Este ano a nosa saída de convivencia e descuberta no noso concello levouno ata a praia de Tanxil. Percorremos o paseo marítimo, buscamos información nas tampas dos sumidoiros e nas laxes dos escritores rianxeiros, paseamos por Rianxo, lemos poemas, xantamos, xogamos... e sobre todo pasamos un día estupendo xunt@s.
|
O primeiro pedir disculpas polo parón destes últimos meses.
Educaldea non parou, xa o sabedes, pero os administrador@s deste blogue non demos atopado tempo para iren publicando no día a día.
Temos propósito de enmenda, de entrada imos ir colgando as imaxes do que foi pasando na escola neste tempo.
E comezamos polas merendas saudábeis nos recreos. Este curso renovamos o noso compromiso co medio ambiente: cambiamos os contentores do patio para separar o lixo, comezamos a proxectar a nosa intervención no xardín e na horta (á espera de que Concello cumprira á súa parte e acondicionara eses espazos) e decidimos merendar froita nos recreos polo menos os martes e os xoves.
|