www.educaldea.org


Blogue do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragoña
IV Premio Antón Fraguas
Museo do Pobo Galego

2º Premio Móllate polo galego
Vitaminas para o galego











O meu perfil
breasegade@yahoo.com
 VISITAR A ALDEA
 GALERIALDEA
 + EDUCALDEAN@S
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fantoches Baj
Onte, dentro da programación de actividades de animación á lectura da Biblioteca Brea Segade tivemos á compañía Fantoches Baj en Educaldea. Representaron Rei, rei?, unha obra baseada nun conto de Karel Kapeck que fala dun vagabundo que chegará a ser o rei dos melros e o melro branco dos vagabundos. Faláronnos da xustiza, dos prexuizos e da autoridade con moito humor e cunha fantástica posta en escea tanto dos títeres coma dos actores. Gañáronse a todos os públicos, desde os máis pequen@s ata os nos@s mangallóns de 6º e @s profes.


Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-03-2010 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada mixta para o curso que vén
O mércores pasado as nais e pais do alumnado do noso colexio votaron a favor da implantación da xornada mixta para o curso 2010-2011. Os resultados foron claros:

Censo total: 101 familias

Votos emitidos: 83

Abstencións :18

Votos a favor da xornada mixta : 69

Votos en contra da xornada mixta: 14

Destacar e agradecer a colaboración e a participación das familias.

A xornada mixta foi a única opción aceptada polo Servizo de Transporte da Delegación de Educación da Coruña, tras numerosas xestións realizadas nos últimos anos para intentar implantar no CEP Brea Segade a xornada única. A xornada única que, nun sondeo realizado pola ANPA do Brea Segade, era a xornada maioritariamente apoiada polas familias do alumnado.

Non esaxeramos se dicimos que se presentaron en delegación até cinco posibilidades diferentes de horarios de xornada única para o noso centro que sempre foron rexeitados por incompatibilidade co servizo de transporte escolar que atende ao alumnado do noso centro e do IES Félix Muriel. Segundo Delegación a xornada única implicaría encarecer os gastos de transporte ao precisarse un autobús máis para compatibilizar horarios. Coma sempre os cartos condicionan a organización e a calidade do ensino, moito máis nos centros do rural.

Finalmente no vindeiro curso o alumnado de Taragoña e o Araño acudirá ao centro de 9:05 a 13:20 todos os días e as tardes do martes e mércores de 15:30 a 17:25.

Seremos o único centro de Infantil e Primaria do Concello de Rianxo que desenvolva actividade docente en horario de tarde.

Esperamos que noutras medidas a implantar pola Consellería de Educación, coma por exemplo a dotación de ordenadores para quinto de Primaria, os centros do rural, que tantos desigualdades padecemos por cuestións alleas a nós (servizo de transporte e horarios, dotación de profesorado, mantemento das instalacións, conexión a internet, dotación de material...) sexamos, para variar, os primeiros da lista.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-03-2010 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Mulleres científicas
Téano, Hipatia, Emilie du Bretemil, Carolina Herschel, Margarita Sals, Inmaculada Paz Andrade, Jane Goodall e até quince nomes de muller forman a exposición Mulleres Científicas que inauguramos hoxe na praza maior de Educaldea. Os compañeiros e compañeiras da biblioteca e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI Progreso de Catoira son os autores desta exposición que pretende achegarnos a mulleres que ao longo da historia, tiveron un importante papel no desenvolvemento da ciencia.
Convidámosmos a visitar a exposición para descubrir que ciencia e muller fan boas migas.

Máis información no blogue da BBS.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-03-2010 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
Orgullos@s do noso


Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego e tamén orgullos@s do traballo e desta campaña da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da que o noso centro forma parte.
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-02-2010 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
O mundo é grande
Por fin! Xa está aquí o tan esperado video da canción que interpretou 5ºB o día da Paz. Sentimos a tardanza e a pouca calidade da gravación pero tivemos problemas técnicos.





Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2010 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
O último adeus!
E tremenda festa tivo un grandísimo final.
Até o ano Entroido!






Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2010 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus Toribio!

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-02-2010 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
O noso Entroido Medieval
PASEN E VEXAN:

Bufóns, cabaleiros, damas, raiñas, o rei Pedro, templarios, labregos e labregas,magos e magas, xograres e ata dragóns. Taragoña volveu a Idade Media na mañá do venres pasado.
Graciñas aos educaldeáns e educaldeás que xa non estades no Brea Segade por vires pasar a mañá con nós, ás nais, aos pais, aos irmáns e irmás pequenas que nos acompañastes no pasarrúas e aos veciñ@s de Taragoña por saír a vernos e animarnos nunha mañá tan, tan fría.
AH! e graciñas ás familas dos educaldeáns e educaldeás polo todos os doces deliciosos que nos mandastes para o banquete.


Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-02-2010 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
No Barbanza rexeitamos o borrador do decreto
O pasado mércores tivo lugar unha rolda de prensa convocada pola Coordinadora de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística do Barbanza da que formamos parte. O obxectivo deste acto era expoñer o rexeitamento ao borrador do decreto das linguas no ensino na comunidade educativa do Barbanza. Participaron profesorado, alumnado e representantes de nais e pais de centros de Rianxo, Boiro, Pobra e Ribeira, mostrando así o malestar que provoca este borrador no conxunto da comunidade educativa e que estamos unidos na loita contra el.
Visitade o blogue da Coordinadora, O paraugas da lingua, para ver unha crónioca completa da rolda e a repercusión nos medios.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-02-2010 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
Con gravata


E para mañá o Toribio di:

FESTA RACHADA!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2010 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis