Este ano celebramos o Día da Paz cubrindo o mapa do mundo coas nosas fotos, mostrando así o noso comprimiso coa non violencia, a convivencia, a xustiza e a solución pacífica dos conflitos. Tamén lemos o conto que ao longo da semana foramos escribindo e ilustrando entre todos os cursos da escola. Os compañeiros e compañeiras de quinto agasallaronnos cunha canción na que nos lembraron a diversidade e a riqueza do mundo. E coma fin de celebración compartimos chocolate e churros, porque para construir un mundo en paz tamén é preciso coller forzas e ánimos en boa compaña.
Construamos un mundo diferente, máis xusto, máis solidario, máis tolerante... en paz. Fagámolo no día a día, aproveitando o poder educativo de cada pequeno xesto, de cada actitude, de cada actividade.
Recollemos aquí o froito dun traballo realizado a tres bandas e xenerosamente compartido, de entrada coa comunidade de bibliotecas escolares do Plan de Mellora e xa a día de hoxe, con toda a blogosfera sensible á problemática das linguas minorizadas.
Trátase do Decálogo elaborado polos Servizos Lingüísticos das Universidades catalanas no ano 2008, co gallo do Ano Internacional das Linguas, proclamado pola O.N.U., a tradución á nosa lingua de Adelia Troncoso,responsable da biblioteca do IES Val do Tea de Ponteareas e por último, a maquetación, que é obra de Mónica Muñoz, Coordinadora da Biblioteca Escolar C.E.I.P. Frian en Teis (Vigo).
Poñemos á vosa disposición un enlace no que se compilan diferentes valoracións, análises e posicionamentos sobre o Decreto de Plurilingüísmo no Ensino. Convidámosvos a ler para comprender que é o que se pretende con este Decreto e ter así máis forza para loitar contra el.
Compilación elaborada pola Coordinadora de traballadores de Normalización da Lingua. Porque non nos deixamos enganar, a nosa lingua precisa: NORMALIZACIÓN e DINAMIZACIÓN. Quen nos dera que non fose así!
Aquí está a reportaxe fotográfica do festival de fin de ano 2009. Noraboa a tod@s por facernos gozar un ano máis da coa música e o baile. Sodes uns artistaz@s!
Aproveitade ben estes últimos días do Nadal, dentro de nada xa estaremos de volta en Educaldea argallando novos proxectos.
A nosa biblioteca organiza un ano máis, nestas últimas semanas de decembro, a exposición "Un libro para agasallar". Diferentes editoriais colaboran para que o conxunto da comunidade escolar e todo aquel que quera visitarnos, poda descubrir algunhas das novidades editoriais en literatura infantil e xuvenil e escoller un bo agasallo para este Nadal: un libro.
Este ano contamos coa presenza de: Anaya, A Nosa Terra, Baía, Sotelo Blanco, Galaxía, Xerais, Kalandraka, OQO, Santillana, Planeta Oxford e Macmillan.
A exposición permanecerá aberta ata a mañá do martes 22 e pode ser visitada en horario extraescolar de cinco a seis da tarde.
Requiem é o título dunha obra composta por Jose Carballido ao que tod@s lembramos ben desde o seu paso por Educaldea hai un par de cursos.
Queremos que tod@s poidades escoitar o seu Requiem desde Educaldea porque aínda que haxa kilómetros de por medio el segue a ser tamén educaldeán e nós estamos pendentes do seu traballo e celebramos os seus éxitos.
Bicos desde Taragoña, Jose.