www.educaldea.org


Blogue do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragoña
IV Premio Antón Fraguas
Museo do Pobo Galego

2º Premio Móllate polo galego
Vitaminas para o galego











O meu perfil
breasegade@yahoo.com
 VISITAR A ALDEA
 GALERIALDEA
 + EDUCALDEAN@S
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Con zapatos de distinta cor
Cada día estamos máis guap@s, hoxe ata houbo quen trouxo un zapato e un patín, sen deixar atrás as prendas do revés e a decoración da cabeza. Aínda así o Toribio fíxonos recibir a tod@s unha "bendición" de auga fresquiña para empezar ben espert@s.

E mañá:

O xoves non deas a lata
e ponte unha gravata...
e algo na cabeza
e algo do revés
e zapatos de distinta cor.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-02-2010 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
Con algo do revés
Chaquetas, xerseis, pantalóns, calcetíns... ata calzóns disque viñeron hoxe do revés á escola. E claro, as cabezas de novo ataviadas. Pero o Toribio non descansa, xa nos volveu deixar un mandado para o mércores:


O mércores
con zapatos de distinta cor
bailarás moito mellor.
(E algo na cabeza
e algo do revés)


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-02-2010 00:58
# Ligazón permanente a este artigo
Con algo na cabeza
Comezamos a semana de Entroido con algo na cabeza tal e como nos pedira o Toribio. Houbo gorras, perrucas, boinas, gorros de todo tipo e tamén fariña e música para bailar no recreo. E mañá:


O martes
non sexas descortés,
e trae algo na cabeza e
algo do revés.



Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-02-2010 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Ola Toribio!
Xa está aquí de novo! E este ano, coma non podía ser doutro xeito o Toribio chegou con atavío medieval.
Estamos no ENTROIDO! É tempo de festa, de disfraces e de pasalo ben! En Educaldea... tamén!



O luns non esquezas
traer algo na cabeza.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-02-2010 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Paz
Este ano celebramos o Día da Paz cubrindo o mapa do mundo coas nosas fotos, mostrando así o noso comprimiso coa non violencia, a convivencia, a xustiza e a solución pacífica dos conflitos. Tamén lemos o conto que ao longo da semana foramos escribindo e ilustrando entre todos os cursos da escola. Os compañeiros e compañeiras de quinto agasallaronnos cunha canción na que nos lembraron a diversidade e a riqueza do mundo. E coma fin de celebración compartimos chocolate e churros, porque para construir un mundo en paz tamén é preciso coller forzas e ánimos en boa compaña.


Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-01-2010 01:06
# Ligazón permanente a este artigo
Construamos un mundo en paz


Construamos un mundo diferente, máis xusto, máis solidario, máis tolerante... en paz. Fagámolo no día a día, aproveitando o poder educativo de cada pequeno xesto, de cada actitude, de cada actividade.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-01-2010 00:54
# Ligazón permanente a este artigo
Decálogo para ser lingüísticamente sostible
Recollemos aquí o froito dun traballo realizado a tres bandas e xenerosamente compartido, de entrada coa comunidade de bibliotecas escolares do Plan de Mellora e xa a día de hoxe, con toda a blogosfera sensible á problemática das linguas minorizadas.
Trátase do Decálogo elaborado polos Servizos Lingüísticos das Universidades catalanas no ano 2008, co gallo do Ano Internacional das Linguas, proclamado pola O.N.U., a tradución á nosa lingua de Adelia Troncoso,responsable da biblioteca do IES Val do Tea de Ponteareas e por último, a maquetación, que é obra de Mónica Muñoz, Coordinadora da Biblioteca Escolar C.E.I.P. Frian en Teis (Vigo).

Decálogo para ser lingüísticamente sostibles

Grazas Mónica e Adelia por darnos a coñecer este Decálogo na nosa lingua e facelo dun xeito tan fermoso.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2010 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre o decreto
Poñemos á vosa disposición un enlace no que se compilan diferentes valoracións, análises e posicionamentos sobre o Decreto de Plurilingüísmo no Ensino. Convidámosvos a ler para comprender que é o que se pretende con este Decreto e ter así máis forza para loitar contra el.


Compilación elaborada pola Coordinadora de traballadores de Normalización da Lingua. Porque non nos deixamos enganar, a nosa lingua precisa: NORMALIZACIÓN e DINAMIZACIÓN. Quen nos dera que non fose así!
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2010 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Por que rexeitamos este decreto?



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2010 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
Paremos o decretazo contra o galego!

Pois iso, parémolo!
Cartaz de Queremos galego convocando á folga xeral no ensino o vindeiro xoves 21 de xaneiro.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-01-2010 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis