www.educaldea.org


Blogue do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragoña
IV Premio Antón Fraguas
Museo do Pobo Galego

2º Premio Móllate polo galego
Vitaminas para o galego











O meu perfil
breasegade@yahoo.com
 VISITAR A ALDEA
 GALERIALDEA
 + EDUCALDEAN@S
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O festival de fin de ano
Aquí está a reportaxe fotográfica do festival de fin de ano 2009. Noraboa a tod@s por facernos gozar un ano máis da coa música e o baile. Sodes uns artistaz@s!
Aproveitade ben estes últimos días do Nadal, dentro de nada xa estaremos de volta en Educaldea argallando novos proxectos.


Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-01-2010 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
Feliz 2010
Oxalá o 2010 sexa mellor do que pinta no día de hoxe.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2009 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición da biblioteca
A nosa biblioteca organiza un ano máis, nestas últimas semanas de decembro, a exposición "Un libro para agasallar". Diferentes editoriais colaboran para que o conxunto da comunidade escolar e todo aquel que quera visitarnos, poda descubrir algunhas das novidades editoriais en literatura infantil e xuvenil e escoller un bo agasallo para este Nadal: un libro.
Este ano contamos coa presenza de: Anaya, A Nosa Terra, Baía, Sotelo Blanco, Galaxía, Xerais, Kalandraka, OQO, Santillana, Planeta Oxford e Macmillan.
A exposición permanecerá aberta ata a mañá do martes 22 e pode ser visitada en horario extraescolar de cinco a seis da tarde.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-12-2009 01:58
# Ligazón permanente a este artigo
Requiem
Requiem é o título dunha obra composta por Jose Carballido ao que tod@s lembramos ben desde o seu paso por Educaldea hai un par de cursos.
Queremos que tod@s poidades escoitar o seu Requiem desde Educaldea porque aínda que haxa kilómetros de por medio el segue a ser tamén educaldeán e nós estamos pendentes do seu traballo e celebramos os seus éxitos.
Bicos desde Taragoña, Jose.
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-11-2009 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
Parabéns!

Esta foi unha fin de semana de premios para diferentes colectivos e persoas de Rianxo:
- Premios da Asociación Cultural Barbantia ao grupo de teatro Airiños e ao académico da Lingua Xosé Luis Axeitos
- 2º Premio do Certame Galego de Bandas na sección segunda á Banda da Escola de Música de Rianxo.
- Premio especial á interpretación dunha peza de autoría e temática galega á Banda da Escola de Música de Rianxo.
- Entrega de dous 1º Premios de Composición a Antón Alcalde

Desde Educaldea queremos enviar os nosos parabéns a todos eles. Para nós é dobre motivo de ledicia pois son rianxeir@s e amig@s de Educaldea.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-11-2009 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
A castaña xiratoria
Aquí temos a castaña xiratoria en acción.
Unha vez máis Simón trouxonos un dos seus artefactos e deixounos abraiad@s.





Graciñas a Simón López Struzmann
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-11-2009 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
O Magosto
Que ben o pasamos!
Aínda faltan máis fotos, pero para ir empezando aquí tedes a primeira entrega.

Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-11-2009 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto 2009

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-11-2009 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Eleccións Magosto 2009
Un ano máis celebramos as eleccións para escoller debuxo e lema para o cartel do Magosto. Nesta ocasión os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º fixeron os lemas e os de 4º, 5º e 6º os debuxos.Tras seleccionar entre todos os doce lemas e doce debuxos a votar iniciamos o proceso electoral: o luns constituironse as mesas con presidente e tres vogais e o martes no recreo abríronse para que tod@s poideramos exercer o noso dereito ao voto.
A xornada desenvolveuse sen incidentes e tras o reconto dos votos emitidos (un 90% do censo, xa lles gustaría a outr@s) proclamáronse o debuxo e lema escolleitos:
Debuxo - Dani Sóñora de 6º
Lema - Marcos Otero de 3ºB




Desde Educaldea dar a noraboa a todos os educaldeáns e educaldeás polo voso esforzo deseñando debuxos e lemas e pola participación nas eleccións. Graciñas!
Agora a gozar a tope do noso magosto!!
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-11-2009 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
O luns teremos orientador/a!
Hoxe a última hora da mañá o presidente da ANPA do CEP Brea Segade recibiu un fax informando de que a Delegación da Consellería de Educación de A Coruña decidira nomear un orientador para o noso centro. Espérase a súa incorporación o vindeiro luns. Queda desconvocada polo tanto a concentración de protesta que se ía realizar mañá. A ANPA infórmanos de que continuará as xestións para conseguir un especialista en Audición e Linguaxe para as escolas de Asados e Taragoña.
Unha vez máis constatamos o poder que os medios e as accións públicas de protesta exercen sobre a toma de decisións por parte da Administración.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2009 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [14]
© by Abertal



Contador gratis