Quase sempre, a educação é um caminho de ida e volta. Nós, @s professor@s esquecemos que temos tanto a aprender como a ensinar, de facto, acho que possivelmente muito mais. Há que estimular muito pouco às nossas crianças para que nos dêem lições de civismo, como a que se pode ver no deslizante de abaixo.
Nas imagens estão a recolher os plásticos que ficaram tirados pelo pátio logo de que as lixeiras estiveram cheias durante semanas e que o lixo desbordara sem que o nosso alunado tivesse qualquer culpa.
Tinham uma prova depois do recreio e queriam ter estudado durante a pausa, mas acudiram a chamada que lhes fixemos sem protestar e encheram as sacas com entusiasmo sabedores do bom que estavam a fazer.
Eles, sempre estão dispostos a trabalhar na defesa do nosso entorno, da nossa biodiversidade, sem precisar de prémios extraordinários como os ecologistas mediáticos tipo Al Gore. Silandeiramente põem a sua pequena pedrinha para construir um mundo melhor, uma esperança renovada de um futuro mais equilibrado, respeitoso com o Planeta.
São estas pequenas coisas as que nos fazem estar tão orgulhosos das nossas crianças e pensar que algo devemos estar a fazer bem os pais, as mães e os professores desta comunidade escolar. Obrigado a tod@s.
|
|
|
|
Un sapo na leira. |
|
O día que Sergio andou cun sapo.
|
|
|
|
Xa estamos no Museo do Pobo! |
|
 E chegou o gran día! O CEP Brea Segade recolleu o Premio Antonio Fraguas en Compostela, no Museo do Pobo Galego. Alí estivemos alumn@s, pais, nais, avós, profes, colaborador@s do Museo Castelao e de Educaldea, amig@s,autoridades...
Presidiu o acto Isaac Díaz Pardo. Dani e Ainhoa recolleron o premio e fixeron que tod@s nos sentíramos moi orgullos@s de ser educaldean@s. Isabel Rei, profesora do Conservatorio Profesional, emocionounos interpretando tres motivos da súa Suite Rianxeira baseada en temas tradicionais de Rianxo. E así, orgullos@s e emocionad@s visitamos a exposición que permanecerá en Santiago até o día 11 de novembro. Foi un día especial, tal e como queríamos. Botádelle unha ollada á galería. |
|
|
|
Convite para ir recoller o premio Antonio Fraguas. |
|
 O vindeiro día 6 de Outubro imos ao Museo do Pobo recoller o premio Antonio Fraguas. Agardamos que nos acompañes. Para @s nen@s de sexto e os seus acompañantes haberá un autobús que sairá de Campo Maneiro o Sábado as 10:30 horas, o resto iremos pola nosa conta, mais non podemos faltar. |
|
|
|
Educaldea no Museo do Pobo Galego! |
|

O vindeiro sábado 6 ás 12 da mañá inauguraremos en Santiago, no Museo do Pobo, a exposición dos proxectos premiados no IV premio Antonio Fraguas. Educaldea estará presente cunha mostra do traballo realizado polo noso alumnado no curso pasado. Estades convidad@s a asistir ao acto de inauguración e de non poder, non dubidedes en visitar a exposición ao longo do mes que permanecerá en Compostela.
Logo deste mes a exposición voltará ao CEP Brea Segade para fornecer ao noso Museo Pedagóxico Castelao.
Educaldea tamén aparece en Vieiros. |
|
|
|
|
|