www.educaldea.org


Blogue do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragoña
IV Premio Antón Fraguas
Museo do Pobo Galego

2º Premio Móllate polo galego
Vitaminas para o galego











O meu perfil
breasegade@yahoo.com
 VISITAR A ALDEA
 GALERIALDEA
 + EDUCALDEAN@S
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

De como o Toribio se fixo coa escola
Que guiadiñ@s somos! Mandan en nós e aínda o pasamos ben.
Aquí vos van catro días de mandados do Toribio en imaxes. Mandís, panos, zapatos desparellados, pintura na cara e nos recreos: fariña, auga, música, bailes, carreiras... FESTA!
E mañá día grande de Entroido na escola.


Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-02-2009 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
A polo cuarto mandado!

XOVES: MANDIL, PANO NA CABEZA, ZAPATOS DESPARELLADOS E CARA PINTADA

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2009 01:23
# Ligazón permanente a este artigo
E o mércores...

MANDIL, PANO NA CABEZA E ...
ZAPATOS DESPARELLADOS

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2009 01:06
# Ligazón permanente a este artigo
2º mandato do Toribio

MARTES: MANDIL E PANO NA CABEZA
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-02-2009 00:41
# Ligazón permanente a este artigo
O Toribio xa está aquí!
Comeza o Entroido en Educaldea!
Un Toribio de aspecto absolutamente friki comezou cos seus mandatos:


LUNS: CO MANDIL


E xa sabedes quen non atenda aos seus mandados que se ateña as consecuencias...
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-02-2009 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
Bando de estorninhos
www.fotoplataforma.pl
A passada semana, sobre os telhados da faculdade de Filologia em Compostela, havia um bando de estorninhos. No ar, faziam uma espécie de dança, na que participavam, perfeitamente sincronizados, milhares de pássaros. Tirei muitas fotografias fascinado pela magia dos movimentos que em massa faziam as aves, e agora quero comparti-las.
Ao outro dia de desfrutar deste espectáculo, li que os vizinhos de Compostela protestavam pela presença dos estorninhos, e mesmo pediam que os espantassem a tiros, pois não podiam dormir à noite com o som do seu canto. Quando eu durmo na cidade, o que me incomoda é o ruído dos carros, da gente a berrar pelas ruas, a música que sai dos locais nocturnos… Assim que se lá não querem os pássaros, eu acho que em Educaldea temos sítio suficiente para todos


José Luís.




Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-02-2009 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Manchas de deseño
En vista de que o pintado do noso centro parece que vai para longo e iso que levamos 25 anos (que logo se di) sen que se lle poña a man enriba, pasamos mans á obra.
Os rapaces e rapazas de 6º A comezaron a decorar o patio de atrás con "manchas de deseño" para darlle unha pouca vida a ese espazo que tanto usamos en Educaldea. Mirade que ben lles está a quedar!
A ver se alguén se dá por aludido e instala un estaribel deses de pintar fachadas, que boa faltiña nos fai. E se non, haberá que pensar en cubrir nós a escola de manchas... de deseño, non de humidade.






Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-02-2009 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
Maxicamente vello
Educaldea súmase tamén á proposta recollida en Open Vieiros para este domingo: música e poesía.



O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
Precisamos a lingua
se queremos vencer!

A fala - Manuel María


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-02-2009 01:39
# Ligazón permanente a este artigo
No día da Paz
Comezamos o día conspirando coas bibliotecas escolares galegas.
Biblioteca Brea Segade.
Continuamos preparando nas clases mensaxes, desexos e palabras de paz escritos sobre pombas brancas. Unha cadea de mans levounos ao Auditorio onde, curso a curso, lemos as nosas mensaxes e as fumos deitamos sobre un mapa do mundo.
Escoitamos tod@s xunt@s os nosos poemas pola paz e nesa mañá o mundo pareceunos mellor, e a paz, posíbel.
Xa pola tarde, tamén no auditorio, puidemos gozar de Azur e Asmar, unha preciosa película de Michel Ocelot que por medio dun conto máxico nos fala da falta de comunicación entre distintas culturas e pobos.

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-02-2009 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Houbo festival!!
Mil disculpas polo parón na publicación de artigos en Educaldea. Pero tranquil@s só houbo parón no blogue, non na vida do Brea Segade.
Se alguén pensou que non tiñamos probas gráficas da celebración do noso Festival de Fin de Ano, enganouse. Habelas hainas, pero son a clara mostra de que ese día houbo moito movemento no Brea Segade e a man da fotógrafa non podía ser menos.
Aquí vai parte do festival en imaxes, de momento non temos unha soa foto decente da actuación dos de Primeiro, que sí que tiveron unha actuación estelar. Prometemos compensar en próximas reportaxes.



Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-01-2009 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [14]
© by Abertal



Contador gratis