www.educaldea.org


Blogue do C.E.P. Xosé María Brea Segade de Taragoña
IV Premio Antón Fraguas
Museo do Pobo Galego

2º Premio Móllate polo galego
Vitaminas para o galego











O meu perfil
breasegade@yahoo.com
 VISITAR A ALDEA
 GALERIALDEA
 + EDUCALDEAN@S
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As seleccións do Brea Segade

Aquí está, grazas a Salomé, a foto das seleccións de profes e alumnado de 6º despois dos emocionantes partidazos de fútbol e brilé cos que rematamos o curso. Un ano máis un gustazo xogar con vos, pese a que nos derades un bo repaso.
Moita sorte para tod@s na vosa nova andaina. Xa sabedes onde estamos, non deixedes de vir. Ímosvos botar moito de menos!
Bicos.
Educaldea.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-07-2010 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Festival

O martes pasado o noso Auditorio encheuse de estrelas que cantaban, bailaban, tocaban ... Que ben o fixestes! Noraboa a tod@s e, como non, a Jose Luís e a Noelia.
Noraboa tamén a Vanesa que preparou os videos cos que despedimos aos profes que non estarán para o curso que vén e aos compañeir@s de 6º.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-06-2010 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Xa veñen mañá!!
E por fin chega o día da visita dos nenos, nenas e profes de Moaña. Parecía que faltaba un montón de tempo desde que nós fomos a Quintela pero xa é mañá.
Chegarán sobre as dez e media e estarán con nós ata as catro da tarde. Esperamos ser tan bos anfitrións e anfitrionas coma eles o foron para nós; é a verdade é que imos ter que esforzarnos porque el@s foron estupend@s.



Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-05-2010 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
Orgullos@ do galego
En Taragoña, no Araño, en Asados, en Rianxo, en Leiro e en Isorna:

"Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego"

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-05-2010 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
Antros Pinos: Letras Galegas
Este domingo Antros Pinos organiza actividades en Campo de Pazos para conmemorar as Letras Galegas. Xogos, obradoiros, poesía, exposición da obra de Che Tembra, foliada e concerto, non podemos faltar! Mirade ben o cartel para informarvos do programa.


letras galegas
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2010 01:25
# Ligazón permanente a este artigo
De intercambio en Moaña
O martes pasado fomos de visita ao CEIP Quintela de Moaña, centro co que este curso o alumnado e profesorado de 1º e 2º ciclo estamos a realizar un intercambio organizado polos Equipos de Dinamización Lingüística.
Tiñamos moitísimas ganas de que chegara o día de coñecer en persoa aos nenos e nenas de Moaña, cos que estiveramos intercambiando correspondencia ao longo do ano. E por fin chegou!
O día foi ben completo: viaxe en barco desde Vigo, paseo por Moaña, visitar a escola, agasallos dos nosos anfitrións... pero sobre todo poder coñecer, falar e xogar cos nenos e nenas de Quintela. Encantounos!
Graciñas por este día tan especial.
Agardámosvos en Taragoña o venres 28 de maio!


Este é o cartel que prepararon para o intercambio desde o CEIP Quintela.

Aínda nos faltan as fotos dalgúns dos grupos, pero estas que temos son tan boas que non podemos agardar máis para compartilas.


Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-05-2010 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Correlingua 2010


Correlingua 2010

Rianxo ía ser a sede, o luns 10 agardabamos xuntar máis de 2000 nen@s e moz@s para berrar ben forte que O galego é a forza do noso amor.
Pancartas preparadas, lemas para corear aprendidos, tod@s coas camisetas de Educaldea, meses de traballo da Coordinadora de Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística do Barbanza... pero amenceu chovendo e tivemos que quedar coas ganas.
Pese á decepción enorme que profes e rapazada sentimos, á volta do recreo xuntámonos na praza maior de Educaldea, estiramos as nosas pancartas e demostramos que nin a chuvia pode con nós.

Desde o Brea Segade Grazas a todos @s que vos implicastes na organización do Correlingua Barbanza 2010 por tanto traballo que finalmente non pouido lucir. Mágoa.






Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-05-2010 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
VII aniversario da Banda da Escola de Música

PARABENS!
Noraboa por sete anos de bo traballo co que tanto gozamos os seguidor@s da banda e os rapaces e rapazas de Rianxo que forman parte dela.
Un bico especial desde Educaldea para os nos@s alumn@s e exalumn@s membros da banda e por suposto para Rafael Collazo, para nós educaldeán tamén, por mérito propio.
Que mellor celebración que un concerto con obras do músico e compositor rianxeiro Antón Alcalde e o bo facer dos music@s da banda e do seu director.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-05-2010 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Estamos no Facebook
Pois sí, parece que hai bastante xente que xa se deu conta de que o verde que adorna as nosas paredes exteriores tamén cumpriu 26 anos sen que lle puxeran a brocha enriba. Queremos que se pinte o Brea Segade é o grupo creado no Facebook e que en poucos días xa pasa dos cen apoios.
La Voz de Galicia do domingo pasado fixo referencia a esta iniciativa nas redes sociais apoiando o pintado e algunhas melloras xerais no Brea Segade.
Desde Educaldea agradecemos esta iniciativa e esperamos que a unión faga a forza e as melloras comecen a verse no centro, comezando polo pintado exterior.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-04-2010 01:25
# Ligazón permanente a este artigo
Abril, mes dos libros

Mañá bota a andar a programación de actividades sobre o libro e a lectura que a Biblioteca Brea Segade preparou, como cada ano, para o mes de abril.
Nesta ocasión, e dado que o 2 de abril non foi día lectivo, adiáronse os actos de conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil para mañá, día 12. O alumnado de quinto curso foi o encargado de preparar a presentación do manifesto do escritor Eliacer Cansino, que se lerá no Auditorio María Casares e en bibliotecas e librerías de todo o mundo ás doce da mañá.
Se queredes saber máis sobre as actividades que terán lugar mañá e o resto do mes no noso colexio visitade o blogue da biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-04-2010 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis