Este ano a celebración do día da paz foi unha viaxe ao redor do mundo, secundando unha iniciativa da BBS que nos propuxo traballar con contos tradicionais de países con conflitos armados.
Participou todo o colexio: fixemos unha ilustración do conto, vimos e escoitamos un vídeo con música de cada país, comentamos en alta voz a situación do país escollido, etc.
@s alumn@s de cuarto presentaron unha bonita montaxe do conto que enviamos a iniciativa solidaria Bubisher,¿Hay algo mas aburrido que ser una princesa rosa? de Raquel Díaz Reguerra.
Os de 6º A regaláronnos un vídeo de produción propia sobre a paz, fermoso e solidario.
Desfrutade dos vídeos: