Este ano a nosa saída de convivencia e descuberta no noso concello levouno ata a praia de Tanxil. Percorremos o paseo marítimo, buscamos información nas tampas dos sumidoiros e nas laxes dos escritores rianxeiros, paseamos por Rianxo, lemos poemas, xantamos, xogamos... e sobre todo pasamos un día estupendo xunt@s.
O primeiro pedir disculpas polo parón destes últimos meses.
Educaldea non parou, xa o sabedes, pero os administrador@s deste blogue non demos atopado tempo para iren publicando no día a día.
Temos propósito de enmenda, de entrada imos ir colgando as imaxes do que foi pasando na escola neste tempo.
E comezamos polas merendas saudábeis nos recreos. Este curso renovamos o noso compromiso co medio ambiente: cambiamos os contentores do patio para separar o lixo, comezamos a proxectar a nosa intervención no xardín e na horta (á espera de que Concello cumprira á súa parte e acondicionara eses espazos) e decidimos merendar froita nos recreos polo menos os martes e os xoves.
Mañá venres 10 de setembro comezamos un novo curso. Nov@s alumnos e alumnas, novos profes, novo equipo directivo, novo horario, obras aínda sen rematar de todo... moitas novidades. O que non cambia é a ilusión e as ganas de compartir co noso alumnado e as súas familias moitos meses de traballo, de descubertas e de aprendizaxes.
Comezaremos xa co novo horario aprobado o curso pasado.
Luns a venres de 9:05 a 13:20
Tarde do martes de 15:30 a 17:20
Tarde do mércores de 15:30 a 17:25
Está claro que tod@s imos ter que facer un esforzo para lembrar este novo horario pero pasadas un par de semanas seguro que xa o temos claro.
IMPORTANTE: ESTE HORARIO É O QUE SE MANTERÁ DESDE O 10 DE SETEMBRO AO 22 DE XUÑO.
Non se nos concedeu a redución das tardes de xuño e setembro.
Coma sempre, o alumnado estará nas paradas media hora antes do comezo das clases.
Así que mañá ás 8:30 da mañá as paradas de bus de Taragoña e o Araño voltarán ver caras de vell@s coñecid@s e tamén algunhas caras novas.
Aquí está, grazas a Salomé, a foto das seleccións de profes e alumnado de 6º despois dos emocionantes partidazos de fútbol e brilé cos que rematamos o curso. Un ano máis un gustazo xogar con vos, pese a que nos derades un bo repaso.
Moita sorte para tod@s na vosa nova andaina. Xa sabedes onde estamos, non deixedes de vir. Ímosvos botar moito de menos!
Bicos.
Educaldea.
O martes pasado o noso Auditorio encheuse de estrelas que cantaban, bailaban, tocaban ... Que ben o fixestes! Noraboa a tod@s e, como non, a Jose Luís e a Noelia.
Noraboa tamén a Vanesa que preparou os videos cos que despedimos aos profes que non estarán para o curso que vén e aos compañeir@s de 6º.
E por fin chega o día da visita dos nenos, nenas e profes de Moaña. Parecía que faltaba un montón de tempo desde que nós fomos a Quintela pero xa é mañá.
Chegarán sobre as dez e media e estarán con nós ata as catro da tarde. Esperamos ser tan bos anfitrións e anfitrionas coma eles o foron para nós; é a verdade é que imos ter que esforzarnos porque el@s foron estupend@s.
Este domingo Antros Pinos organiza actividades en Campo de Pazos para conmemorar as Letras Galegas. Xogos, obradoiros, poesía, exposición da obra de Che Tembra, foliada e concerto, non podemos faltar! Mirade ben o cartel para informarvos do programa.