|
|
|
Son de Rianxo |
|
O pasado venres Educaldea volveu encherse de amig@s que quixeron acompañarnos na presentación do CD Son de Rianxo. O noso auditorio María Casares, recén ampliado para poder dar cabida non só aos educaldeáns e educaldeás senón tamén ás súas familias e tod@s @s que queredes compartir con nós momentos especiais, estivo cheo e até houbo quen tivo que quedar de pé.
Na presentación, acompañando a José Luís do Pico, contamos coa presenza da Delegada Provincial da Consellería de Cultura e Deporte, Milagres Lantes e dos directivos de Barbantia Milagros Torrado e Adolfo Muíños.
Moitas grazas a todos os que coa vosa presenza mostrastes que tamén credes neste proxecto. Moitas grazas a Barbantia e a todos os socios e socias que se achegaron até Taragoña. Moitas grazas a Xosé Luís Axeitos e a Pepe Romero por acompañarnos ao longo do proceso e tamén nesta ocasión.
E por suposto moitas grazas a Ramón Carou, a José Figueiras e a todos os grupos que participaron no proxecto: Buxaina, Vai de Roda, Río do Anxo, Café ao Tisón e Os Cangrexeiros.
A presentación do CD foi recollida en diferentes medios e na blogosfera:
Culturagalega.org
Web da asociación Barbantia
Música por un tubo
La Voz de Galicia |
|
|
|
Os nosos CDs |
|
 Unha sorpresa para cada curso no Museo Pedagóxico Castelao: un paquete enchido de música, de memoria, de ilusión, de tradición e de futuro. Tamén un convite para a presentación e un feixe de actividades para facer nas aulas e entender mellor que é Son de Rianxo.
|
|
|
|
MAGOSTO |
|
O venres 14 comezamos o día co Magosto: os tres pés, carrusel de castañas, o tragacastañas, carreiras de sacos, baile con castañas... e moitos máis xogos por equipos para rematar papando castañas que un ano máis asaron para nós Charo e José Luís. Que ben o pasamos! Visitade a nosa reportaxe fotográfica clicando enriba desta foto.
|
|
|
|
Magosto: votacións para o cartel |
|
O xoves pasado no recreo tivo lugar a votación para escoller debuxo e lema para o cartel do Magosto. Constituíronse tres mesas electorais e os electores puidemos escoller entre oito debuxos e tres lemas que foran previamente seleccionados en cada clase. A xornada desenvolveuse, como todos os anos, sen ningún problema e cunha alta participación..
|
|
|
|
Son de Rianxo |
|
Parabéns, Educaldean@s!
Xa temos nas mans o noso C.D. Son de Rianxo. Máis de sesenta gaiteiros novos do noso concello, facendo a música que lle aprenderon aos vellos mestres.
O 14 de novembro ás oito e media da tarde na nosa escola, faremos a presentación pública á que estades invitadas todas as familias.
Xunto co C.D. a Biblioteca B.B.S. ven de editar unha guía didáctica, con información adicional e múltiples actividades. Podédela baixar aquí. |
|
|
|
Almorzo saudable |
|
O mércores 5 de novembro, os nenos e nenas do CEP Xosé Mª Brea Segade disfrutaron dun ALMORZO SAUDABLE .
Esta actividade foi organizada pola Unidade Concello Saudable do Concello de Rianxo, promovida pola Dirección Xeral de Saúde Pública que ten como obxectivo promover estilos de vida saudables entre a poboación.
A actividade “Almorzo Saudable” pretende concienciar da importancia dun almorzo axeitado e potenciar unha alimentación san e equilibrada.
Ademais de dúas persoas desta unidade: unha nutricionista, responsable da área de alimentación e nutrición e o responsable da área de actividade física, contamos con seis persoas dunha empresa de catering.
O almorzo saudable consistiu nunha breve charla informativa, a cargo da nutricionista, seguida dunha degustación tipo buffet dun menú variado composto por:
Pan.
Leite e produtos sen lactosa.
Cacao.
Manteiga.
Marmelada de amorodos, e de pexego.
Froita (plátanos, mazás, peras...)
Zume de laranxa e de piña.
Auga.
Cereais ( con e sin chocolate).
Embutidos (peituga de pavo e xamón cocido).
Que fartura! Estaba todo boísimo! E despois de recargar enerxías... voltamos ás aulas con máis ganas de traballar.
|
|
|
|
Indo para o samaín |
|
No recreo, continuamos a voltas co Samaín. Neste caso coa lectura dramatizada da obra de teatro Indo para o Samaín.
Lede a crónica e vede as fotos no blogue da biblioteca. |
|
|
|
Samáin: chegou o día |
|
O venres 31, ao abrir as portas de Educaldea atopamos as cabazas coas velas acesas e unha música terrorífica soando, pero aínda había máis:
|
|
|
|
Samaín: as cabazas |
|
 Ao longo de toda a semana foron chegando a Educaldea todo tipo de cabazas talladas e decoradas que foron ambientando a nosa praza maior de cara ao venres 31. Este ano xuntamos unha boa colección delas, a cal máis orixinal, pero desde logo unha das que máis chamou a atención foi a que fixeron na escola os de 6ª A. Aquí a tedes. A que é tremenda?
Visitade a galeríaldea para ver máis fotos das cabazas. |
|
|
|