|
|
|
Adeus, Toribiño! |
|
Loito riguroso, grandes mostras de dor, sentida despedida... todo isto viviuse en Educaldea na tarde do xoves pasado.
O Toribiño ardeu no patio da nosa escola o 7 de febreiro ás 16:30 despois de acompañarnos durante todo o Entroido. Tras unha procesión a ritmo de gaita e percusión á que se foron sumando todos os cursos da escola, xuntámonos no patio para darlle o último adeus ao Entroido e prenderlle lume ao Toribiño.
Adeus, até o ano que vén.
|
|
|
|
2000 visitas a educaldea. Parabéns! |
|
 |
|
|
|
Un mundo de disfraces |
|

Despois dunha semana na que nos fumos ambientando para celebrar o entroido chegou o día máis esperado: comparsas, coplas, bailes e doces típicos destas datas. Choveunos e, un ano máis, non foi posibel sair polas rúas de Taragoña, pero festa tivémola igual.
Este ano un mundo de culturas encheron de cor a nosa escola, tivemos: orientais, tiroles@s, indi@s, heavies, rapeir@s, "pij@s", rockers, vaqueir@s, exipci@s, hippies... Mellor velo na nosa galerialdea. |
|
|
|
Xoves 31: sombreiro, roupa do revés e lentes |
|
A semana foise animando e o Toribiño fíxose dono de Educaldea. O xoves xa non cabía dúbida, os choqueiros tomaran a nosa escola. E ademáis no recreo houbo auga, fariña, baile e chocolate pola paz e polo entroido.
|
|
|
|
Guerra ou chocolate? |
|
Pero a tarde non rematou aí. No noso auditorio María Casares proxectouse a montaxe "Marce, o carteiro" preparada pola biblioteca escolar do CEIP de Pazos en Serantes (Ferrol). Marta e Dani Lorenzo foron os encargad@s de ler o conto, e tod@s nós de berrar: CHOCOLATE!! E iso mesmo foi o que recibimos para rematar a tarde: chocolate e churros para coller forzas e seguir traballando día a día pola Paz e a non violencia.
|
|
|
|
Día escolar pola Paz e a non violencia |
|
Na tarde do mércores 30 fixemos ruído, moito ruído. Sumámonos a unha proposta de Intermon Oxfam que pretendía que nos centros de ensino de todo o mundo soara un clamor pola paz.
Cada aula traballou sobre o significado da palabra Paz e sobre diferentes conflitos que están a ter lugar neste momento no mundo. Despois elaboráronse carteis expoñendo que lle parecía imprescindibel a cada grupo para que haxa paz e manifestos nos que cada curso explicou contra que situacións quería protestar por medio do ruído. Ademáis construíronse instrumentos que facer soar na nosa protesta pola Paz.
Pola tarde xuntámonos no patio, lemos os manifestos, fixemos soar os nosos instrumentos e tamén escoitamos unha canción preparada polo alumnado e titor@s de primeiro e terceiro ciclos.
|
|
|
|