www.educaldea.org


Blogue do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragoña
IV Premio Antón Fraguas
Museo do Pobo Galego

2º Premio Móllate polo galego
Vitaminas para o galego











O meu perfil
breasegade@yahoo.com
 VISITAR A ALDEA
 GALERIALDEA
 + EDUCALDEAN@S
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O mundo é grande
Por fin! Xa está aquí o tan esperado video da canción que interpretou 5ºB o día da Paz. Sentimos a tardanza e a pouca calidade da gravación pero tivemos problemas técnicos.





Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2010 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
O último adeus!
E tremenda festa tivo un grandísimo final.
Até o ano Entroido!






Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2010 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus Toribio!

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2010 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
O noso Entroido Medieval
PASEN E VEXAN:

Bufóns, cabaleiros, damas, raiñas, o rei Pedro, templarios, labregos e labregas,magos e magas, xograres e ata dragóns. Taragoña volveu a Idade Media na mañá do venres pasado.
Graciñas aos educaldeáns e educaldeás que xa non estades no Brea Segade por vires pasar a mañá con nós, ás nais, aos pais, aos irmáns e irmás pequenas que nos acompañastes no pasarrúas e aos veciñ@s de Taragoña por saír a vernos e animarnos nunha mañá tan, tan fría.
AH! e graciñas ás familas dos educaldeáns e educaldeás polo todos os doces deliciosos que nos mandastes para o banquete.


Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-02-2010 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
No Barbanza rexeitamos o borrador do decreto
O pasado mércores tivo lugar unha rolda de prensa convocada pola Coordinadora de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística do Barbanza da que formamos parte. O obxectivo deste acto era expoñer o rexeitamento ao borrador do decreto das linguas no ensino na comunidade educativa do Barbanza. Participaron profesorado, alumnado e representantes de nais e pais de centros de Rianxo, Boiro, Pobra e Ribeira, mostrando así o malestar que provoca este borrador no conxunto da comunidade educativa e que estamos unidos na loita contra el.
Visitade o blogue da Coordinadora, O paraugas da lingua, para ver unha crónioca completa da rolda e a repercusión nos medios.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-02-2010 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
Con gravata


E para mañá o Toribio di:

FESTA RACHADA!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2010 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
Con zapatos de distinta cor
Cada día estamos máis guap@s, hoxe ata houbo quen trouxo un zapato e un patín, sen deixar atrás as prendas do revés e a decoración da cabeza. Aínda así o Toribio fíxonos recibir a tod@s unha "bendición" de auga fresquiña para empezar ben espert@s.

E mañá:

O xoves non deas a lata
e ponte unha gravata...
e algo na cabeza
e algo do revés
e zapatos de distinta cor.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-02-2010 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
Con algo do revés
Chaquetas, xerseis, pantalóns, calcetíns... ata calzóns disque viñeron hoxe do revés á escola. E claro, as cabezas de novo ataviadas. Pero o Toribio non descansa, xa nos volveu deixar un mandado para o mércores:


O mércores
con zapatos de distinta cor
bailarás moito mellor.
(E algo na cabeza
e algo do revés)


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-02-2010 00:58
# Ligazón permanente a este artigo
Con algo na cabeza
Comezamos a semana de Entroido con algo na cabeza tal e como nos pedira o Toribio. Houbo gorras, perrucas, boinas, gorros de todo tipo e tamén fariña e música para bailar no recreo. E mañá:


O martes
non sexas descortés,
e trae algo na cabeza e
algo do revés.



Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-02-2010 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Ola Toribio!
Xa está aquí de novo! E este ano, coma non podía ser doutro xeito o Toribio chegou con atavío medieval.
Estamos no ENTROIDO! É tempo de festa, de disfraces e de pasalo ben! En Educaldea... tamén!



O luns non esquezas
traer algo na cabeza.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-02-2010 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis