www.educaldea.org


Blogue do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragoña
IV Premio Antón Fraguas
Museo do Pobo Galego

2º Premio Móllate polo galego
Vitaminas para o galego











O meu perfil
breasegade@yahoo.com
 VISITAR A ALDEA
 GALERIALDEA
 + EDUCALDEAN@S
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nace un novo blogue en Taragoña.

Algún de queles nen@s que nos 70 formaron a Banda Infantil de Taragoña están agora a recompilar todos os documentos que ilustre a súa historia. É unha homenaxe a todos os que fixeron parte da Banda e especialmente aos que xa non están entre nós.
Parabéns.
Visitar o blogue: aquí
Comentarios (0) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 08-09-2009 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
As fotos da túa escola

O curso pasado recollimos grazas a vosa xenerosidade, numerosas fotografías dos 25 anos de existencia do noso cole. Agora podes velas aquí en formato blogue.
Se queres podes seguir colaborando deixando os teus comentarios ou facendo novas achegas.
Comentarios (2) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 02-09-2009 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
O PARTIDO
E non hai fin de curso sen o partido de alta rivalidade sexto contra profes, xoguemos ao que xoguemos.
Este ano tocou fútbol e resolvimos cun empate, bo resultado!.
Un gusto compartir con vós este partido e estes anos. Boa sorte e xa sabedes que aquí segue estando a vosa casa. Bicos.
Os/as profes


BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-06-2009 00:55
# Ligazón permanente a este artigo
O festival de Fin de Curso
Despedimos o curso con teatro e música. Un grupo de quinto representou a obra de Charo Pita O piano do seu sorriso e os alumnos e alumnas de sexto despedíronse de tod@s nós con dous temas de frauta e a canción "Eu só penso en ti".
Despois veu o tempo das proxeccións de fotos, de comprobar o rápido que pasan os anos, de emocionarnos...


BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing



O PIANO DO SEU SORRISO


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-06-2009 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
O noso día grande!
As fotos ben deixan ver que o sábado 20 tivemos un fin de festa por todo o alto. Xogos e obradoiro de instrumentos para os máis pequen@s, xantar, música e fútbol para tod@s, fotos para traer de volta moitas lembranzas de antig@s alumn@s e profes e unha parede preciosa para deixar constancia destes 25 anos. Ah! non vos perdades a papeleira tuneada, outra das xoias que nos quedarán de recordo.
Abride o álbum premendo na foto e visitádeo con calma.


Xantar 25 aniversario
Comentarios (4) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 25-06-2009 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
Festa 25 aniversario no Campo Maneiro
- Entre as once e a unha e media xogos populares nas pistas do colexio coa colaboración do Departamento de Deportes do Concello de Rianxo.

- Ás dúas xantar e música no Campo Maneiro.

- Ás tres e media obradoiro de instrumentos tradicionais.

- Ás seis partido de fútbol entre antigos alumnos e alumnas.

- Ao longo do día visita á exposición de fotos antigas.

NON FALTEDES!
Comentarios (2) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 19-06-2009 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
No Museo do Pobo

Onte presentamos en Santiago, no Museo do Pobo Galego, Son de Rianxo. Escoitar aos nosos gaiteiros no claustro do Museo foi o mellor da tarde. Grazas a todas as persoas que nos acompañaron onte, moi especialmente ao señor Mallou. E grazas aos traballador@s do Museo do Pobo por facernos sentir como na casa unha vez máis.
Comentarios (3) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 19-06-2009 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Son de Rianxo no Museo do Pobo Galego
Esta é unha semana importante no Brea Segade, o sábado temos o xantar que remata coas actividades do 25 aniversario, a praza maior de Educaldea está decorada con fotos que nos traen imaxes e lembranzas deste 25 anos e mañá temos presentación do noso CD Son de Rianxo no Museo do Pobo Galego, en Santiago.
Lembrades que este disco é froito do traballo de recolla con gaiteiros de Rianxo que fixeramos desde Museo Pedagóxico Castelao no marco do V Premio Proxecto Didáctico Antonio Fraguas. O Museo do Pobo Galego quere dar a coñecer o traballo realizado, tal e como nós xa fixemos en Taragoña o novembro pasado. Xosé Figueiras e Ramón Carou estarán con nós en Santiago, ao igual que algúns dos músicos que participaron na gravación.
A cita é mañá xoves ás 19.30 horas no Museo do Pobo Galego. Animádevos a vir!
Comentarios (2) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 17-06-2009 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
As linguas suman
Ante a distribución das enquisas sobre a lingua por parte da Consellería de Educación, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalizacion e Dinamizacion Lingüistica elaborarou un tríptico informativo para os pais e nais sobre a importancia do coñecemento dos idiomas e da utilidade do galego.


Convidámosvos a difundilo, compartilo, envialo como adxunto aos nosos contactos... se o queredes descargar ou imprimir premede aquí.
As linguas suman, non renunciemos a elas, non renunciemos á nosa lingua.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-06-2009 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Que foi de ...?
Na tarde do 27 de maio o auditorio María Casares encheuse unha vez máis de lembranzas.
María, Daniel, Miguel, Sofía, Luís, Monchi, Sofía, Yolanda, Richard, Diego e Pablo viñeron compartir con nós os seus recordos como exalumn@s do Brea Segade. Faláronnos do que están a facer agora, de como era a escola cando eles estudaron nela, do que lles gustaba cando eran nen@s... Tamén contestaron a moitas preguntas que os alumnos e alumnas de hoxe en día querían facerlles.
Foi unha tarde especial, unha ponte no tempo entre distintas xeracións do Araño e Taragoña. A tarde pasou voando e quedaron moitas preguntas por facer e moitas historias por contar. Menos mal que no xantar do sábado 20 o timbre non vai soar e poderemos demorar tanto coma queiramos.

Graciñas por representar tan ben aos alumnos e alumnas que pasaron polo Brea Segade nestes 25 anos.



Comentarios (2) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 05-06-2009 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [19]
© by Abertal



Contador gratis