Hoxe a última hora da mañá o presidente da ANPA do CEP Brea Segade recibiu un fax informando de que a Delegación da Consellería de Educación de A Coruña decidira nomear un orientador para o noso centro. Espérase a súa incorporación o vindeiro luns. Queda desconvocada polo tanto a concentración de protesta que se ía realizar mañá. A ANPA infórmanos de que continuará as xestións para conseguir un especialista en Audición e Linguaxe para as escolas de Asados e Taragoña.
Unha vez máis constatamos o poder que os medios e as accións públicas de protesta exercen sobre a toma de decisións por parte da Administración.
DENDE A ANPA GRAZAS A TODOS POLO APOIO QUE NOS DESTES PARA PODER CONQUERIR A O#blgtk08#RIENTADORA, O PRIMEIRO OBXECTIVO. SEGUIREMOS TRABALLANDO PARA MELLORAR O BREA.