www.educaldea.org


Blogue do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragoña
IV Premio Antón Fraguas
Museo do Pobo Galego

2º Premio Móllate polo galego
Vitaminas para o galego











O meu perfil
breasegade@yahoo.com
 VISITAR A ALDEA
 GALERIALDEA
 + EDUCALDEAN@S
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Recollida de roupa para o Sáhara.

A ANPA do noso colexio colaborou na campaña de recollida de roupa en axuda ao pobo saharauí. Desde Educaldea os nosos parabéns pola iniciativa e grazas ás familias polas súas achegas.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2012 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
As cabazas do Samaín
Primeiro vídeo do noso Samaín, onde mostramos algunha das cabazas talladas polas familias. A tod@s, grazas por participar.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-11-2012 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Instrumentos Pobres

En plena crise como a que estamos non nos queda outra que a de botarlle imaxinación. A Aula de Música e de Atención Educativa estamos na idea de aprender a carpinteiros e facernos os nosos propios instrumentos con materiais de refugallo. Fixemos tarrañolas, frautas, pallóns, bugallos, carrizos...


Nas fotografías tendes unha representación dos peritos en carpintería, neste caso os de primeiro, mais que conste que participou todo o mundo. En próximas entregas veremos de poñervos vídeos con eles soando. 


I







II







III







IV







V












Comentarios (1) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 10-10-2012 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
Comezo do curso 2012-2013
Comezamos o curso cunha boísima noticia. O noso cole ganou o 2º premio do concurso fotográfico Móllate polo galego organizado polo colectivo Vitaminas para o galego.
A fotografía foi deseñada desde o Equipo de Dinamización Lingüística e tivo como modelos a Helena e Rodrigo, alumnos de primeiro curso.
Como recompensa a este bo traballo os organizadores de Móllate polo galego premiáronnos cunha tablet para o noso cole, doada por Informática Castelao de Rianxo.
Neste post podedes ver a nosa foto premiada e un pequeno vídeo con máis fotografias feitas o primeiro día de clase.


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-10-2012 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Paz
Este ano a celebración do día da paz foi unha viaxe ao redor do mundo, secundando unha iniciativa da BBS que nos propuxo traballar con contos tradicionais de países con conflitos armados.
Participou todo o colexio: fixemos unha ilustración do conto, vimos e escoitamos un vídeo con música de cada país, comentamos en alta voz a situación do país escollido, etc.
@s alumn@s de cuarto presentaron unha bonita montaxe do conto que enviamos a iniciativa solidaria Bubisher, ¿Hay algo mas aburrido que ser una princesa rosa? de Raquel Díaz Reguerra.
Os de 6º A regaláronnos un vídeo de produción propia sobre a paz, fermoso e solidario.
Desfrutade dos vídeos:

A nosa celebración:


Vídeo d@s alumn@s de 6º A:


Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-02-2012 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Celebración do Magosto.
A pesares da choiva, da que caía e da que está a cair, un ano máis celebramos o noso magosto. Houbo xogos, castañas e moitas ganas de pasalo ben. No vídeo está todo.

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-12-2011 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
SAMAÍN

No C.E.P. Xosé María Brea Segade, a pesares dos recortes na educación pública, a vida continúa a transcorrer como sempre. Non vamos a renunciar a un ensino de calidade e a que o noso alumnado compita en inferioridade co alumnado das escolas concertadas ou privadas. Só co esforzo de tod@s, profesorado e familias, salvaremos o ensino público, enfrontándonos a precariedade de medios con entusiasmo e calidade.

No noso centro comezaron as celebracións do ciclo festivo, as cais un ano máis contaron coa participación de todo o profesorado e alumnado, para reivindicar o noso dereito a unha cultura propia, aprendida na escola de tod@s, a que tod@s pagamos do noso peto.

A tarde do xoves 27, en horario non lectivo, un grupo de profesoras prepararon unha instalación terrorífica, un tunel do medo que asustaba nada máis mirar para el. Na mañá do venres, @s nen@s que querían entrar no cole tiveron que enfrontarse aos seres do máis alá para poder chegar ás súas aulas, e mesmo que afortunadamente non se contabilizaron baixas, a algún/a foille moita hora.

Para facer mais doce as amarguras do terror, houbo unha degustación de froitas e froitos do outono, na que o noso alumnado desacreditou a eses mentireiros que din que aos nen@s cústalles comer froita. Bo, nada mais, que todo está nos vídeos.






NON AOS RECORTES
NA EDUCACIÓN PÚBLICA
Comentarios (10) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 01-11-2011 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
Rianxeira del Plata
A través do facebook de Proxecto Virtual Recuperación do Patrimonio Musical Galego Séculos XIX-XX tivemos a sorte de encontrar este vídeo feito por arxentinos con sangue galega. Titúlase Rianxeiros del Plata, é dicir, do Rio da Plata, lugar ao que emigraron tantos galegos e, nomeadamente, tantos rianxeiros.
Os veciños de Taragoña na Arxentina foron os que costearon a escola do Cruceiro, cerne da vida escolar da nosa parroquia.
Na etapa histórica que estamos a vivir, a escola pública está a sufrir o maior ataque desde a chegada da democracia, pondo en grave perigo o estado actual do sistema educativo público galego. Aforrar en educación sae caro, sobre todo cando na educación na que se aforra é na de todos, mantendo e mellorando os concertos coa educación concertada ou privada.
Se non defendemos a nosa escola, o futuro d@s nos@s fill@s pode ser coller o camiño da emigración, pois unha sociedade que non coida do ensino público de calidade despreocúpase do futuro das vindeiras xeracións.
Este vídeo de oriundos da Galiza na Arxentina é fermosísimo, está feito desde a mestizaxe e o bo gusto, cos acentos propios dos que levan o idioma só no ADN, de persoas aos que lles impediron facerse adultos na súa terra. Mais eles non esquecen, porque nunca quixeron ter marchado.
Non permitamos máis recortes na educación: hai
demasiado en xogo.


Comentarios (2) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 28-09-2011 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
Tino Miranda Castaño

O noso compañeiro e grande actor Tino Miranda Castaño está pronto a estrear a súa próxima obra co Cadro Artístico Airiños e que levará o título de Ata que a morte nos separe!.
Es quen de identificalo na foto? Desexémoslle sorte para a estrea.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-09-2011 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
CHARAMUSCAS 2011
Charamuscas 2011
Para comezar o curso 2011-2012 nada mellor que facer memoria de todo o que fixemos o ano pasado. Xa podedes ver a nosa revista na rede. Só tedes que premer o botón CHARAMUSCAS na columna da esquerda.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-08-2011 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis