www.educaldea.org


Blogue do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragoña
IV Premio Antón Fraguas
Museo do Pobo Galego

2º Premio Móllate polo galego
Vitaminas para o galego











O meu perfil
breasegade@yahoo.com
 VISITAR A ALDEA
 GALERIALDEA
 + EDUCALDEAN@S
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Taller de instrumentos
O noso amigo Emilio, veu dar ao colexio un magnífico taller de instrumentos tradicionais. Ensinounos aparellos musicais cos que no pasado xogaban os nosos maiores, mais que pola súa fácil feitura poderíamos construir calquera de nós. Nas fotos podes ver o ben que o pasamos.



Comentarios (1) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 22-05-2008 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto homenaxe á Banda Infantil

O sábado 15 celebrouse o concerto homenaxe á Banda Infantil de Taragoña. Aos trinta anos da súa fundación o noso Museo, coa colaboración da Banda da Escola de Música de Rianxo, organizou un concerto no Centro Social cun repertorio moi especial. Tras moitos anos de non se interpretar música de banda no que fora local de ensaios da Banda Infantil, poidemos escoitar:
-Rio Te, de Francisco Lorenzo Otero.
-Rías Baixas, de José España Lorenzo.
-Anaquiños, de Luis de Araque.
-Atlantis, de José Ces Lorenzo.
No trancurso do acto fíxoselle entrega dunha placa aos que foran directores da Banda Infantil de Taragoña: José España Lorenzo, José Ces Lorenzo, Francisco Ces Lorenzo, Manuel Lorenzo Otero e á viuva de Prudencio Romo.
Ao longo de todo o acto puidemos ver a emoción nos rostros dos homenaxeados e de todas aquelas persoas que tiveran relación con eles e coa Banda Infantil.
Desde o Museo Pedagóxico Castelao esperamos que esta iniciativa sexa a primeira de moitas outras nas que se recoñeza a importancia que a Banda Infantil tivo na vida cultural de Taragoña. Para nós foi especialmente emocionante ver como boa parte do noso alumnado se implicou neste acto e como a historia da Banda Infantil volve a estar viva entre @s nen@s do noso colexio.
Grazas a tod@s @s que colaboraron con nós para que esta homenaxe poidera levarse a cabo.
Tes máis fotos na galerialdea

Para ver en La Voz de Galicia preme aquí
Comentarios (4) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 22-03-2008 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Banda Infantil de Taragoña

O 2008 vai ser un ano de aniversarios en Taragoña. Comezamos coa celebración dos trinta anos da fundación da Banda Infantil de Taragoña.
O Museo Pedagóxico Castelao, coa colaboración da Banda da Escola de Música de Rianxo , organiza un concerto homenaxe que se celebrará o vindeiro sábado ás 12 da mañá no Centro Cultural de Taragoña.
Comentarios (0) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 11-03-2008 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Inauguramos!

Por fin coas portas abertas!
O venres 14 foi día grande no CEP Brea Segade de Taragoña. O noso Museo presentouse en sociedade e fixoo por todo o alto: co auditorio María Casares a rebordar, coa interpretación da Suite Rianjeira e co ánimo de tod@s @s presentes de que o Museo non deixe de medrar e de consolidarse.
Grazas a Isabel Rei e Xurxo Varela.
Grazas a tod@s os que compartistes esa tarde con nós.
Grazas a tod@s os que contribuistes a que o Museo Pedagóxico Castelao sexa unha realidade.
Preme aquí para ver máis fotos.
Comentarios (2) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 18-12-2007 01:28
# Ligazón permanente a este artigo
Aprendiz de gaiteiro português
Visto em: www.blogoteca.com/desons/

desons
Comentarios (0) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 18-05-2007 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
Gaita de Ramom Carril em Rianjo
Magnífica gaita propriedade do Sr. Carou, comprada nos anos 40 em Compostela a Ramom Carril pai de Basilio.
Comentarios (0) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 08-05-2007 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal



Contador gratis