Comezamos o curso cunha boísima noticia. O noso cole ganou o 2º premio do concurso fotográfico Móllate polo galego organizado polo colectivo
Vitaminas para o galego.
A fotografía foi deseñada desde o Equipo de Dinamización Lingüística e tivo como modelos a Helena e Rodrigo, alumnos de primeiro curso.
Como recompensa a este bo traballo os organizadores de Móllate polo galego premiáronnos cunha tablet para o noso cole, doada por Informática Castelao de Rianxo.
Neste post podedes ver a nosa foto premiada e un pequeno vídeo con máis fotografias feitas o primeiro día de clase.