www.educaldea.org


Blogue do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragoña
IV Premio Antón Fraguas
Museo do Pobo Galego

2º Premio Móllate polo galego
Vitaminas para o galego











O meu perfil
breasegade@yahoo.com
 VISITAR A ALDEA
 GALERIALDEA
 + EDUCALDEAN@S
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Libro de visitas do 25 aniversario
A suxerencia dun antigo alumno acabamos de crear no blogue da biblioteca un libro de visitas para que exalumnos, exalumnas, exprofes, alumnos e alumnas actuais, profesorado, nais, pais e todas as persoas que pasaron polo centro poidan mandar os seus comentarios, as súas lembranzas, as anécdotas, só un saúdo... neste ano de celebración.
Enlazamos desde Educaldea co Libro de Visitas do 25 aniversario.
Para que sexa máis doado acceder a el temos un botón a man esquerda que con só premer xa nos leva directamente.
Aproveitamos para dicirvos que para ver todo o publicado sobre o 25 aniversario só tedes buscar Visitar aldea no menú da man esquerda e premer sobre a primeira categoría: 25 aniversario.
Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 11-05-2009 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Na prensa
Tamén a prensa falou do concerto da Brea Segade Big Band.

El correo gallego
Comentarios (0) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 10-05-2009 01:47
# Ligazón permanente a este artigo
Nos concertos
As fotos deixano claro, a Brea Segade Big Band tivo un éxito total nos dous pases do xoves pasado.
Graciñas Aurora, Manolo, Martín, Richard, Valentín, Antonio e José Luís polo agasallo tan fermoso que nos fixestes. Encantounos! Que sexa o primeiro de moitos máis.

Premede enriba da foto para ver o resto do álbum.

Brea Segade Big Band en concerto
Comentarios (11) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 10-05-2009 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
A conferencia de Xosé Ramón Brea Rei
O programa de actos do 25 aniversario está enchendo a nosa escola de actividades e de momentos moi especiais. O primeiro deles foi a charla de Xosé Ramón Brea Rei, grazas ao que tod@s puidemos coñecer un pouco mellor ao poeta que dá nome á nosa escola. Descubrimos que era un home sensible e culto, con intereses diversos e un enorme apego a Taragoña. Que boa escolla foi este nome para a nosa escola!
Ademais, na conferencia da tardiña tamén vimos o video sobre Brea Segade elaborado por profesorado e alumnado da escola no ano 1993, un dos documentos recuperados e dixitalizados neste curso.


Comentarios (0) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 09-05-2009 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
Brea Segade Big Band en concerto
Xa está aquí!!
Non o podes perder.
Comentarios (1) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 06-05-2009 01:07
# Ligazón permanente a este artigo
25 anos de X.Mª. Brea Segade

Comentarios (0) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 25-04-2009 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
Programa do 25 Aniversario
Aquí tedes o programa de actividades do 25 Aniversario do C.E.P. Brea Segade.
Ide reservando as datas!

Premendo enriba da imaxe verédela en grande, para non perder detalle.




Comentarios (0) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 24-04-2009 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
Para velas mellor
É que están tan bonitas...


Comentarios (3) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 20-04-2009 01:16
# Ligazón permanente a este artigo
AS NOSAS PANCARTAS
As nosas pancartas xa levan uns cantos días dando que falar en Taragoña e no Araño e iso era xusto o que pretendíamos.
A xente quere saber que imos facer para celebrar estes 25 anos e tamén quen foron os artistas.
Pois ben, de momento imos resolver parte dos enigmas.
Moitas grazas aos nenos e nenas do CEP Brea Segade por traballar duro para tres das pancartas e a nosa admiración e agradecemento especial para Xoán Agrelo, Diego Ares, Nacho Lago e Noel Pérez, que en pouquísimo tempo foron quen de lle dar ese toque especial que teñen todas as pancartas.
















Por certo, alguén reparara na cantidade de cabos que están pendurados por todas partes nas nosas parroquias? Fixádevos ben nas fotos.
Comentarios (4) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 20-04-2009 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
O 25 aniversario en prensa
As nosas pancartas xa empezan a dar seus froitos, son moitos os que preguntan que imos facer nesta recta final das celebracións dos 25 anos do colexio e incluso en La Voz de Galicia se fan eco das nosas pancartas.
Comentarios (0) - Categoría: 25 Aniversario - Publicado o 18-04-2009 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal



Contador gratis