www.educaldea.org


Blogue do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragoña
IV Premio Antón Fraguas
Museo do Pobo Galego

2º Premio Móllate polo galego
Vitaminas para o galego











O meu perfil
breasegade@yahoo.com
 VISITAR A ALDEA
 GALERIALDEA
 + EDUCALDEAN@S
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xornada mixta para o curso que vén
O mércores pasado as nais e pais do alumnado do noso colexio votaron a favor da implantación da xornada mixta para o curso 2010-2011. Os resultados foron claros:

Censo total: 101 familias

Votos emitidos: 83

Abstencións :18

Votos a favor da xornada mixta : 69

Votos en contra da xornada mixta: 14

Destacar e agradecer a colaboración e a participación das familias.

A xornada mixta foi a única opción aceptada polo Servizo de Transporte da Delegación de Educación da Coruña, tras numerosas xestións realizadas nos últimos anos para intentar implantar no CEP Brea Segade a xornada única. A xornada única que, nun sondeo realizado pola ANPA do Brea Segade, era a xornada maioritariamente apoiada polas familias do alumnado.

Non esaxeramos se dicimos que se presentaron en delegación até cinco posibilidades diferentes de horarios de xornada única para o noso centro que sempre foron rexeitados por incompatibilidade co servizo de transporte escolar que atende ao alumnado do noso centro e do IES Félix Muriel. Segundo Delegación a xornada única implicaría encarecer os gastos de transporte ao precisarse un autobús máis para compatibilizar horarios. Coma sempre os cartos condicionan a organización e a calidade do ensino, moito máis nos centros do rural.

Finalmente no vindeiro curso o alumnado de Taragoña e o Araño acudirá ao centro de 9:05 a 13:20 todos os días e as tardes do martes e mércores de 15:30 a 17:25.

Seremos o único centro de Infantil e Primaria do Concello de Rianxo que desenvolva actividade docente en horario de tarde.

Esperamos que noutras medidas a implantar pola Consellería de Educación, coma por exemplo a dotación de ordenadores para quinto de Primaria, os centros do rural, que tantos desigualdades padecemos por cuestións alleas a nós (servizo de transporte e horarios, dotación de profesorado, mantemento das instalacións, conexión a internet, dotación de material...) sexamos, para variar, os primeiros da lista.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-03-2010 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Que ben que agora poidan ter a xornadaa mixta,asi os nenos poden xogar pola tarde(e tamén facelos deveres)Asi teñen tempo pra todo o que queiran facer.Que ben!!!!!!Cando eu estaba había que ir pola tarde e despois non tiña tempo pra facer nada, porque iba a clases (e sigo indo)entoncesnunca tiña tempo:( pero bueno #blgtk08#encantame que os rapazes poidan disfruutar da tarde para facer algo!!!!!E sobre todo... teño xa ganas de velos profesores e a Cristian que xa ai que non o vexo!!!! solo cando paso co coche... o vexo xogar co balón pero nada mais. moitos bicos a todos. aber se volve xa Xosé Luis non????!!!!!


Comentario por clara (29-03-2010 18:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis