e algo na cabeza
e algo do revés
e zapatos de distinta cor.
Chaquetas, xerseis, pantalóns, calcetíns... ata calzóns disque viñeron hoxe do revés á escola. E claro, as cabezas de novo ataviadas. Pero o Toribio non descansa, xa nos volveu deixar un mandado para o mércores:
O mércores
con zapatos de distinta cor
bailarás moito mellor.
(E algo na cabeza
e algo do revés)
Comezamos a semana de Entroido con algo na cabeza tal e como nos pedira o Toribio. Houbo gorras, perrucas, boinas, gorros de todo tipo e tamén fariña e música para bailar no recreo. E mañá:
O martes
non sexas descortés,
e trae algo na cabeza e
algo do revés.