www.educaldea.org


Blogue do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragoña
IV Premio Antón Fraguas
Museo do Pobo Galego

2º Premio Móllate polo galego
Vitaminas para o galego











O meu perfil
breasegade@yahoo.com
 VISITAR A ALDEA
 GALERIALDEA
 + EDUCALDEAN@S
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Herdeiros pola forza.

O noso cole ten a honra de anunciar que o día 8 de febreiro, ás 8 da noite, Xurxo Ayán e Manuel Gago presentarán o seu libro Herdeiros pola Forza. O coloquio-presentación terá lugar na biblioteca do centro, no marco dos eventos que baixo o título Chamando ás portas da historia organizamos en colaboración coa ANPA.
Este acto está aberto a todo o público que queira visitarnos, así que animádevos.

Aínda que moitos xa a coñeceredes, recomendamos unha visita aos blogues dos autores:

Xurxo Ayán: http://alucenzadoabade.wordpress.com/
Manuel Gago: http://www.manuelgago.org/blog/
Comentarios (0) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 20-01-2013 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Instrumentos Pobres

En plena crise como a que estamos non nos queda outra que a de botarlle imaxinación. A Aula de Música e de Atención Educativa estamos na idea de aprender a carpinteiros e facernos os nosos propios instrumentos con materiais de refugallo. Fixemos tarrañolas, frautas, pallóns, bugallos, carrizos...


Nas fotografías tendes unha representación dos peritos en carpintería, neste caso os de primeiro, mais que conste que participou todo o mundo. En próximas entregas veremos de poñervos vídeos con eles soando. 


I







II







III







IV







V












Comentarios (1) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 10-10-2012 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
Artigo sobre a Banda Infantil na Voz de Galicia.
Este domingo, en La Voz de Galicia, publicaron un artigo sobre a Banda Infantil de Taragoña, onde incluíron unha foto do noso museo.
No artigo de María Xosé Blanco queda clara a importancia de esta formación na historia da nosa parroquia e da súa proxección na actualidade, dada a cantidade de profesionais da música que saíron das suas fileiras.

Ver artigo aquí.

Outros artigos na Voz sobre a banda: aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 26-10-2009 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Deron comenzo as xornadas...
O pasado día 16 de outubro deron comezo as xornadas sobre a historia local do noso concello. A presenza de Xurxo Ayán e Lucas Santiago foi para nós todo un honor que agradecemos desde este blogue.
Para o 13 de novembro o tema será o teatro, co protagonismo especial do grupo Airiños de Asados. Ese día proxectaremos a obra Os vellos non deben de namorarse de Castelao, nunha gravación de hai máis de vinte anos.
Ademais, agardamos contar coa presenza dos actores participantes na antiga montaxe, así como os que na actualidade van repoñer este clásico de Castelao.

En prensa
Comentarios (1) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 21-10-2009 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
O'Neixón, historia viva dun castro.

O venres 16 de outubro, ás oito da noite, daremos comezo a un novo ciclo de conferencias no noso cole, cuxo nome xenérico é Petando nas portas da historia. As conferencias serán sempre o segundo venres de cada mes, a non ser que cadre en feriado (anunciaremos con tempo a data certa) e os temas a tratar sempre sobre historia local (o teatro, a pintura, a música, etc.)
O primeiro acto será a proxección do filme O'Neixón, historia viva dun castro, coa presenza do seu director Lukas Santiago e do guionista e arqueólogo do CSIC, Xurxo Ayán.
Este filme-documental supón un magnífico exemplo de como a divulgación científica pode aunar rigor e amenidade, un binomio pouco frecuente. Alén diso, aínda que o protagonista principal do filme é a parróquia de Cespón e o seu Castro de Neixón, hai frecuentes citas aos veciños, a paisaxe e a historia de Taragoña e de Rianxo en xeral.
Non faltedes.
Comentarios (1) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 12-10-2009 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Nace un novo blogue en Taragoña.

Algún de queles nen@s que nos 70 formaron a Banda Infantil de Taragoña están agora a recompilar todos os documentos que ilustre a súa historia. É unha homenaxe a todos os que fixeron parte da Banda e especialmente aos que xa non están entre nós.
Parabéns.
Visitar o blogue: aquí
Comentarios (0) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 08-09-2009 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
No Museo do Pobo

Onte presentamos en Santiago, no Museo do Pobo Galego, Son de Rianxo. Escoitar aos nosos gaiteiros no claustro do Museo foi o mellor da tarde. Grazas a todas as persoas que nos acompañaron onte, moi especialmente ao señor Mallou. E grazas aos traballador@s do Museo do Pobo por facernos sentir como na casa unha vez máis.
Comentarios (3) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 19-06-2009 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Son de Rianxo no Museo do Pobo Galego
Esta é unha semana importante no Brea Segade, o sábado temos o xantar que remata coas actividades do 25 aniversario, a praza maior de Educaldea está decorada con fotos que nos traen imaxes e lembranzas deste 25 anos e mañá temos presentación do noso CD Son de Rianxo no Museo do Pobo Galego, en Santiago.
Lembrades que este disco é froito do traballo de recolla con gaiteiros de Rianxo que fixeramos desde Museo Pedagóxico Castelao no marco do V Premio Proxecto Didáctico Antonio Fraguas. O Museo do Pobo Galego quere dar a coñecer o traballo realizado, tal e como nós xa fixemos en Taragoña o novembro pasado. Xosé Figueiras e Ramón Carou estarán con nós en Santiago, ao igual que algúns dos músicos que participaron na gravación.
A cita é mañá xoves ás 19.30 horas no Museo do Pobo Galego. Animádevos a vir!
Comentarios (2) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 17-06-2009 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
Son de Rianxo
O pasado venres Educaldea volveu encherse de amig@s que quixeron acompañarnos na presentación do CD Son de Rianxo. O noso auditorio María Casares, recén ampliado para poder dar cabida non só aos educaldeáns e educaldeás senón tamén ás súas familias e tod@s @s que queredes compartir con nós momentos especiais, estivo cheo e até houbo quen tivo que quedar de pé.
Na presentación, acompañando a José Luís do Pico, contamos coa presenza da Delegada Provincial da Consellería de Cultura e Deporte, Milagres Lantes e dos directivos de Barbantia Milagros Torrado e Adolfo Muíños.
Moitas grazas a todos os que coa vosa presenza mostrastes que tamén credes neste proxecto. Moitas grazas a Barbantia e a todos os socios e socias que se achegaron até Taragoña. Moitas grazas a Xosé Luís Axeitos e a Pepe Romero por acompañarnos ao longo do proceso e tamén nesta ocasión.
E por suposto moitas grazas a Ramón Carou, a José Figueiras e a todos os grupos que participaron no proxecto: Buxaina, Vai de Roda, Río do Anxo, Café ao Tisón e Os Cangrexeiros.





A presentación do CD foi recollida en diferentes medios e na blogosfera:
Culturagalega.org

Web da asociación Barbantia

Música por un tubo

La Voz de Galicia
Comentarios (3) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 16-11-2008 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Os nosos CDs
Unha sorpresa para cada curso no Museo Pedagóxico Castelao: un paquete enchido de música, de memoria, de ilusión, de tradición e de futuro. Tamén un convite para a presentación e un feixe de actividades para facer nas aulas e entender mellor que é Son de Rianxo.




Comentarios (0) - Categoría: Museo Pedagóxico Castelao - Publicado o 16-11-2008 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis